Entrevistamos a Alex de Colectivo Oruga, un grupo de electrónica independente de Ponteareas que levan facendo música dende o 2006.

Que é Colectivo Oruga e cando nace ?
É un lugar común para Iago, Cuco e máis para mín.
É o noso xoguete, ou xogo... ou praza, onde nos reunimos para crear e a onde invitamos a outros amigos a vir en ocasións. De aí que a nosa proposta non sexa algo unidireccional.
Utilizamos diferentes linguaxes (musical, visual...), facemos cancións, remezclas ou música para poetas... temos moita liberdade e moita cintura estética ainda que neste novo traballo presentamos un disco moi conceptual en canto á liña sonora.
Comezamos hai catro anos, a raiz de compartir traballos en solitario entre Iago e máis eu para integralos en traballos visuais de Cuco, o Vj do colectivo. A partir de aí xurdiu a idea de compoñer para un directo e saiu un disco, moi precoz, que non tardou en publicarse máis dun ano dende que comezamos a crear para el.
Coa presentación do primeiro traballo de colectivo estivemos en máis de 50 concertos por Galiza e Portugal.
Cando sacades o voso primeiro tema ?
O primeiro tema foi un traballo para a televisión, un proxecto televisivo que non se levou a cabo ao final, e que si integramos no noso directo.
En cantao a gravacións, en 2006 fixemos algunha previo-maqueta pero a nivel familiar, digamos. Foi en 2007 cando editamos o "Ricos mdernos", 8 temas moi electrónicos que son os que sonaron nos nosos concertos pasados.
Agora continuamos pero cun sonido moi renovado.
Como definiriades o voso estilo musical ?
Electrónico-alternativo, algo así... (concreto pero difícil de dicir)
Tendes algún grupo ou artista en especial polo que vos guiastes ?
Algún non, moitos, moitos grupos e moitos directos tamén. Pero só como compañeiros de viaxe nos últimos anos,e como influencia máis que como referencia, MGMT, The Rapture, LCD Sound System, Simian Mobile Disco, Tiga...
Tendo en conta que o traballo que facedes, que é bastante innovador por estes lares... Cando facedes un concerto como responde a xente?
Todo depende moito do local e a onda na que se mova a xente do lugar onde tocamos. Galiza non programa moitos directos de música electrónica, en canto a bandas como a nosa, e ten máis peso outro tipo de música.
A resposta do público é bastante enérxica a miúdo ao presentar un directo cuns temas que non deixan de convidar ao baile, logo xa depende do día e a festa que a xente queira ter. Nós disfrutamos dende o escenario e sabemos que os próximos directos van ser unha festa moi intensa en canto aos temas do novo disco e ao concepto de directo que temos traballado para o próximo ano.
Estades nalgunha discográfica ou netlabel ?
Agora mesmo estamos traballando dende a nosa propia produtora,Quadra Producións, para, dende esa independencia, poder ofrecer a nosa música a selos que se interesen sobre un disco producido e unha xira programada.
Que nos podedes dicir do último EP que acabades de sacar?
Que é unha mostra intensa e directa da etapa nova do colectivo, da nosa actitude, do noso momento persoal e musical, e que a forza que se transmite nos tres temas do "Not only 3 singles", é o que queríamos sacar afora e compartir en forma de cancións. Digo que é unha mostra porque estamos a piques de entrar en estudio e en breve, para finais de febreiro sairá o que será o noso 2º traballo, e completará o que abrimos con estes tres temas. Polo de agora tiveron unha acollida moi boa, sendo seleccionados en menos dun mes como finalistas no concurso de Vodafone e Myspace, "Ones to Watch".
Como pensades que está o panorama actual musical na Galiza?
Moi cambiado respecto a hai 3 ou 4 anos.
Este pasado ano desconectamos do panorama e collimos forzas para este novo traballo, e agora que voltamos a preparar a nosa viaxe parece que non hai tanto interese no emerxente, nas novas propostas, nas que poden aportar algo novo, novas influencias.
En canto a os efectos da Rede Galega de Musica Ao vivo, a relación cos locais parece ter outra dimensión diferente á anterior, cos seus beneficios e perxuícios.
En canto a propostas, nós integramos dalgún xeito a Portugal en Galiza para atopar proxectos interesantes e concertos enormes.
Dende logo noutros estilos hai bandas tan boas como Fanny e Alexander, 6 P.M., Nadadora, TAB, The Blows, e moitos que non fai falla máis que moverse por medios coma o voso para descubrir, habería que adicarlle máis tempo a prensa especializada na música galega en internet, axuda a aproveitar moito os directos que temos cerca.
Algo que dicirlle os lectores de Galizaelectronica.com?
Que tedes unha gran sorte de dispoñer dun medio de difusión da música que vos gusta e nos gusta, e que sigades gastando galizaelectonica para que os músicos podamos chegar a vos dun xeito directo e próximo, e que de ler estas cousas pasedes a escoitalas e logo a achegarvos a algunha festa das que montamos nos directos.
Poderedes vernos a partir de febreiro en Santiago DC, en A Coruña e Vigo, antes de saír a Portugal de xira con WHY GO!. Esperamos que disfrutedes da descarga que vos ofrecemos e que vos movan os pés os nosos novos temas.
Saúdos
Fotos: R.Antela



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza