Entrevista a Fabián Vázquez
Escrito por Alberto   
Luns, 08 Setembro 2008 14:04

Entrevista a Fabián Vázquez, que foi residente en prestixiosas discotecas como: Queen, Leshotum, Anubis, Clip...

¿Cal foi a razón pola que te metiches no mundo da música electrónica?

Principalmente por paixón. Intereseime en como se facían os megamixes, as mesturas, o mundo das discotecas e tamén encantábame ver bailar ó público. Tiven a sorte de comezar con 15 anos e o 25 de Xullo deste ano cumprirei 21 anos. Como comprenderedes, as cousas antes eran moi distintas en tódolos aspectos.


¿Que tipo de música podemos escoitar nunha sesión túa?

Sempre pinchei de todo. Tendo en conta a sala, o público, o momento. Miña predilección é o house e o dance. Pero adáptome a todalas situacións porque en Galicia, non podemos pinchar o que nos apetece en tódalas discotecas. Do que se trata, é de que a xente baile e o pase ben. Ese é o principal obxectivo. En calquera caso, sempre pensei que en 5 ou 6 horas de sesión, tódolos estilos poden convivir e así todos poden estar contentos.

¿É o mp3 un serio rival cara o cd e o vinilo?

Si, sen dúbida. O cd o foi para o vinilo e agora o mp3 para o cd. Especialmente por comodidade, xa que o mp3 pode ter unha calidade moi aceptable e cun portátil, un pequeno maletín e incluso un pendrive, podes levar miles de cancións.

¿Que che gusta mais, ser Dj, produtor, ou locutor?

Bueno, cada cousa é para o que é. Ser Dj, é o que mais me chea. Cada noite ou tarde pode ser algo especial e vives moitos momentos, moitísimos de eles moi especiais.

Realicei remesturas e megamixes, pero non puiden compoñer miña propia música. É precisamente agora cando dou ese paso e estoume preparando para dar ese salto a niveis mais profesionais. Pero aínda me quedan moitas horas que adicar e moitas prácticas. Pero espero que nos próximos meses poida sacar un tema meu propio.

A radio, tamén é fantástica. Como todo, require traballo, disciplina, práctica e tempo, que desgraciadamente, non dispoño del. Gustaríame facer mais cousas e profesionalizarme, pero.... non podo con todo.

¿Cal é o Dj ou produtor que máis che influíu?

Gustáronme moitos. Se tivera que destacar a alguén especial diría que Raul Orellana. Del destacaría o gusto musical e pola mestura, tendo en conta que falamos de fai moitos anos, que non había o que hai agora. Pero aprendín cousas de moitos Djs, dende os mais profesionais ata os mais mozos.

¿O Megamix esta morto...?

Pois mentres exista un Dj que os siga facendo, non morrerán, pero cada vez hai menos e os que se fan soen ser por gusto persoal e para satisfacción propia. O problema é que ós mozos non lles entusiasma demasiado. É una pena, porque é un esforzo de moitísimas horas.

Non fai moito,creaches unha emisora por internet, pero por problemas de tempo tiveches que deixala ¿Tiverache gustado seguir con ela?

Cando métome nun proxecto gústame facelo ben. Fíxeno a cegas e atopeime con que depender doutras persoas gratis, no é unha boa idea. Se non podes atendelo, non podes confiar en ninguén. E non chega con ter unha persoa de confianza. Precísase un equipo. É moi complicado.

¿De que sala gardas mellores recordos?

A verdade é que gardo excelentes recordos de case todas. Cada sala, cada zona, é un mundo. Cada unha é especial.

¿Dende a túa experiencia profesional, como Dj e locutor de radio, como cres que está a escena actual da música electrónica en Galiza?

Creo que sempre houbo un excelente nivel de Djs en Galicia. E os mais mozos veñen apretando forte. E xa comeza a existir a produción propia de forma normalizada en Galicia. Ademais, en Galicia conviven diferentes estilos de música electrónica.

¿Onde podemos atoparte, e saber máis de ti?

Neste momento non teño residencia fixa e se queredes saber mais de min, podedes facelo na miña web www.djfabi.com, aínda que agora mesmo vai a sufrir unha importante revisión e cambios. Incluído o dominio.

¿O cambio de dominio é referido ó cambio no teu nombe como Dj? ¿A que se debe este cambio?

É moi simple. Antes non nos chamábamos de ningunha maneira. Coa moda de poñernos nome, sen pensar demasiado optei por un diminutivo, xa que tódolos meus amigos chámanme Fabi. Pero xa con 35 anos e con obxectivos mais profesionais, pois considerei que, optar polo meu verdadeiro nome, aporta mais seriedade.

¿Algo que dicirlle aos lectores de galizaelectronica.com?

Pois espero que esta nova iniciativa pola que vos felicito, lles sirva a moitos mozos para coñocer un pouco mais este marabilloso mundo da música electrónica. Tamén axudará a achegar ao público en xeral. Deséxovos moita sorte e o meu agradecemento por incluírme en Galizaelectronica.

 

 

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy