Entrevista a Ronski Speed
Escrito por Ernesto   
Xoves, 25 Decembro 2008 20:50

 

¿Porque o nome de Ronski Speed en lugar do máis cinéfilo Ronny Schneider; quizás temías que te confundiran con Romy Schneider, máis coñecida polo seu papel de Sissi?

Foi simplemente un nome cando empecei a producir. Sen dúbida relacionado cun grupo da década dos 80 cun nome parecido :)


¿Como foron os teu comenzos en Di.FM e que recordos tes daqueles tempos? ¿Onde te podemos escoitar a través (via) internet?

A verdade é que estaba moi contento de ter un programa de radio mensual alí, no True To Trance Spot. Teño que dicir que son o único que queda do montón de DJ's que pincharon alí. Sempre era guai e teño uns moi bos recordos. Agora temos a Euphonic Session e o programa mensual en moitas emisoras de radio en todo o mundo. Sempre podedes ver onde se emiten en internet e a través da radio en: http://www.ronskispeed.com/agenda.html



As túas producións son pinchadas por DJ’s da talla de Tiësto, Ferry Corsten, Paul van Dyk ou Paul Oakenfold entre outros. ¿Que se sente ó ver que ano tras ano segues sendo un dos seus favoritos, aparecendo continuamente nos seus álbums?

Realmente é un gran honor o estar nos sets e nos recompilatorios de xente como eles. Ás veces, o apoio de certos DJ's é realmente importante para as vendas.


Estás no Top 100 de Dj Mag e de The Dj List ¿Que importancia ten o acadar tales cotas de cara a túa carreira?

Estou moi contento de estar aí despois de tantos anos, porque están a entrar cada vez máis novos talentos. Sempre quixen estar dun modo fixo alí cos meus concertos e os meus lanzamentos. Non por un gran evento comercial e logo ala, irse. Penso que iso é o que realmente quero.


Tes actuado practicamente en todo o mundo. ¿Qué estilos predominan máis nos distintos continentes?

Normalmente pincho practicamente en todas partes os mesmo estilo de música. Gústame a música trance emocional combinada con bos grooves e beats. Cando vou a unha disco a xente espera de min un certo tipo de son e eu dóullelo, porque iso é polo que eu estou alí. A xente coñece o meu traballo a través da internet, dos recompilatorios ou polos sets doutros DJ’s, e eles saben o que se pode esperar de mín.


 ¿Que tema é o que máis che demanda o público cando vas a pinchar?

Continuamente me piden "E.O.S." e "The Space We Are". Pero é guai ver como sempre piden tamén outros remixes ou producións que teño feito.


¿Cómo está a funcionar o teu primeiro álbum "Pure Devotion" e que podemos encontrar nel?

É moi variado. Breakbeats, chill out, elementos progressivos e tranceiros están alí. Penso que é unha boa mestura de todo e que o fluír da música é bo, non é soamente unha track despois doutra.


"The Space We Are" é unha preciosa canción que está a ter gran éxito en España e que foi incluída no teu primeiro álbum, na versión remix de John O'Callaghan. ¿Que nos podes contar acerca da canción e as distintas versións que hai dela?


En realidade hai a versión orixinal e o remix de JOC. Despois Markus Schulz chegou e quixo facer un mash up de Rex Mundi. Este funcionou tan ben que finalmente Armada fíxose cos dereitos e lanzouno este ano oficialmente.


¿Cómo vai ser pasar o fin de ano pinchando en Liubliana (Eslovenia)?

Xa estiven a pinchar en Eslovenia, foi divertido, así que espero unha gran festa na marabillosa cidade de Liubliana.


¿Cándo te poderemos ver por España ou Portugal?

Espero que pronto, aínda que non teño moitas peticións que veñan de aí.


¿Onde podemos encontrar máis información sobre ti?

Visitade www.Ronskispeed.com e www.myspace.com/ronskispeed

 ¿Que lle dirías ós lectores de Galizaelectronica.com?

Que sigades a ter boas vibracións e espero vervos pronto nunha disco que estea preta de vós :)

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy