Hoxe entrevistamos a David Flashback.
¿Por que Flashback?
Pola sinxela razón de que tiña unha tenda de roupa e música con ese nome, por iso me puxen David Flashback, xa que David hai moitos.
A túa residencia actualmente é Octopus, como ves o futuro da sala?
Ese tema está un pouco delicado, o tempo dirá se segue adiante o proxecto ou no.
¿Que podemos encontrar nas túas sessions?
Ritmos trivales, funk e fusionado con hardtechno.
¿Como sentes ó público cando estas pinchando?
É unha sensación que non se pode explicar, aínda que te sentes contento polo que estás facendo, hai xente que se pasa horas sen parar de bailar. Non sei, é unha sensación moi bonita.
¿Vas moito a Portugal a pinchar?
No que vai de 2008 aínda non tiven ningunha data, aínda que teño varias por pechar, que en breve supoño podrei publicar. Pero non me podo queixar, xa que no 2007 visiteino máis de 14 veces en todo o ano.
Tendo en conta, que en Portugal fan mais raves que en Galiza ¿hai diferencia entre o publico portugués e o galego?
Pois había máis antes que agora. Agora é similir, pouca diferenza hai, só no estilo de baile ;)
Normalmente preguntase sobre o Vinilo ou cd, pero nós queremos preguntar tamén sobre o mp3, xa que cada vez son mais os djs que usan o portátil para pinchar ¿Vinilo, cd ou mp3?
Eu pincho con CD’s e con vinilos, portátiles non quero máis, a verdade, sempre poden deixarte tirado.
¿Que opinas sobre as descargas de música en Internet?
Paréceme ben, ademais agora hai unhas páxinas web moi boas con música moi actual, por non máis de 2.99 € por track. Tales como: beatport, trackitdown, juno ,etc,etc
¿Lígase mais estando na cabina ou na pista?
Pois non o sei a verdade, só que eu sempre fun un tío que non me gustou aproveitarme da miña situación se algunha vez a tiven, e que os demais o fagan tamén me molesta un pouquiño, sexas o que sexas non deixas de ser unha persoa normal e corrente.
¿Onde podemos encontrar máis información túa, e saber onde vas a pinchar?
Pois na miña páxina web : www.davidflashback.com ou en myspace : www.myspace.com/djdavidflashback.com
¿ Algo que dicirlle aos lectores de galizaelectronica.com?
Agardo que pasarades un ratiño entretido lendo esta entrevista, e nada, que entre todos temos que apoiar novos proxectos, máis se son da nosa terra.
Grazas e un saúdo moi grande a tod@s






Meneame
Chuza