Entrevista Vito D'Santi
Escrito por Alberto   
Venres, 06 Novembro 2009 19:59

Entrevistamos a Vito D'Santi o deejay Portugues mais coñecido na Galiza e actual residente de Zoo Club.

 

Vito D'Santi


Que é para ti ser residente de Zoo Club ?

Son residente de Zoo Club dende fai 9 anos, ademais de traballar nun gan club e compartir cabina con grandes artistas, é formar parte dun gran proxecto cun gran equipo de persoas.


Que artista che influiu para seguir adiante no mundo da música...

 

Sigo adiante pola música. Porque gostame ver as persoas divertíndose bailando e desfruntado da boa música. Son moitos os artistas que me influen na música e de varios estilos, non me pecho só nun artista ou nun estilo.
Artistas como Stevie Wonder, Pink Floyd, Michael Jackson, James Brown, Masters at Work, Tony Humphres, Frankie Knunkles ... Laurent Garnier, Dubfire, Dj Vibe, Hernan Cattaneo, Danny Howells, Dennis Ferrer, Jerome Sydenham, Chus, Danny Tenáglia, Kraftwerk, Underworld, Jeff Mills, Ritchie Hawtin, Daft Punk hasta Booka Shade, Minilogue, Charles Webster, James Holden ...
 

Hai diferenza entre a escena da electrónica na Galiza e en Portugal?

Si, hai bastantes diferenzas na escena electrónica entre Galiza e Portugal, naturalmente... Empezando polos Clubs, con máis calidade e son e confort en Portugal, exceptuando Zoo en Galiza, claro...a música é tan variada en ambos, moi bos deejays en Galiza desde o minimal, tech ao Deep House, en Portugal tamén, somos máis, pro levamos máis tempo na escena. Na Galiza o público e fantástico, vibra moito coa música e divírtese máis que en Portugal, hai que mellorar os clubs... sento un gran crecemento da electrónica en Galiza nestos últimos 5 anos.
 

Vito D'SantiO tema de Sunrise que sacaches este verán, podería dar lugar a un álbum de Vito D'Santi?

LOL, estoi traballando cada vez máis en producións de novos temas e colaboracións con outros artistas, quizá un álbum de temas meus algun día, "sunrise" pode ser a luz dun novo día... :)


Que usas para producir?

Uso esencialmente teclado midi e ordenador con varios sofwares, como o LIVE, LOGIC, editores de audio, plugins (agora estou loco cos de Native Instruments)...
 

Como se poden conseguir os teus temas?

Están dispoñíbels no meu myspace, facebook ou SoundCloud, aínda non teño discográfica para editalos !!


Cd, mp3 ou vinilo...

No pasado vinilo, no presente cd e no futuro mp3.
 

Como ves a escena de club actualmente?

Ha evolucionado bastante nos últimos 10 anos, pero agora a vexo estancada, estamos nunha época de transición... hai que mellorar moito a calidade e confort dos clubs, non invertir en artistas que cobran unha barbaridade de diñeiro sin calidade musical e apostar en formación dos novos talentos de djs residentes. Re-crear a escena cunha actidade máis clubbing e non djiing...
 

Que lle dirias a unha persoa que quere iniciarse neste mundo?

Primeiro: que  lle guste moito a música
Segundo: que siga o seu instinto e non se deixe levar polas tendencias, o público e o mais importante.
Terceiro: que se prepare para sufrir e traballar bastante
 

Onde podemos saber máis de ti ?

En myspace.com/vitodsanti ; facebook.com/vitodsanti ; soundcloud.com/vitodsanti ; vitodsanti.blogspot.com

 
Algo que dicirlle os lectores de Galizaelectronica.com?
Noraboa por ter un portal completo e veraz.
Saudos a todos os lectores e vémonos... on the dancefloor!

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy