Entrevista a Mike Foyle
Escrito por Ernesto   
Luns, 22 Decembro 2008 05:47

Entrevistamos a Mike Foyle

¿Resultou difícil, sendo tan xoven como es, abrirse camiño no mundo da música?

Tiven bastante sorte cando empecei, porque o meu primeiro lanzamento "Space Guitar", descubriuno Armada por casualidade. Eu enviáralle o tema á un amigo meu, o cal o enviou a Markus Schulz, quen decidiu polo na súa discográfica, Electronic Elements. Así é como me decatei de que me había convertido en produtor e deste xeito foi como o meu primeiro traballo foi publicado. Penso que ó ser mozo, a miña experiencia traballando ó lado de profesionais era moi limitada, e teño a sensación de que aprendín moito sobre a industria da música e como funciona ó longo dos últimos catro anos.


¿Que parecidos hai entre o trance e a música clásica, dado que tes unha formación nesta?

A música clásica é realmente outro mundo... O termo "clásica" é interpretado pola xente de moitos xeitos diferentes. Penso que para min, o modo en que distinguiría entre a música clásica e a música actual (no mundo occidental), é que a música clásica estará viva para sempre e normalmente intenta construír unha historia a través da música. Ten que ver ca composición, como escribir un libro, e non se basea tanto na repetición senón máis na evolución e a variación da música. Moita da música clásica está centrada nunha melodía, pero esta melodía a miúdo é traballada e modelada máis que repetida constantemente como pasa na música actual. A música clásica ten tamén moito que ver ca experimentación e ca innovación. Os compositores do Vangardismo, o Modernismo e o Post-Modernismo, que empezaron a romper as regras tradicionais da música e ampliaron os confíns do que é aceptado como música, teñen o mérito de descubrir moitos dos aparatos tecnolóxicos e as características da música de hoxe en día. Así que, en realidade, a música clásica e un termo bastante amplo e pouco definido. Moitas das ideas que teño nas miñas producións están moi inspiradas no piano clásico, pero son tal vez moito máis repetitivas e sinxelas que a música na cal me inspiro. Penso que isto fai que soen moi ben dentro dun contexto trance. Os produtores do trance a miúdo parecen inspirarse moito na música clásica -e moita da música trance parece ser capaz de revivir as ideas tradicionais da música-. O trance é un dos moitos xéneros que naceu como froito de décadas de evolución musical e tecnolóxica. Hoxe en día hai moitísimos diferentes tipos de xéneros musicais, e cada un deles ten as súas características propias, está pensado para inducir un certo tipo de emocións e ser presentado nuns ambientes específicos. O trance está pensado para ser pinchado en grandes discotecas cun descomunal sistema de son. A estrutura musical do trance permite que a xente interactúe con el e tende a subir e baixar en ondas de enerxía e éxtase. Para min o trance é único no que concirne ó ser capaz de inducir semellante ampla gama de emocións e xuntalas todas. O contraste entre os momentos clímax total e as baixadas serenas e fermosas pode ser moi importante nas producións de trance. Penso que este contraste na estrutura é unha das características máis obvias que tanto a música clásica como o trance teñen, e penso que é probablemente o motivo de que a miúdo se compare ós dous xéneros.


¿Ademais de trance, tamén produces temas máis clásicos para piano?

Fago música de piano pero normalmente por gusto, non profesionalmente. Aínda que, fai pouco, empecei a traballar con pequenas produtoras cinematográficas así que quizais un día me sexa útil o ser capaz de compoñer!

¿Inflúe a túa formación pianística na produción de temas trance?

Non, porque cando compoño música de piano para o trance é moi diferente de compoñer piano soamente. É moito mai sinxela e regular así que combina bastante ben ca música trance. A música para piano en si e a miúdo moito máis variada no tempo, nos arranxos, na sintonía e no dinamismo, mentres que o meus efectos de piano para o trace están claramente controlados e tenden a desenvolverse suavemente máis que a cambiar a cada momento!
 
¿Como definirías o teu estilo musical?

Uplifting, melódico, escuro, progressivo, techno, chilled, cañeiro, groove, tranceiro... Realmente depende do tema. Algunhas track son moi tranceiras, outras son un pouco máis chill out, outras máis enerxéticas e máis parecidas ó techno...
 

Aparte de producir, tamén es dj, ¿qué resulta máis difícil, a produción no estudio ou pinchar diante de moita xente?

A produción no estudio, ata agora. As dúas teñen moitas cousas divertidas, e pinchar para unha gran multitude é unha sensación incrible... Pero é moito máis fácil pórse a pinchar unhas cantas cancións unha detrás doutra... Gústame intentar e ser un pouco máis experimental nas michas actuacións como dj e facelas tan ben como poida, pero producir música no estudio é algo completamente diferente. Hai moitísimas cousas que aprender e un nunca pode sabelo todo sobre o que estás a facer. Aprendo cousas novas cada minuto que paso no estudio. Cadaquén ten a súa propia técnica e aprendemos uns de outros. É tremendo e encántame...


¿Quen son os teus djs e produtores preferidos?

Demasiados para facer unha lista, a verdade e que non teño ningún favorito en concreto...
 

Algúns dos teus temas, como "Pandora" ou "Space Guitar" foron incluídos en álbums do selo de Armin, Armada (por exemplo nos "Ibiza Trance Tunes" ou "Miami Tunes"), e máis recentemente no ASOT 2008 o Tema "Bitterweet Nightshade" ¿qué se sente ó estar entre os grandes do trance?

Sénteste incrible. Aprecio moitísimo toda a axuda e o apoio que levo tido de Armin e Armada. Sen eles non habería chegado a ningún lado así que lles debo mogollón de grazas e aprecio ¡E tamén te sentes guai o ser apreciado por el!

Tes usado distintos alias, como Andromeda, Statica ou Bolt, actualmente usas o teu nome real, ¿é iso unha sinal de que te estás a consolidar xa no panorama trance internacional?

Non, en absoluto. Uso o meu propio nome para os lanzamentos do estilo polo que máis coñecido son e polo que penso que son mellor na produción. Os outros alcumes son para estilos cos que non estou tan familiarizado e que son tal vez máis experimentais para min dalgún xeito.


¿Que diferenzas hai entre o trance feito en UK e o europeo?

Non penso que haxa moita diferenza realmente... Sei que, en xeral, no Reino Unido, á xente gústanlles os temas rápidos e cañeiros. Abúrrense si escoitan demasiado trance progressivo, queren algo máis rápido, duro, 140 bpm de loucura! Polo contrario en moitos outros sitios do mundo a xente está máis receptiva ós temas máis suaves e progressivos.


¿Onde podemos escoitar as túas Bolted Sessions?

Podedes escoitarme en www.afterhours.fm o cuarto xoves de cada mes ás 10 da noite. Tamén podedes encontrar un flash player no meu mypsace onde podedes escoitar de novo todos os meus programas. A dirección do meu myspace é www.myspace.com/mikefoyle. Pincho todas as miñas producións antes de nada nas miñas Bolted Sessions, así como tamén outra música trance que quero dar a coñecer á xente :)

¿Cando teremos un álbum teu, ademais dos singles?

Estou traballando con calma nun álbum. Pero é algo que pode que non estea listo durante bastantes anos... Estouno a usar como unha oportunidade para lanzar música que non se acomoda en ningún outro lado... Moito de experimental e chillout, pero menos tranceiro!

¿Tes estado por España ou Portugal? ¿Cando te poderemos ver por aquí?

Estiven en Barcelona e encantoume! Gustaríame volver algún día, pero agora mesmo non teño datas na miña axenda para España ou Portugal :(


¿Onde podemos encontrar máis información sobre ti?

www.mikefoyle.com www.myspace.com/mikefoyle


¿Que lles dirías ós lectores de galizalectronica.com?

Que teñades un Bo Nadal e Feliz Aninovo, e quérovos moito!!












 

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (1)Add Comment
0
answer
escrito por HesterMeagan32, September 10, 2010
The loan suppose to be very useful for guys, which are willing to start their career. In fact, this is comfortable to receive a sba loan.

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy