Entrevista a Judge Jules!
Escrito por Ernesto   
Luns, 15 Decembro 2008 20:18

 

¿Que recordas dos teus comezos en Kiss FM? ¿Cambiou moito a radio dende entón?

Comecei en Kiss cando era unha emisora pirata ilegal en Londres, emitindo dende a cima de bloques de apartamentos altos, nas zoas máis marrulleiras do centro. Logo converteuse en legal, e a todos os presentadores que a empezaran déronlles programas, resultando ser uns mellores que outros. Obviamente hai un enorme diferenza entre a Radio 1 da BBC (onde levo dende os últimos dez anos), que ten uns estudios ultramodernos e algúns djs famosos a nivel mundial, e os meus humildes comezos na radio pirata.



¿Comezaches a túa carreira a mediados dos oitenta. Entón non había internet; ¿que importancia está a ter a internet no mundo da música?

Internet revolucionou todo, e a música non é unha excepción. Hai moitos aspectos diferentes sobre a súa importancia na música. As descargas ilegais foron e son un gran problema para os produtores que antes podían vivir da música e que agora apenas poden vivir diso. Outro aspecto interesante da revolución de internet é que os produtores poden finalizar un tema e telo nos platos dos principais djs mundiais o mesmo día. Eu tamén teño feito tracks con xente que apenas coñezo, e cos que traballo a través da web.


Tes traballado con Darren Tate e Paul Masterson. ¿Como é producir en colaboración?

É importante para cada un traballar con aquilo que poden aportar ó conxunto, e o que eu sempre aportei foi a cantidade e a calidade dos concertos a nivel mundial que teño, que me dan unha oportunidade única para saber exactamente o que provocará o maior desenfreo nas pistas de baile.


Moitas das túas recompilacións foron lanzadas baixo o selo de Ministry Of Sound. ¿É a túa discográfica favorita?


Sen dúbida, para as recompilacións. En canto ós singles, con case todas as miñas demos e promos aparecendo en links anónimos de descarga en internet, teño moita menos experiencia cas discográficas ca que tiña antes. Teño unha certa tendencia a ter máis coidado cos produtores individuais.


Viaxas moito, pinchando ó longo e o ancho do mundo. ¿Cómo te apañas para facelo todo, quero dicir, pinchar en discotecas en diferentes países, facer o teu programa de radio, mesturar e producir?

Pode parecer tópico, pero a "eficaz xestión do tempo" é a clave...


¿Como ves o ambiente de Ibiza, dado que vas alí cada verán e tes os Judgement Sundays na discoteca Edén? A verdade e que che gusta moito España, ¿non?


Ibiza é tanto o seu espírito como a súa forza, é un lugar único no corazón dos clubbers e encabeza as festas de todo o mundo. Non hai en absoluto nada comparable, o máis parecido podería ser Mykanos en Grecia, Punta del Este en Uruguai ou Koh Phagan (perdón pola ortografía) en Thailandia. Nembargante, ningún deles son Ibiza.


¿Verémoste pinchar algún día en Galicia?

"Espero que si, pero nadie me ha invitado"


¿Cómo vai a ser estar a pinchar o fin de ano en Slovenia?

Non non, estarei pinchando en Dubai...


¿Onde podemos escoitar o teu programa de radio Radio 1? ¿Qué tipo de música acostumas a pinchar nel? ¿E que nos podes dicir acerca do programa The Global Warm Up?

Podedes escoitar o meu programa semanal Radio 1 a través de internet en www.bbc.co.uk/radio1/judgejules, onde está colgado, podéndose escoitar tamén os 7 días seguintes a súa emisión a calquera hora. O meu programa semanal Global Warm Up emítese en varias emisoras diferentes de todo o mundo.


¿Que podemos atopar nas túas novas producións, no single Judgement Theme e no recompilatorio Judgement Sundays? Este último, ¿ten relación cas túas sesións en Ibiza? Tamén estás a punto de lanzar o teu segundo álbum Bring The Noise e por certo, We Bring The Noise é un famoso álbum e canción de Scooter; ¿ten o teu álbum algunha relación con este?

Judgement Theme é o single que está a soar, un tema sacado do que será o meu próximo álbum Bring The Noise, que será lanzado en febreiro, e que foi unha das cancións con máis éxito semana tras semana nas miñas noites en Ibiza, o cal é o posiblemente o mellor test para os novos temas. Non ten nada que ver con Scooter -nin sabía que existira un álbum con ese nome.


¿Que pensas de Dj Mag e Thedjlist? ¿É importante estar -como ti estás- no top 100?

Seguramente non... Sen entrar en demasiados detalles, hai algúns nomes sospeitosos no Top 100, pero tamén é verdade que hai auténticos números un.


¿Onde poden os nosos lectores encontrar máis información sobre ti?

www.judgejules.net


¿Que lles dirías ós lectores de Galizaelectronica.com?
"gracias por prestarme tus orejas... Espero que mi espanol sea correcto..."

 

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy