Entrevista a Dj Jesús Méndez
Escrito por Galizaelectronica   
Domingo, 14 Xuño 2009 19:11

Entrevistamos a Jesús Méndez, que está ao cargo do único clube de electrónica en Ponteareas, A Pola. 

Para poñer en antecedente os lectores, empezaches na música como  batería e como DJ, cando te das conta de que a música electrónica é o que mais che gusta?
Pois se non recordo mal, ala polo ano 2000. Meu irmán mercou unha pequena mesa de mesturas e uns pratos, creo que dende ese momento non os usou mais xa que a maioría do tempo estaba eu intentando facer as miñas primeiras mesturas.

Os comezos como DJ sempre son duros, De que maneira xorde a túa primeira oportunidade?
Se falamos da miña  primeira oportunidade seria no que foi xa fechado e emblemático "Techno club BANUS" tiña eu 18 anos mais ou menos, adoitabamos saír de marcha por alí, e a verdade non sei como pero un día comenteillo a xefa e díxome que non abría problema. A miña primeira sesión foron 30 minutos.

Recomendaríaslle á xente que quere ser DJ facer cursos ou traballar por conta propia?
Sinceramente a xente que quere ser dj primeiramente lles digo que para min non e só poñer discos, e creo que para a maioría de dj´s tampouco e así. Se non gozas co fas e non estas ben a xente cando estas en cabina dáse conta, non imprimes a mesma enerxía, non hai a mesma conexión co público... Despois esta claro que o que se necesita e moito traballo por parte dun mesmo, horas facendo mesturas, escoitando música, probar , probar e probar, aínda que sempre e mais doado se alguén che da uns consellos nos comezos.

Cal é o teu estilo de música preferido?
A verdade e que segundo o estado de ánimo que teña escoito desde deephouse ata techno, pero pinchando síntome moi cómodo poñendo techno, techno minimal. Aínda que o principal e fixarse na pista e intentar poñer a musica coa que a xente este máis cómoda. Sempre dentro da electrónica claro.
 
Nestes tempos de avances no mundo dixital, quédaste con vinilo ou cds´s?
Non sei que dicir, as maletas de cd son moito menos pesadas jajaja pero a dozura e o estilo do vinilo e indiscutible. Síntome cómodo traballando coas dúas cousas pero quizais me decante mais polo vinilo aínda que nestes momentos o que mais use sexa cd.
 
Levas uns cantos anos no mundo da noite, notas diferenzas na escena de antes ca da agora?
A diferencia notase claro que si, antes eu estaba en pista bailando e agora son eu o que intenta facer que a xente baile, creo que iso xa e unha gran diferencia para min polo menos que e todo un grandísimo privilexio poder facer iso cada fin de semana, que a xente se porte tan ven comigo.

A Pola é o clube que resides actualmente, cóntanos como é cada fin de semana pinchando para o publico de Ponteareas.
Apola... ese lugar que me fixo tanto ben.
Maduren moito neste lugar, e penso que tamén me fixen moi querido e coñecín a moita xente. Cada fin de semana e diferente sempre ven alguén novo que che di, como pode haber un sitio con esta musica en Ponteareas?? A verdade e que e difícil manterse pero pouco a pouco gañamos xente que valora os estilos de musica que se escoitan o longo de toda a noite. E como é unha sala relativamente pequena pois iso da lugar a que nos coñezamos case todos e como digo eu sexamos una gran familia.
 
Cal é o mellor recordo que conservas pinchando nas noites galegas?
O mellor recordo... pois supoño que tería que ser a primeira vez que pinchen no Banus, aínda que teño dúbidas porque cada noite ten algo especial, gozo o máximo posible cada vez que fago unha sesión polo tanto sempre é un bo recordo cada noite.
 
Cóntanos cales son os teus plans de futuro.
Pois gustaríame ter algunha oportunidade máis, pero supoño que xa teño que sentirme afortunado por ser o residente do clube no que traballo cada fin de semana. Tamén estou metido no mundo da produción pero sen presa.
 
Algo que dicirlles aos lectores de galizaelectronica.com?

Dicirlles  que se interesen máis pola paxina para que isto siga medrando como o esta facendo ata agora, dicirlles tamén que espero que lles guste a entrevista e que lles sirva para coñecerme un pouco máis.

Eu non son ninguén importante pero se galizaelectronica.com segue crecendo a cartel de artistas entrevistados será cada vez mellor e así  poderemos seguir gozando todos do marabilloso mundo da música electrónica.
Unha aperta e moitas grazas polo interes especialmente a todos os que forman galizaelectronica.com,  e tamén a todos os lectores.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon