
Sabemos que empezaches no mundo das cabinas e da música aos 13 anos. Que cambiou daquela época ata os nosos días no sentido ambiental e musical?
Pois cambiou todo bastante. Cando empecei a picar moi pouca xente facíao con cds, ti entrabas en calquera club e non faltaban nunca uns technics, picabas house e mirábante raro, claro que naquela época o que estaba de moda era o techno. Agora xa tes reprodutores que imitan ao vinilo. O house gústalle a todo o mundo e a xente xa ten unha cultura de house, por iso creo que vai para adiante a cousa.
Pódese dicir que dende aqueles inicios empezaches a interesarte pola música electrónica ou viña dende moito máis atrás?
Sempre me gustou, pero creo que me namorei do house na súa época chamada "TRIVAL" xa que sempre me gustou a percusión, de feito hoxe en día son percusionista ademais de deejay, así que imaxínate o que me tivo que influír o house.
Que ten o house para tí que non teña outros estilos de música electrónica?
Gústame porque é un estilo no que podes fusionar moitos estilos musicais, dende soul, jazz, funky... ademais é capaz de sacar sempre a parte máis positiva de min, nada máis escoitalo danme ganas de poñerme a bailar, por iso nunca estou quieto en cabina. Eu creo que é un estilo capaz de divertir á xente en todo momento.
Como ves a escena da música house/electrónica en Galiza actualmente?
Eu creo que, aínda vivindo o mellor momento, en Galiza aínda falta unha moi boa cultura musical para entender o house en toda a súa intensidade. É moi certo o dito ese de "ninguén é profeta na súa terra". Aínda así insisto en que o house está a vivir días de gloria e todo isto grazas á fusión de estilos.
Se tiveses que escoller un DJ que admiras cal sería?
Nesta pregunta outros diríanche que non poderían elixir, pero eu téñoo moi claro: "LAIDBACK LUKE" creo que foi un deejay en entender o house dunha forma diferente, dende as melodías a eses pitiditos estridentes, definiríao como "bestial". Os seus sets en directo son garantía de espectáculo
...e se che digo Chimo Cabreira que me dirías ou me terías que dicir del?
No mundo da radio foino todo para min xa que foi a persoa que hai 2 anos me abriu as portas de "Pidepista", o seu programa na R.M.T. e na cal comecei cunha sección e co tempo acabe facendo o programa co.
Tamén foi a persoa que fixo que chegase a LOCA FM, é o amigo ao que pedirlle consello, é o "padriño".
Respecto á colaboración con Chimo Cabreira nun programa matinal de LocaFM Vigo, consideras a radio un medio para a difusión da música electrónica ou máis ben de entretemento?
As cadeas de radio de música electrónica foron as que potenciaron a cultura do house aquí en Galicia. Para os amantes da música electrónica, que pode haber mais entretido que unha emisora dedicada a isto? Ademais é unha forma de que a xente se adiante a escoitar os temas antes que nas discotecas.
Que diferenzas existen entre picar nunha gran sala e nunha sala pequena? Poñamos como exemplo as túas dúas residencias, LaFábrica en Redondela e Nglobe Playa Club en Vigo.
Pois en LaFábrica xa son 7 anos como residente, xa é como "a miña casa".
É a comodidade de estar sempre en contacto con esa xente que vén a escoitar a túa música e creo que iso é o mais gratificante que lle pode pasar a un deejay.
E en canto á miña residencia na sala V.I.P. Nglobe Playa Club creo que é un paso moi grande xa que é un dos locais referente de house en Galicia. Gozo a responsabilidade de ter que facer o Warm Up a deejays de
o talle de DJ BOTZ & FLYDRUMS. Ademais cada sesión é un constante torrente de emocións xa que teñen un xeito especial de tratar o house.
Que soportes prefires para picar: CD, vinilo ou mp3?
Para min o mellor son uns PIONEER CDJ xa que tes a opción de poñer en modo "VINYL" e tes o tacto dun prato, é o que se encontra nas cabinas de case todos os clubs hoxe en día.
Que supón para ti a actuación e o evento que se levará a cabo no IFEVI o 1 de agosto, o Nglobe Festival?
Hai uns meses nin soñaba con poder participar nun evento destas características, xa que supón compartir cartel cos mellores deejays e produtores do momento.
Na miña traxectoria como deejay isto é un punto e á parte, é co que soñas cando empezas e cre que me vai servir para aprender dos grandes. Ademais vou retransmitir o festival en directo dende as 18.00 h. da tarde a través de LocaFM, así que non vou parar.
Como te sentes de cara a esa data?
Pois a verdade é que pensei estar máis nervioso, pero xa teño todo listo e estou con moitas ganas de que chegue.
Que tipo de sesión ofrecerás?
Pois unha sesión contundente e con moitas melodías. Non van faltar os "mashups" que me encanta metelos nas miñas sesións.
Poderemos ver posteriormente un novo Rodri Vegas?
Eu creo que ao pasar este festival estarei con máis ganas de facer cousas e seguramente anímeme a producir, é algo que sempre me chamou.
Algo que dicir á xente e aos lectores de galizaelectronica.com
Pois agradecer á miña noiva Cris que me apoia en todo o que fago, a Olga polas fotos e a toda a xente que confiou en min. Tamén un saúdo a toda a xente de Galizaelectronica.com



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza