Entrevista a Iago De La Vega
Escrito por Galizaelectronica   
Sábado, 23 Maio 2009 16:44

Hoxe temos a ocasión de entrevistar a Iago De La Vega, un dos produtores da nosa terra que se consolida publicando no selo de Pedro Delgardo.


Para quen aínda non te coñeza, como te presentarías?
Ola, o meu nome é Iago de la Vega, nacín en Vigo aínda que estiven vivindo tamén tempo en outras cidades, unha delas foi Barcelona onde fixen parte dos meus estudos e teño algúns dos meus mellores amigos.
Hai tres anos que voltei e estou traballando en Galicia, xustamente nos seus tres peores anos en canto a festas se refire. Como a moitos de vos encántame o techno, e hoxe en día máis que nunca é unha peza fundamental do meu día a día e da miña vida, e por sorte estanse cumprindo moitos dos meus soños, inda que en parte me sinto triste por como está actualmente á escena galega en comparación con outros lugares, pero estou seguro de sairá de novo adiante algún dia, e todo o que poidamos aportar nos é pouco si non temos, diversidade de estilos, nin tantas discotecas como antes... nestes intres é clave agora que nas poucas opcións que hai, por unha parte á xente vaia nas festas, é por outra que os donos ou os promotores dos clubes e discotecas estean comprometidos ca xente e traten o público como se merece, e non mirar soamente a finalidade que é o diñeiro sen importar ós medios para chegar a tal fin, creo que todos estamos de acordo en que por este motivo moitos clubes pecharon ata o día de hoxe en Galicia.

Xa tes varios temas publicados, sobretodo en dixital. Que tema publicado é o mais importante ata agora para ti? 
É bastante complicado decantarse por un traballo en concreto, todos teñen algo de especial ate os primeiros máis simples, e tamén hainos moi diferentes entre eles, xa que a diferencia de outros produtores que seguen unha mesma liña, pela miña parte, en cada selo discográfico ou referencia gústame variar o máximo posible dentro das variantes do techno mais "New-School", tanto con influencias, Funky, como tribal, techno trance... inda que normalmente decántome pelo hardgroove, que tamén e o estilo que pincho habitualmente.  Diría que dos máis significativos de este ano para min, a parte do meu primeiro traballo en vinilo "Torrents of Light" que saíu este mes de Abril por Yin Yang o selo de Pedro Delgardo como mencionaches, ou o Jukebox Ep en Patterns onde se inclúe un remix meu, posto que son uns dos maiores selos discográficos de techno do mundo e estanme abrindo novas portas, xa no tema de gosto mais persoal un dos favoritos e meu remix de "Cosmonaut" un tema orixinal de Peppelino que saíu en febreiro de este ano, no que adiquei moitas horas de traballo, e por dicilo de algunha maneira é o tema máis complicado tecnicamente que fixen ata agora y tamén pelo que recibín máis felicitacións.

Eres dos que produce para poder pinchar ou gústache estar horas e horas diante dun ordenador?
Ben jajaja, sabes que meu traballo é de informático así que, cando chego de traballar é un esforzo a máis sentarse de novo diante do ordenador o tempo libre do que podo dispoñer para producir, pero pódeme máis o amor a este estilo de música que as vontades de ir a dar unha volta, ou simplemente e descansar.
Referente a túa pregunta de si produzo para poder pinchar... aínda que teño 26 anos, van facer doce anos que comezou meu interese polo techno, e que comecéi a pinchar moito antes de producir en serio, pero sempre miña intención foi a de poder pinchar meus propios traballos, así que non me considero dentro de ese sector de artistas que comezan como produtores e cando conseguen certo recoñecemento pasan a ser djs da noite o día e a percorrer ó mundo, de igual xeito tampouco me considero no sector de xente na que a nova tendencia e que, comezando de cero sen saber de onde veñen montan festas e traen djs de fóra para darse a coñecer así mesmos a toda costa, facendo ás cousas atropeladamente, penso que para todo hai un orde lóxico. 

Cando te das conta de que o de producir vai en serio?

Penso que no momento que se se pon constancia en algo xa vai en serio, si ademáis dase a coñecer e tes un beneficio comercial con este traballo moito mellor, pero simplemente escoitar algo feito por ti xa motiva, e que con cada tema e día a día vas mellorando, aprendes cousas novas...

Parece que de súpeto hai bos produtores de groovy en Galicia, a que cres que se debe?
Como sempre en tódalas partes cando se inicia un movemento, primeiro son as persoas cas que tes contacto mais directo ás que se aproximan e vaise estendendo un pouco así, así que de algunha forma, polo menos no meu caso e dese xeito, e paréceme bonito inspirar os meus amigos a compartir unha afición que é enormemente enriquecedora.
Por outra parte a verdade que este, é sen dúbida un momento histórico en Galicia en canto ó nivel dos produtores da nosa terra, algúns estamos vendo nosos traballos publicados en selos discográficos nos que sacaban nosos ídolos, e que semellaban imposibles de alcanzar nun futuro, e seguramente en pouco tempo irán xurdindo novos nomes en Galicia non me cabe dúbida, no meu círculo de amigos xa hai xente que lle da moi ben XD.

Se non me fallan as fontes estiveches unha longa tempada pinchando por Barcelona. Que diferencias ves ca escena de aquí? Cal che gusta mais?
A ver, a escena de aquí, vivina en parte vindo en Verán ou Nadal, pero perdinme moito, polo que vin inda tivo unha época que estaba bastante mellor do que agora, a xente saía a pasalo ben e conformábase ca xente galega, sen line ups tan esaxerados, como sempre despois chegan as salas grandes...., e xa se sabe o conto de que o peixe grande come sempre o mais pequeno, en canto a Barcelona historicamente é un dos lugares do país onde mais fortemente está arraigada a música electrónica en tódalas súas vertentes e formas, sempre estiveron por diante, tamén son a porta de Europa... o certo é que a diversidade de programacións e tal que un non sabería a onde ir.

Como xorde a colaboración con Raúl Mezcolanza?
Raúl para min é como si me estiveses a falar do meu propio irmán, é unha das mellores persoas que tiven o pracer de coñecer, e sinto un gran cariño cara el e en canto a amistade se refire. Profesionalmente é unha das persoas con máis talento que coñecín neste país por non dicir a que máis, a nosa primeira aparición foi en Naked Lunch, o label de A. Paul, tamén a nosa primeira xuntos, por parte de un promotor portugués, coñecín a A. Paul, que hoxe en día considéroo un prezado amigo e ofreceume a posibilidade de enviarlle un pack de tracks, y delas elixiu para o primeiro lanzamento tres, e outras sacounas ó mercado mais adiante. Este lanzamento chamado Series Ep, para a nosa sorpresa foi charteado por xente como Markantonio, Preach, Dejan Milicevic, Murphy e pinchado por cantidade de produtores, isto fixo que se vendese ate alcanzar os primeiros postos nos top 10 de ventas en dixital nos portais de música dixital máis coñecidas, de ahí foi vindo todo o demais para os dous. 
 
Que dj´s influiron na túa formación musical?
Sempre fun tirando un pouco para o este de Europa, Valentino Kanzyani quen máis me influíu deles, tamén Umek, Hertz, Marco Nastic, Marco Carola, Misjah, Markantonio... e deles en parte sinteticei as cousas que máis me gustaban, e en grande parte de eles vense influídos meus traballos, pero haberá unha grande lista máis de xente que me influíu musicalmente e estilos fóra do techno, como son o blues, soul, jazz, drumm & bass, jungle....

Xa falamos dos teus traballos publicados pero... gustaríanos que nos falases dos teus plans de futuro. Poderemos verte publicando noutros selos?
Si, en principio no que resta de ano teño confirmadas unhas dez referencias, serían máis si meu horario laboral fose máis reducido XD, pero as que chegarán máis cedo serán o Relatives 9 e o Patterns 53 neste segundo teño un tema con David Moleon, sen dúbida outro bo amigo, repetirei en yin yang e despois un dos que máis me preocupan é o Pirate Audio, posto que entreguei os temas fai case dous anos, debido a que e este label por problemas de distribución, estivo un ano estancado na referencia 11 de Carl Falk, cando a miña era á 14 para saír, agora parece que arrincou de novo con outra distribuidora, triple e vision wue é a mesma que distribúe a Patterns, Yin Yang, Adult, Relatives e moitos outros dos grandes, pero estou un pouco triste por que e un disco, con remixes de Kobaya, Raúl Mezcolanza e A Paul, e ter parados ese temas tanto tempo é  realmente desesperante.

Algo que dicirlles os lectores de Galizaelectronica.com?

Agradecervos a tódolos que vos achegásedes ata aquí para saber algo máis sobre min e, mandarvos unha enorme aperta.

 

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon