Entrevistamos a Paco Pérez, un dos organizadores do Nglobe Festival, o maior festival de música House de Galiza!
Nglobe Festival é o primeiro Festival de música House en Galiza, como nace esta idea de facer este evento?
Nglobe Playa Clube é un clube na avenida de Samil 79, adicado desde o seu comezo a música electrónica e todo o que xira o seu arredor, en concepto de animación, espectáculo visual e performances. Posteriormente ampliouse coa creación de Nglobe Sundays en Tui, quere dicir isto que o feito dun festival destas características non era máis co paso a seguir dentro do crecemento de Nglobe, e asúa persoa mais responsable da dirección e Miguel Veiga Botz, como marca adicada a este sector.
Intentando esquecernos da "crisis" como pensas que acollera o público o Festival? xa que dende logo era esperado.
Neste tempo de crise nótase máis a sufrir os eventos tipo concertos dun único grupo ou dese tipo, os que agrupan varios artistas loxicamente non ocorre, e os de música electrónica están a subsistir mellor quizás, que outros. Tamén é a confianza que nos temos.
Apostades forte, con Djs internacionais como David Guetta ou Erick Morillo pero tamén con Djs galegos como Dani Vila..
A intención é facer un Festival que coma un bo equipo de fútbol aglutine a boa xente da canteira, e os fichaxes máis soados. Eu non son Madridista pero podería ser boa similitude dentro da filosofía musical de Nglobe, creo que o cartel é do mellor que hai no mercado.
O festival vaise celebrar no IFEVI, e polo que sabemos até agora vai a ter duas carpas, máis de 80.000Wde son, 12 lasers, 150 metros de pantallas de leds, 8 bocas de megatrón.. algunha sorpresa ou algo que nos poidades contar?
Creo que a sorpresa vai ser como lograr que todo isto funcione o mesmo tempo a perfección, para conseguir un espectáculo de son e imaxe que a xente acuda e recorde como impresionante.
É algo cedo para preguntar isto, pero.. Nglobe Festival podería continuar en Nglobe Festival 2010 e marcar así unha etapa no House na nosa terra?
Creo que queda claro que a idea de Nglobe é o seu mentor, Dj Botz, e consolidar o Festival para anos venideiros. Se o paso este ano foi facelo, agora o seguinte e cada ano millor hasta que sexa considerado un festival de referencia na escena musical electrónica do país. E porque non de feito universal, pero xa sabemos, soñar un pouco tampouco ben mal.
Para a xente que aínda non o sepa, onde poden mercar as entradas?
Entradas xa á venda en Nglobe Playa Club, 30 euros ata o día 16 de xulio, en sesión noite venres e sábado, e de martes a venres en horario de oficina de 10 a 14:00h.
Ou en centros El Corte Ingles ou Ticketmaster.es, Caixa Galicia, FNAC, Carrefour, Discos Gong ou chamando os teléfonos 607812806 - 654304774 (NATY).
Para obter máis información oficial sobre o evento?
Para máis información do evento MYSPACE/NGLOBEFESTIVAL e na páxina oficial do Nglobe www.nglobe.eu, na rede social Facebook “Nglobefestival nglobe”, para ver o vídeo promocional no youtube.com e logo, en case todas as páxinas adicadas a eventos de música electrónica.






Meneame
Chuza