Klez, facendo electronica dende Vigo.
¿Cando empezaches a producir, e por que?
Empecei a producir no ano 1995, cando meu pai mercou un ordenador. daquela mercaba revistas de videoxogos que
traian Mods (ficheiros de musica e dicir, samples dixitais) eu pensaba que si tivera a oportunidade de compñer
algo seguro que ían ser mellor que moitos destes mods, así que empecei a utilizar o scream traker, e así foi como empezou.
¿Nunca enviaches un tema a unha discográfica?
Non, nunca. Si a algúns concursos con diferente sorte. Pero a discográficas "grandes/coñecidas" non, eles soamente dan
un portcentaxe que ronda o 10% de beneficios como máximo. A idea é ter un selo propio para xestionar todo, pero iso é
máis complicado. Mediante internet pódome dar a coñecer sen pasar por unha discográfica.
¿Produtor ou deejay?
Isto é un tema que me chea de rabia. Eu son o produtor-compositor de moitos temas pero o que pon os temas na discoteca
e se leva tódolos eloxios é o DJ e isto deixa os produtores na sombra. Eu sempre dicía que se fose dj soamente me
sentiría coma un embusteiro levando méritos por coller discos de outras persoas e poñelos nun local pulsando un botón
de play. Por iso me fixen compositor, e como no meu estudio fago todo o proceso de máster e mestura pois tamén eu mesmo
son o meu produtor. entendese que eu son o compositor e produtor dos meus temas (do parágrafo anterior)non sempre son a
mesma persoa
¿Pero non habiamos quedado en que a electrónica era un magma que non se podía conceptualizar como obra cerrada e finita,
por que é tan importante enton a súa autoria?
Para contestar fago referencia á segunda pregunta, coido que é importante a autoría das producións, porque sempre se
levan os méritos os Djs, e xente que mesmamente fala de selos, e non de persoas cando comentan discos e sons. ¿Onde
quedan as persoas que fixeron todo o traballo? parece que por sorte isto está cambiando
¿Cales foron os artistas que che influíron máis?
Commander Tom polo 95 e 96 cos temas do disco "Dark Side of de Noom" destacando deles "Are am eye".... tamén...
Danny tennaglia co tema de "Elements" ... Tamén os temas de techno house que facía por aquel entón Jeff mills coma
por exemplo "The Bells"... Ou o incrible tema de Roughage 5 "Scanned State"
Tamén escoitaba Prodigy, como moi bo exemplo de electrónica que non é techno nin house, o disco de The fat of the
land foi dos mellores deles.
¿Como ves a evolución da informática no mundo da música electronica?
Pois é parte fundamental en case tódolos estilos. A xente non se da conta que toda a música pasa por ordenadores de
forma dixital. A informática desprazou completamente ó hardware musical. En pc temos os samples en alta calidade que
soan IGUAL e plugins que emulan o son dos sintes hardware. Isto tamén significou a morte do sampler hardware agás nalgunhas
mesas de mesturas, para directo soamente.
¿É internet o futuro da música?
Pode ser... o exemplo de ITUNES para min é fundamental. O problema de hoxe en día é a crise do formato. O mellor é mercar a
"canción boa" do cd, pagando soamente por esta en formato dixital, para ter no pc e máis no MP3portátil. A ver se así
rematamos cos CDs coa canción do anuncio e o recheo de música de 3º clase para tratar de vender
un cd enteiro. O problema da venda dixital é o DRM, a protección de copia, que vai ser un tema polémico... a ver como
remata todo isto...
¿Porque crees que a xente cataloga a musica electrónica como "punchpunch" cando hai un montón de estilos, tan diferentes
entre si como o trance e o hardcore?
Pois por varias cousas, unha delas é que nin sequera saben que tamén o lounge o chillout é música electrónica. Tampouco
teñen o oído afinado para darse conta que aparte da percusión do House ("punchpunch") ten moitísimos máis sons, se non
canta ninguén non é razón para dicir que non é musica. Tamén é certo que hai temas que soamente teñen un bombo esaxerado e
nada máis, pero na diversidade está a opción. Tamén a xente que di istas barbaridades soe escoitar música moi sinxela,
tecnicamente, con poucos instrumentos, pouca velocidade e voces sinxelas de tararear na ducha. A música electrónica é mais
complexa e require algo de práctica entender todo o seu potencial.
¿Que pensas do canon?
O canon en España é terriblemente inxusto e de cantidades desproporcionadas que teñen que pagar moitos usuarios inocentes
axenos á piratería. É verdade que a piratería hoxe en día fai moito dano á musica, pero tamén hai que ter en conta a crise
do formato (vexase pregunta de internet). En españa é curioso ver como é legal descargar calquera cousa con copyright sen
que pase nada pero TODOS temos que pagar canon por moitísimas cousas. Deberían facer ó revés, loitar contra as descargas
pero quitar este "imposto revolucionario".
¿Tes algún proxecto novo?
Si, teño rematado un tema de House que titulei "Save net radio.org" que publicarei nos vindeiros días. Puxen este nome
porque leva samples de voz que gravei da campaña contra os novos royalties que queren poñerlle ás radios online, o que
faría insostible a continuación da maioría delas.
¿Onde podemos encontrar máis información túa?
Na miña páxina web (en castelán) http://www.KlezStyle.com teño unha sección cos temas que vou publicando, outra con fotos
dos meus viaxes e tamén unha coa historia de como comecei con todo isto. Recentemente reescribín todo o código da web e
agora se pode ver ben con tódolos navegadores, aínda que recomendo o Firefox.
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
¿Algo que dicirlle aos lectores de galizaelectronica.com?
Que apoien sempre ós compositores da música que máis lles guste e que visiten frecuentemente esta web para novas
actualizacións ou de temas de produtores galegos que queren publicar contidos novos sen pasar polas di$cográfica$.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza