Entrevista a FER BR
Escrito por Dastrash   
Mércores, 13 Maio 2009 14:53

Temos o placer de seguir ofrecendo entrevistas a artistas importantes da escena galega e nacional. Nada mellor para esta vez que FER BR. Dj e produtor cambadés que xa leva cinco anos metido no mundo da música eléctronica, e conseguindo en tres anos, facerse un sitio como un dos mellores produtores de España, sendo número 1 en listas de vendas, á vez que realiza fantásticos sets, tendo xa a oportunidade de recorrer parte da xeografia galega e gozando de oportunidades como fai pouco pinchando en Croacia nun recoñecido clube deste pais,e tamén compartir cabina con djs internacionais como :
Marko Nastic, Lars Klein, Mark Broom, Exium, Carl Falk ou Reeko

Sen máis demora damos paso a entrevista.

- Manu : Hola Fernando, moitas gracias por concedernos a entrevista, é un gran placer que compartas con nos un anaco do teu tempo.
- Fer : O pracer é meu !!! Gracias a vos

- Manu : Sempre me gustou a música dos teus sets, a selección musical creo que é algo fundamental dun dj. Moito se ten falado da importancia da técnica, pero non se debe deixar atrás unha boa selección nun set. ¿ Que opinas sobre isto ?
- Fer : Personalmete creo que a selección musical é moi importante, pero se enriba gozas de boa técnica ¿mellor que mellor non?

- Manu : ¿ Cambia moito a selección musical que fas dependendo do clube no que actues ?
- Fer : Teño en conta o tipo de música segundo o horario de actuación, para cambialo estilo utilizo o meu pseudónimo Bed_Riv ou Deep Conect , este ultimo é un vs que fago cun gran amigo e dj Smerz , no cal poñemos tech-house aplicando efectos e demais.

- Manu : Como ben sabemos, xa levas certo tempo ofrecendo sets por distintas salas. ¿ Como foi a tua primeira vez ?
- Fer : Pois a miña primeira vez foi diante de bastante xente a verdade jajaja foi nos carnavales da illa de arousa , foi increible.

- Manu : ¿ E a vez da que teñas mellores recordos ?
- Fer : Sen dúbida unha das mellores veces foi a reciente visita a Croacia, o clube Bogaloo, xa que era a primeira vez que saia de España. Ademais o trato
foi estupendo, e o público xenial.

- Manu : Hoxe en día estanse a por de moda moitas ferramentas para misturar. Grandes DJS como por exemplo Richie Hawtin, cambiaron os pratos polo ordenador e una mesa MIDI. ¿ Podesnos dar o teu punto de vista sobre o uso este tipo de ferramentas ?
- Fer : Eu persoalmente para pinchar Techno  prefero os vinilos, pero ultimamente estou utilizando moito o traktor scratch, polas suas prestacións ,
permítenme aplicar diferentes efectos, filtros, loops ... utilizando os pratos e un controlador midi, esto non quere dicir que non sega comprando discos jajaja

- Manu : Tamén fixeronos saber que tes un selo discográfico chamado Keep On Techno cun compañeiro, ¿ Pódesnos explicar un pouco como traballades có dito selo ? ¿Tes algún proxecto máis?
- Fer : Pois o selo fíxeno fai un ano esactamente, de feito editamos un album con novos tracks de moitos artistas do selo. En canto a creación e demais
leveino a cabo con un compañeiro e productor de croacia , Wyrus. En canto o traballo , é moi sinxelo , pasome horas escoitando os myspaces de novos productores e escoitando as demos q recibimos no noso mail .

- Manu
: Como ti nos contaches previamente a entrevista, estas moi centrado no aspecto da producción, comentáchenos que empregas o Ableton para producir como ferramenta software, pero ¿ En que te basas a hora de facer una canción ? ¿ Que é o que buscas ? ¿ Podesnos describir un pouco o proceso que segues a hora de levar a cabo unha canción nova ?
- Fer : A palabra clave que creo que me define é FUNKY jaja ultimamente estou deixando de lado os sons mais tribais, intentando facer un son máis disco - tech por chamarlle de algunha maneira, intento utilizar sintetizadores houseros, retro filtrados e refiltrados jajaja

- Manu
: Co desarrolo das novas tecnoloxias e con isto a aparición de grandes portais de venda de música como Beatport, é moito máis accesibel o mercar música, e acceder a un gran contido musical. ¿ Que opinas sobre isto ?
- Fer: Pois como xa dixen anteriormente , eu mesmo son utilitario de estos portais, o acceso a música e instantáneo, sen esperas e demais; pero una cousa queria dicir : Que grande é escoitar discos , ou mesmo comprar nunha web uns discos e esperar a que cheguen a casa , ou non??? jajaja

- Manu : Como todo DJ sempre tes un clube ou local onde che gustaria pinchar, ¿ Cal é o clube que máis ganas lle tes ?
- Fer : Pois persoalmente gustariame ter unha oportunidade nun dos dous clubes máis grandes de Galiza : Beta ou Zeus. Hoxe en dia está moi complicado conseguir bolos pola zona, as mellores oportunidades veñen e viñeron de fora... esperemos q mellore.

- Manu : Como para todas da vida, ter un apoio en casa é fundamental para levar a cabo calquera tipo de obxetivo, xa que é unha gran axuda ¿ Que opinan na casa de que te vaias a pinchar e de todos os proxectos que estas levando a cabo ? ¿ Apoiante dalgunha maneira ?
- Fer : Pois na casa están encantados , de feito cada vez que recibo algun disco novo da miña producción a miña nai ven comigo a escoitalo jaja ela é a miña maior fan, eso si, tamén me recorda continuamente que remate a carreira jaja

- Manu : E outra pregunta obligatoria tamén ¿ Que Dj admiras e por que ?
- Fer : Pois pese a quen lle pese Ben Sims sen dúbida , encantame todo o que fai , dende os seus sets hardgroove os seus sets de acid house e funk con seu aka Essex Rascals. É moi grande , fai unhas semanas tiven a oportunidade de falar con él para agradecerlle o seu apoio a un dos meus ultimos temas que seran editados no label holandes Patterns Records ref 52 ,é unha persoa moi sixela sen aires de grandeza.

Moitas grazas pola entrevista !

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon