Entrevista a Deejay Milutxo
Escrito por Diego   
Domingo, 21 Xuño 2009 19:00

 Para comezar e facendo referencia ós teus inicios, como e cando comezaches a interesarte pola música House e electrónica?
Pois a verdade non o recordo moi ben pero sei que sempre tiven predilección pola boa música (ou iso é o que creo, que a música que me gusta é boa).

Sabemos que a túa residencia é Carabás en Pontevedra e Zoo Club en Sanxenxo, como ves o futuro destas salas?
Eu as vexo moi ben e espero que sexa asi claro

Contanos un pouco como foron vos teus inicios en Zoo Club...

Pois en realidade pinchar en Zoo era coma un soño para min, e abofé como cada soño  os meus principios foron unha constante agradable sensación que ata me impedian durmir
só pensaba en conseguir música e máis música para chegar e intentar facer as mellores sesións que puidese facer, que é o que sempre intento.

Sintes ó público mentres estás pinchando? Como é esa sensación?
En Zoo é imposible non sentir que o público está contigo e é unha sensación que non se como explicarche pero é como sentirse ben pero que moi ben, creo que é a mesma sensación que debe ter calquera famoso cando sae ao escenario

dj milucho

Nas túas sesión observamos que sempre estás bailando ou seguindo o ritmo da música, é isto unha técnica para conectar co público?
bueno, cando me vexas bailar iso significa que eu tamén estou pasandoo ben e creo que coa xente tamén conectas mellor que se estas estático e con sensación de apagado non sei creo que en Filing como di o meu amigo Abel the Kid

Temos lido que tes pinchado en Portugal, hai diferenzas destacables entre o público galego e o portugués?

bueno, depende do sitio onde traballes, pero non é mal publico

Es de Vigo, tes pinchado últimamente na cidade olívica?
xa fai tempo que non fago ningun bolo aínda que gañas non me faltan

Que lembras do teu paso por Pacha? Hai un bo ambiente?
bueno, pois que dicirche de pacha, a quen non lle gustaria pinchar en calquera Pacha o mundo
e o de Portugal é moi bo local pero moi moi bo

Algunha vez sentiches presión á hora de pinchar?
unhas cantas e non me gusta nada

Poderías informar ós nosos lectores que soportes utilizar para pinchar? Vinilo, CD, MP3...
cd ultimamente cd. é como mellor traballo sempre que teña uns bos pioneer e en boas condicións

Que tipos de música electrónica podemos escoitar nas túas sesións?

pois a verdade é que varío moito pero na súa totalidade é house que eu solo englobar toda a música que pincho en ese estilo aínda que tamén poña electro ou x estilos que non deixan de ser house para min

Como ves a escena dá música house/electrónica en Galiza actualmente?
véxoa en pleno auxe e espero non quedarnos estancados aí e que sigamos progresando, pois acabo de chegar fai uns dias de Ibiza e aquí non temos nada que envexar a nivel de djs pero se a nivel de festas e iso me apena bastante.
En Galiza ha moi bos djs pero moi bos e despois por ser de Ibiza ou de Madrid ou outros lugares de España triunfan moito mais que nós.

Cres que chegou ó seu punto máis alto como DJ ou aspira a algo máis?
NOOOOOOON por deus! agardo aprender moitisimos máis e chegar máis lonxe de onde estou agora que para o meu xa non é pouco pero si, a miña intencion é sempre mellorar


Hai algún proxecto de futuro pola túa parte?
bueno cousiñas que agardo cheguen a bo porto

Se tiveras que escoller un DJ sería:
non se técnicamente Kurd Maverick e os Martinez Brothers e musicalmente gústame moito Steve Angello e Roger Sanchez e por suposto non me podo esquecer de Dj Chus que para o meu é completo do todo ten técnica e moi bo gusto musical, é dos bos un dos mellores (encántame traballar con el) transmite moi boas sensacións

Se tiveras que escoller un tema sería:

Buffffff non teño, serian moitos, gústanme moitas temas á vez, sinto non podo  escoller.

Se tiveras que escoller unha sala na que me gustaría pinchar sería:

Space Ibiza ou Amnesia, aínda que en Zoo xa estou máis que contento pero pinchar nos mellores locais do mundo é ao que calquera dj aspira

Algo que dicir a xente e lectores de galizaelectronica.com
Bueno pois nada dicir que me sinto moi pero que moi alagado polo voso interés cara min e mandar un saúdo a todos os lectores de galizaelectronica todo un pracer compartir as miñas experiencias e traxectos con todos vós. Espero non haberme esquecido algo que dicir ou contarvos.
Un saúdo moi grande e espero vervos a moitos de vós este verán en Zoo club e os que queiran verme noutros meses do ano en Carabas por suposto.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy