
Indiscutiblemente... e que Goro é sinónimo de progressive en todalas suas variantes.
Non se concibe unha cousa sen a outra. O oportunismo é un costume que odio especialmente, se tivera que pinchar outro estilo por cartos ou por moda, e non por convicción, deixaria a profesión e, a verdade, non sei que sería de min porque dende fai dez anos que só vivo de pinchar, e xa estou casi seguro que non sirvo pra outra cousa.
Caeríame a cara de vergoña se algún dos meus segudores pagase unha entrada pra escoitarme pinchar unha sesión de house, con todo o que o respeto como estilo musical, non así como moda.
Ó mesmo tempo dígoche que non podería pinchar techno por todo o respeto que lle teño os deejays e produtores que levan apostado por el case tanto tempo como levo eu apostando polo progressive e o dance en xeral.
Respecto a todolos meus amigos e colegas de profesión que cambiaron de estilo recentemente, tanto nas suas residencias como nos seus bolos, tanto por cartos como por moda, reservome a miña opinión.
Só che contarei, en relación cos que din que cambiaron por evolución, que eu xa pinchaba house, entre outras cousas, fai mais de dez anos, e que a miña evolucion foi o progressive, e que pouco a pouco, dende que pincho progressive, sigo evolucionando, creando un estilo propio, collendo e fusionando nunha mesma sesión o progressive có que mais me gosta do dance, do bumping, do harstyle e, mais recentemente, do jumpstyle; nada que baixe dos 140bpm.
Colaboraches co libro de Julius MC "Confesiones de un Disc-Jokey", que nos podes contar?
Foi unha das cousas mais grandes que me pasaron na vida, porque tiven a ocasión de mezclar as miñas 3 cousas favoritas (sen contar o sexo a comida e o wisky): a musica electronica, literatura e amigos.
Dende pequeno, un dos mais grandes vicios que teño é a novela. Tamén encántame escribir, xa dende a escola, no instituto gañara o premio provincial que Caixa Galicia facía cada ano pra escritores menores de dezaoito anos.
Da miña pasión pola musica electronica pouco mais teño que contar que non vos imaxinedes despois de 20 anos de carreira nas miñas costas.
E de Julios MC... pra quen aínda non o saiba, é un dos meus mellores amigos, e segue ocupando o podium dos meus tres deejays favoritos na historia, xunto a Frank Trax e DJ Neil.
Magoa que os tres xa non me poñan a carne de galiña nas suas sesións por culpa do seu estilo musica actual (voltando un pouco a anterior cuestión).
A ilusión que me fixo poder colaborar con Julios dende un principio nun proxecto como "CONFESIONES DE UN DJSC JOCKEY" non se pode escribir.
Tamén encargueime persoalmente das notas de prensa, e as presentacións do libro foron todo un éxito, pero ningunha como a da Coruña: o auditorio do FNC estaba completamente cheo, ata os topes.
Grazas dende aqui a todolos aque alí estabades e que esgotástedes o libro no día do seu lanzamento.
Penso que ainda quedan unhas 80 copias que se poden mercar a través da sua web http://www.juliusmc.com/... animádevos!!! ...sei de xente que nunca lera na sua vida e que xa van mais de duas veces que devoran este libro, e din que a segunda gustoulles mais ca primeira.
Crisis significa crisis, en xeral. Ningún sector sálvase dela, só aqueles que se alimetan das desgrazas axenas, como o sector armamentístico cando hai unha guerra.
O mundo da noite non é unha excepción. A xente non ten cartos no peto e o consumo de copas, que é do que viven estos locais, redúcense ata cotas que pasan xa dende fai tempo de alarmantes.
Só espero que os actos desesperados que sempre xenera unha crisis, mostrando o peor de cada persoa ou, neste caso, de cada empresario có afán de sobrevivir, non acabe destrozando zonas enteiras de marcha, nas que cada local loita pra facturar como sexa, intentado sacarlle os clientes o seu veciño se fai falla.
O tema do "botellón" deixámolo aparte.
Como pensas que esta a escena da música electrónica en xeral na Galiza?
Pois como en toda España... loitando por superar a crisis da "música en xeral" e adaptándose ós novos tempos...
Os artistas xa non pensan en sacar un vinilo, senon en vendelo seu tema en formato dixital a través de webs especializados, ainda que algún queda pelexando.
Destacar o impulso de productores como Ino, Satay, Darkrow, Oscar Lopez, Dani Veiga... entre outros, que están a facer que a nosa escea electrónica esté mellor posicionada que nunca.
Os cachés dos deejays que nos mantemos fieis ó noso estilo, seguen estables, preferindo, polo menos no meu caso, aceptala crisis e pinchar menos, xa que é menor a cantidade de xente que pode contraranos, en vez de baixar os pantalóns e pinchar en calqueira sitio por catro perras; mentres que os newcomers prostituense, ca clara convición de que o feito de que se escoite a sua sesión nunha festa é o que conta pensando que é o mellor pra acadar ser respetado, cando o resultado é precisamente o contrario.
Respecto ó estilo electrónico predominante nas salas comerciais actuais penso que, lamentablemente, o que menos ten en conta é a calidade musical e as melodías, e que as orquestas estean conseguindo desbancalo xa o demostra que non pode pasar nada peor...
Asi que a aguantar o chaparrón ca seguridade de que todo esto é o fin da crisis, que xa está durando dabondo, e que non tardará en chegar o "Alza", e que, efectivamente, en época de crisis o forte faise mais forte e o debil desaparece.
Cd, vinilo ou mp3 ?
As tres cousas.
Sería de retrógados empecinarse só no vinilo como soporte nos tempos que corren. Cada cousa ten o seu aquel, ainda que o mp3 devorará o cd por comodidade.
O vinilo si que non ten sustituto posible e sempre contará con defensores, que espero consigamos que non desapareza xamáis.
Que opinas sobre a licenza que esta sacando a SGAE para que os deejays poidan actuar?
Non estou ben informado de como vai acabalo conto, así que resérvome esta opinión.
Algun proxecto que teñas en mente e nos poidas contar...
Non... deixádeme ver como me saen estas tres novas residencias mensuais, e xa falaremos de novo o ano que ven.
A de pazos comeza o sabado 7, con duas sesións en novembro, o 21 tamén, pra reforzar unha discoteca á que aínda lle queda moita vida por diante e que aposta claramente pola xente que quere divertirse o sábado noite, desmarcandose do "cliché" de club que moita xente lle quere seguir dando.
En coliseo estarei o sabado 14. Será xa a 6ª vez que pinche este ano en Pontedeume e é moi posible que decembro veña con sorpresa. Destacar a incrible labor de Dj Wenry, que fixo que o progressive mantivese o seu status nesta zona que recomendo a todolos amantes do meu estilo musical.
E en Tubos, pois sempre emocionado por poder pinchar en Ordes, na que foi a miña cuna como Deejay, e agradecidisimo despois de tantos e tantos anos de apoio por parte da xente da zona. En novembro tocará enchelo de novo o sábado 28.
Onde podemos estar informados das tuas próximas datas?
En www.djgoro.com ...cubride a sección "anticipate" e asi teredes a info puntualmente no voso correo porque a axenda, as veces, a
poño a mes vencido.
Inda que as de novembro xa volas dixen na pregunta anterior, desta forma teredes aseguradas as datas de decembro xD!
Tamen dicirvos que teño Facebook "Goro Deejay", e Tuentis teño dous "Goro Deejay e "Deejay Goro". O que non teño e Maiespeis xD!
Algo que dicircille os lectores de Galizaelectronica.com?
Que moitas grazas se chegaron a ler o contido desta pregunta final e que parebens por ter claro onde enterarse de todolo que pasa
na nosa Galiza a nivel electrónico.
Graciñas tamén a vos por darlle un pouco de cabida ó progressive na vosa web e a min a oportunidade de que me coñezan os vosos lectores.
Vémonos nas boas festas !!!



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza