
Entrevistamos a Peter Bellaert, o home que está detrás de Minimalistix.
Porqué o nome de Minimalistix?
O nome de Minimalistix é algo que escollín polo que foi a miña gran influenza, a música minimalista clásica. Moitas das pistas no meu primeiro álbum conteñen referencias a compositores como Eric Satie e Wim Mertens.
Quén está detrás do grupo e como foi que empezou?
Minimalistix é un alcume de min mesmo. Eu escribo e produzo o album coa axuda dos meus bos amigos (que tamén compoñen)
Qué criterio segues para escoller unha canción e remezclala? A Forest, por exemplo, é un tema de The Cure que foi remezclado por ti, por Blank & Jones etc. ¿Que aporta cada un ó versionalo?
Os proxectos para remixar son elixidos polo que significan para min. Por exemplo "A Forest" é unha canción dos meus anos de xuventude. Tráeme tan bos recordos que decidín facer un remix pola admiración que sinto por The Cure e polo que eles significaron na mundo da música.
En qué estilo encadran máis as tuas producións propias?
Teñen que ser música dance; a pista de baile en Bélxica é moi importante para min. Cando oio unha das miñas cancións na radio ou nun club, iso faime sentir moi ben. Pensar que á xente de España lle gusta a miña música é realmente unha honra.
Cantos proxectos tes ademais de Minimalistix?
Demasiados para facer unha lista, pero os meus favoritos son: Atlantis-6, NRGY, Virgo e por suposto Minimalistix. O novo álbum está facendo grandes progresos ata agora.
Que estivesches a facer dende o 2002, cando saíu Elements ata agora, que estás a punto de sacar novo álbum?
Desde "Elements" levo traballado en moitos proxectos para facer remixes en moitos xéneros diferentes. Despois de experimentar con diferentes estilos deime conta de que o trance é o mellor que coñezo o o que máis me gusta. Isto é polo que decidín relanzar Minimalistix de novo. Iste ano estiven moi liado precisamente por iso.
Cando estará no mercado este segundo álbum de Minimalistix?
O novo álbum de Minimalistix estará dispoñible ó longo do ano que vén. Estará cheo de auténticas xoias do trance, porque estou traballando moi fore na produción e ata agora vai indo realmente ben ¡Espero que os que os escoiten opinarán o mesmo!
Qué podemos encontrar no podcast de Minimalistix, ademáis de temas como Code To Blue ou Seasons 52, temas que formarán parte dese álbum,e onde o podemos atopar?
Toda a nova música estará dispoñibe na miña web www.minimalistix.be. Tamén se engade un link para acceder o último podcast dende iTunes.
Onde podemos verte en directo, e econtrar máis información sobre ti?
A miña páxina web é actualizada con regularidade co que está a pasar dentro e fóra do estudio. Teño pensado facer actuacións como Minimalistix en directo máis adiante e espero que me inviten a pinchar tamén en directo en España ou Portugal.
Que lle dirías ós lectores de Galizaelectronica.com?
Pasou bastante tempo dende o último álbum, pero se lle botan unha ollada ás noticias da miña web, farei todo o posible para non fallarlles. Se queren preguntarme calqueira cousa sempre me poden contactar a través da miña web. E, por supospto... ¡moitísimas grazas por escoitarme!
Para máis información: www.minimalistix.be, www.myspace.com/minimalistixmusic, www.mostiko.be



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza