Nongratos é un dúo dunha fusión electrónica-pop e hip-hop formado por Nalia de 20 anos e Gofresh de 23, ambos de Ferrol pero que actualmente residen en Vigo.

Nongratos... porque ese nome?
Realmente creemos que se amolda bastante a nós. Somos un pouco inquietos e sempre estamos intentando misturar estilos e innovar, iso a veces nos fai ser un pouco "nongratos" para certos puristas jajaja.
Como vos coñecéstedes ?
Coñecíimonos por uns amigos en común fai xa case 6 anos, fomos descubrindo cousas o un do outro e dímonos de conta que nos movian as mesmas inquietudes e os mesmos gustos, e por iso xurdiu o grupo.
Quen escribe as letras das cancións?As letras son cousa de Nalia, ela escribe e compón as melodias principales, digamos que pon a materia prima. Gofresh recolle esa materia e dalle forma a cada canción.
Misturades electrónica e pop ademais de hip-hop, como definiriades o voso estilo?
Non hai un estilo que poda definir o traballo completo. Misturamos estilos distintos dende o son do electro frances e o dubstep, ata o sonido da new wave, sen olvidar que nós bebemos do hip-hop e da sua cultura que tamén estan presentes na nosa maneira.
Podedes contarnos algo das vosas actuacións en directo...
Nas nosas actuacións o noso principal obxetivo é facer pasar a xente un momento ameno. Persoalmente preferimos un concerto no que a xente estea bailando e relacionandose entre eles coa nosa musica que coa mirada fixa no escenario.
O último traballo que sacastedes é LA CIUDAD ESTA MUERTA, que nos podedes contar ?
Creemos que define perfectamente noso último ano de vida, sobre todo o cambio de Ferrol a Vigo, unha cidade mais grande trae consigo nova xente e mais independencia, en definitiva, un cambio de aires. Creemos que por iso tamén veu da man unha evolución do noso estilo, e queriamos transmitir esa frescura.
As vosas letras estan todas en castelán, para cando algún tema en galego?
O principal motivo de facer o traballo en castelán e para chegar o maximo publico posible, non só en España senon tamén en Sudamérica, de feito, se souveramos ingles, a maior parte do traballo seria en inglés jajaja
Como credes que esta a escena galega para grupos novos?
A nivel musical a escena galega non ten nada que envidiar a ningunha outra, realmente hai moitos e moi bos artistas. O problema nace no soporte, casi non hai asociacións, os locales non soen apostar por artistas galegos, escasean as promotoras e non hai un selo discografico referente en Galicia. Os músicos tendrianse que adicar só a musica e diariamente vense obrigados a autopromocionarse. É por iso que moitas bandas emigran a Madrid ou Barcelona.
+info: http://www.nongratos.com/
Descargar último traballo: http://www.galizaelectronica.com/web/seccions/descargas/499-nongratos-anuncian-o-seu-primeiro-album






Meneame
Chuza