Antes de nada.. e para que a xente saiba de que vai isto, que son as festas de Technoexperience?
Bos días. Technoexperience e un proxecto no que levo traballando desde hai pouco máis de un ano. Estamos moi centrados en levar a programación en exclusiva de música electrónica na sala Breogain, pero ademais diso agora mesmo estamos empezando con proxectos e colaboracións por toda España.
Na totalidade dos eventos, como o propio nome indica, tentamos aportar sempre unha nova experiencia musical, sempre claro dentro do estilo techno e minimal techno, sen chegar a estilos coma schranz ou deep...
Tentamos variar os carteis o máximo posible, e en diferentes vertentes, para innovar e aportar en cada festa algo diferente, e contamos entre os carteis con artistas internacionais, nacionais e canteranos para apoiar un pouco a escena galega e nacional entre outras cousas.
A sala Breogain, e unha das poucas salas onde se programa techno en Galiza, e en especial na zona de Vigo.. hai unha boa acollida por parte do público?
Pois home, depende de moitos factores, polo xeral en Vigo temos xa un público currado, que é bastante fiel ós nosos eventos e que nos axuda moito a promocionalos, pero segundo o artista que actúe, o prezo, etc... a xente acode máis a algunhas festas que a outras, pero polo xeral está sendo moi ben aceptado.
Este ano tivemos xa artistas moito máis grandes que o ano pasado e temos en mente uns moi bos proxectos que se levarán a cabo durante todo este ano 2009.
De todas formas esperemos que o noso público medre aínda máis, xa que agora mesmo está todo como moi estancado noutros sitios como A Coruña, Lugo, Ourense e parece que nós levamos un pouco máis o gato á auga.
Como se organiza unha festa deste tipo, en que puntos te baseas para contratar os deejays.. para conseguir que sexa un bo evento?
Home, disto non podo falar moito, a verdade.
Máis que nada porque moitas veces son terceiras persoas as que elixen os artistas.
Escoitamos todo tipo de peticións, o que a xente nos pide vámolo seleccionando e depurando moitas veces, jajaja, e intentamos que nunca un evento noso sexa repetitivo e sempre sexa algo innovador.
Ademais diso para que sexa un bo evento precisas unha boa campaña publicitaria, que creo que é o mais importante, xa que todo o consumismo entra igual á xente (polos ollos) e intentamos que sempre os nosos eventos estean na boca da xente.
Acabas de sacar un disco fai pouco, e polo que sabemos ides comezar cas presentacións.. ata ides ir a Alemaña.. que nos podes contar deste proxecto?
Este primeiro disco editouse no selo Gtr Muzike, no cal sen a axuda de Fer BR, Javi Leyend, Alex de Action Music e o resto de artistas colaboradores non podería levarse a cabo.
Antes de falar do selo gustaríame agradecerlle a Fer que me aportara tantos coñecementos sobre a produción, cousas que sen a súa axuda nunca sabería, etc... é todo un mestre.
Sobre o selo, o máis que podo contarvos nestes momentos é que se está vendendo de luxo, con unha distribución moi boa por toda Europa, e seleccionamos moitisimo os estilos musicais editados.
Case polo xeral editaremos tracks techno e technogroovy, e espero editar neste ano ata a 5ª ou 6ª referencia.
Ademais, dentro de pouco é verdade que comezarán os showcases do selo e entre as cidades que pisaremos por agora están: Madrid, Barcelona, Asturias, León, Badaxoz, Almería, Munich, Berlín e espero que non quede todo aí e poidamos seguir adiante.
Pensas que a escena do techno esta mudando? cada vez hai mas subestilos..
Sempre foi así... A música electrónica vai un paso por diante do resto da música, innovando sempre con novo softwares de produción, máquinas, estilos, modas, etc...
Sen dúbida esta mudando pouco a pouco, máis que mudando, multiplicándose, e aparecendo cada vez máis vertentes.
Pero todo iso aporta cousas novas e é bo, o que o minimal non aporta a unha persoa pode que o aporte o techno, ou o house, non a todo o mundo lle gusta o mesmo, e creo que a electrónica está adaptándose a todo o público en xeral, esperemos que siga así para poder captar cada vez máis público.
Moitas grazas pola vosa colaboración con todos os nosos proxectos e espero que vós tamén sigades adiante ca vosa web e mais cousas.
Un forte abrazo para GALIZAELECTRONICA.





Meneame
Chuza