Entrevista a Eme
Escrito por Galizaelectronica   
Luns, 16 Febreiro 2009 19:31

DEEJAY EME!

Eme DJ

Os estilos que pinchas actualmente, son derivados da influenza de cando poñías indie?
O que pincho actualmente é una mezcla de varios estilos. Hai remezclas de grupos indies que pincho, pero ao igual que podo pinchar unha remezcla de Michael Jackson, de Daft Punk ou de Kylie Minogue. Nas miñas sesións trato de ser coherente coa mezcla de estilos que van dende o indie ata o electro, gústame o eclecticismo e que a xente recoñeza as cancións.

Entón á hora de facer unha sesión, gústache tirar de temas míticos ou polo contrario intentar ofrecer una selección de música máis underground?

Un 65% de temas míticos e un 35% de temas que non son muy coñecidos pero son bos e podrían chegar a ser míticos se se escoitaran máis. Todo o que considero bo, o pincho, dame igual que sexa moi coñecido ou non, sempre que eu non esté cansada de él.

O selo Get Physical fixo una enquisa entre varios dj’s de cal sería o último tema que escoitarían antes de morrer, cal elixirías ti?
Fixéronme esa pregunta millóns de veces, e sigo sen saber que dicir. Non o sei, Non podería elixir un, é una decisión demasiado importante e hai demasiados temas que marcáronme. Hoxe  podería dicir un e mañá outro. Gústame moito asociar cancións con sesancións, persoas e momentos, pero quédome en branco se teño que escoller un para escoitar por última vez.

Visitando o teu myspace, podemos ver en que festivais e clubs actuaches:  FIB, Pacha, Ocho y medio, Razzmatazz ... de todas esas actuacións, de cal gardas mellor recordo?
Cando fun ao FIB non mo creía. Paseime todo o festival cos meus amigos, sen asimilar todo o que me estaba a pasar. Foron un montón de emocións as que vivin naqueles días, nervios, satisfacción, euforia, felicidade… E o recordo como un momento máxico, recibín un montón de chamadas e sms de amigos que estaban alí e de outros que non poideran ir, lembrábame da miña familia, da xente á que quería… Sentíame importante e  todos me apoiaban, foi moi emocionante.Tamén gardo un bo recordo do festiva l981 da Coruña, porque foron miña nai e os meus amigos da infancia, quenes estiveron todo o rato comigo, e os primeiros en abrazarme cando rematei a sesión. Sentinme moi ben, moi arropada. E en salas, no Ocho y medio de Madrid sempre me deron un trato moi familiar, foi a primeira sala que me abriu as portas e se portaron xenial comigo, asi que sempre que vou, para min, é toda una honra

Cales son os teus obxectivos este ano?
Gustaríame sacar  adiante o meu proxecto paralelo, ThunderDisco. Porque é algo moito máis festeiro e máis interactivo coa pista. Cando pincho soa estou moi concentrada, pero con Thunder, ao ser dous, mentras pincho, pois estou de festa, máis liberada e máis segura, facemos un bo equipo a nivel técnico como para a selección e ademáis, o pasamos moi ben. E gustaríame ir a pinchar a máis festivais, que é onde máis hai que demostrar o que saber facer.

Entón... Prefires a presión dun festival ou una sesión de club?
Gústame o ambiente dun festival, porque sempre estás en contacto con máis xente, coñeces a outros grupos, coñeces a outros DJs, e iso sempre me gustou. As mellores anécdotas xurden sempre nos festivais. Tamén son de facer as cousas mellor cando estou baixo presión. En un festival, hai máis presión que nunha sala, hai medios, hai xente máis crítica, hai promotores de outras salas, hai outros DJs… Nun club sí tes a xente preto, pero creo que hai que crear una boa conexión e ter esa intimidade entre o público e o DJ sexa onde sexa.

Á hora de pinchar, que soporte empregas? Eres más de dixital como os cds ou de vinilo de toda a vida?
Pois empecei co CS, pero fai un ano merqueime os meus primeiros platos e desde entón emprego vinilo. Fai pouco merquei o Traktor Scratch e paseime ao formato de vinilo con código de tempo + dixital, gústame moito o tacto do vinilo e o sistema. Con ThunderDisco sí utilizamos CDs, por comodidade e porque é máis dinámico respecto ao que facemos. Pero para min prefiro o Traktor Scratch e  os vinilos.

Ultimamente a faceta de DJ tamén vai ligada á de productor, poderemos ver nun futuro algunha referencia túa?
A verdade é que non consigo facer nada sen que me guste, sempre fun moi esixente con estas cousas. Agardo que algún día se hai algo que me faga estar orgullosa de dicir: “esto o fixen eu”, pero os meus primeiros pasos coa producción non foron gran cousa. Seguirei intentándoo, quero estudar producción musical, quero trastear con máis programas, quero remezclar, producir, crear… Pero de momento céntrome máis en pinchar, que é o que realmente me gusta, son DJ, non músico.

Das túas próximas datas, cal é a que lle tes máis ganas?
Todas. Gústame repetir en sitios que xa coñezo e tamén gustame aventurarme nos sitios novos, aínda que ás veces se me faga duro, é cando máis valoro a miña profesión e o meu traballo. Despois dunha viaxe de 4 horas en tren, gústame a recompensa de saber que fixen una boa seión e poder contactar con xente diferente. Co tempo aprendín tamén a valorar as cousas que non me gusta e darme conta da sorte que teño ao poder adicarme somente a isto. Así que para min, ter datas pechadas na miña axenda é o que me fai seguir cara adiante.

Cando te das conta de que ser DJ é algo máis que un hobby?
Dinme conta de que ser DJ era algo máis que un hobby cando deixei o meu primeiro traballo para adicarme exclusivamente a pinchar. Ofrecéronme un contrato en Low e a posibilidade de ir pinchar ao FIB. Non dubidei, para min era o que sempre soñara. Pero tal cual me ofreceron iso, ao cabo dun ano estaba deixándoo, así que me tirei outro ano na casa pinchando, aprendendo ben a mezclar, a cuadrar, e sobretodo a empaparme de outros estilos, xa que antes só pinchaban indie, pop e rock. Serviume para darme conta do que realmente quero, non me importaría traballar en outra cousa, sempre que poidera seguir pinchando. Isto é o que quero.

Poderemos verte pronto actuando por Galiza?
Teño moitas ganas. Fai pouco estiven pinchando na sala Karma de Pontevedra e no Mondo de Vigo. Foi moi ben. Teño vos amigos que vanme ver, así que espero volver pronto. Gústaríame moito tamén facerme algún festival.

Myspace: http://www.myspace.com/just_eme

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy