Entrevista a Coolwork
Escrito por Alberto   
Mércores, 01 Abril 2009 12:04

Entrevista a Coolwork. Colectivo Audiovisual.
Coolwork¿Cando decidides crear Coolwork, e porque?

A principios do 2007 coñecémonos a través dunha páxina adicada ós VJs (www.vjspain.com) os dous videojockeys do colectivo (Zeketech e VJ Deep), e puxémonos en contacto.A partires de entón démonos conta das inquietudes que tiñamos e a necesidade de atopar DJs amateurs que compartisen a nosa filosofía de actuación.

Tiñamos en mente varios proxectos e ideas que se concretaron na fundación deste colectivo audiovisual chamado CoolWork, como un espazo no que levar a cabo o que máis nos gusta facer... e de paso tentar crear unha plataforma na que dar a coñecer a novos valores galegos, aínda que tamén teñen cabida xoves doutras comunidades. Fundouse como Asociación Cultural e Xuvenil servindo así como plataforma sen ánimo de lucro para levar a cabo formalmente as nosas inquietudes e proxectos que pouco a pouco van tomando forma e dando os seus froitos. O mais importante de todo é que o facemos desinteresadamente e co único propósito de pasalo  ben, agradar ó publico, divertirnos facendo o que mais nos gusta e tratando de mellorar na medida do posible a imaxe da escea eletrónica como medio de expresión artística ligada ó espectaculo visual.


¿Que persoas integran o colectivo, xa que ademais de VJ tamen hai Deejays?

Pois somos 6:
Os videojeckeys: Zeketech e VJ Deep
Os discjockeys: David Seijo, Carlos DL, Javier Soengas aka Dj Hypnotika e Jano 13.


Cando o colectivo acude a un evento, ¿como vos organizades.. deejays, vj..?

Existen dúas posibilidades. Por unha banda pode ser que CoolWork participe únicamente como parte artística do evento. Neste caso a labor dos djs reside en decidir os estilos musicais de acordo co caracter do evento, organizar os horarios e o orden de actuacion e seleccionar a música apropiada. Os vjs preparan vídeos específicos (logos, nomes dos djs, loops...)

Ademais de todo isto cando CoolWork é parte organizadora do evento reunímonos todos e repartimos as tarefas da forma mais equitativa posible e tendo en conta as capacidades de cada un. Hay xente que ten maior facilidade de relaciones públicas, outros teñen mais destreza con temas administrativos, outros dáselles mellor o diseño de carteleria, publicidade etc... Dispoñemos dunha infrastructura interna que brinda a posibilidade a todos os integrantes de que tomen parte nas decisións, tanto nos aspectos visuais como sonoros.


Cada vez parece que os VJ comezan a ter mais importancia no mundo da noite...


En certo modo sí, aínda que queda moitísimo camiño por percorrer xa que consideramos que hai moi pouca cultura visual na nosa terra que entenda o VJ como unha figura relevante no espectáculo e no lecer nocturno. Polo momento o vj é unha figura infravalorada e nós pretendemos axudar a cambiar esta visión, e facer disto algo máis que o “rapaz que pon audiovisuais” e converter ao VJ nunha figura tan importante como o DJ. Ademais, cremos na necesidade de achegar esta forma de creación á cidadanía e que a vexan como unha forma de expresión artística, con espectáculos que van máis alá dunha simple actuacion nunha discoteca.

Audiovisuales

¿Como credes que está a escea das audiovisuais en Galiza?

A verdade é que está bastante limitada, ó igual que o mundo do DJ. Non existen demasiados espazos nos que se expresar e actuar e os que hai non están o suficientemente valorados. Sabemos que hai bastantes xoves que se adican a isto pero cremos que falta comunicación entre nós e ademais estamos moi dispersos. Non existe unha plataforma que nos agrupe... e en parte por iso creamos o noso colectivo, para axudar a que exista certa cohesión... pero claro, cada un dos integrantes ten obrigas persoais que non nos deixan implicarnos no proxecto todo o que nos gustaría, aínda que pouco a pouco avanzaremos. InputSelect (duplostudio.com) foron uns dos pricipais precursores da figura do VJ na nosa terra. Actualmente CoolWork fai todo o posible por aportar un graniño mais de area ó panorama videojokey apoiando as propostas galegas ata acadar o nivel de grandes cidades como Barcelona.



Así como para o Deejay o importante é que a xente baile, ¿que é para vos o imprescindible nunha boa
noite de audiovisuais e espectaculo?

Pois sinceramente é difícil de describir. Quizais o que perseguimos principalmente é que exista unha sincronía entre a imaxe e o audio, non ten porqué existir unha narración entendida como un filme que conte unha historia con argumento, nudo e desenrolo, senón unha serie de segmentacións visuais que inviten ó espectador a percibir mellor as sensacións que lle transmite a música, para que se convirta nun todo que divirta pero que tamén sirva para reflexionar. No directo o VJ dispón dunha fonte de video que creou e coñece perfectamente, por iso existe unha forte carga expresiva xa que en todo momento vai lanzado as imaxes tendo en conta certos patróns e a inspiración do momento. Cando o vj consigue conectar co publico e captar a súa atencion enriqueciendo o espectáculo e aportando algo mais que un mero acompañamento visual enton é cando non existe DVD que nos poda facer fronte. É moi satisfactorio xirar de vez en cando a mirada a pista e ver que o público está atento as pantallas cunha sonrisa na cara ó tempo que baila e disfruta da musica.  O publico nota cando hai unha persoa detrás das pantallas e frecuentemente recibimos comentarios positivos despois das actuacións que nos motivan para seguir adiante co proxecto.



¿Onde podemos encontrar máis información sobre o voso colectivo?

Pois ben fácil... visitando a nosa páxina web (www.coolwork.es) e ahí pódense atopar os nosos eventos e pódese colaborar connosco, aportar ideas para proxectos... ademáis do myspace (www.myspace.com/coolworkproject) e o facebook.


¿Algo que dicirlle ós lecotres de galizaelectronica.com?

Animámosvos a que apoiedes máis a escea electrónica esquecéndovos dos malos roios que abundan neste sector e uníndonos para rescatar esta escea que tan danada está por culpa de certos personaxes que queren destacar por riba de quen sexa. Desde o noso colectivo, invitámosvos a participar na nosa web, xa que nos gustaría servir como espazo de difusión de creadores consagrados e novos talentos da escea galega, e porque non doutras comunidades autónomas.Estamos abertos a calquera tipo de proposta, xa sexa a un nivel máis cultural como a un nivel lúdico-festivo.  

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon