Entrevista a Dj Charlie, prestixioso dj e locutor de italodance.
¿Que é para ti a radio?
A radio o é todo, é o meu traballo e tamén a miña vida, xunto coas cabinas das discotecas. O que traballou na radio sentiría a experiencia de comunicar, de saber que hai moita xente ao outro lado escoitando, e a responsabilidade que iso supón.
Ademais, o poder facer a radio que me gusta, ademais de aportarche felicidade, apórtache experiencia e traballar en algo que te apaixona (hoxe en día encontrar un traballo que guste é realmente difícil). Oxalá a radio non acabe nunca… e agora que chega a “era dixital” teremos máis opcións de escoitala. Xa sabedes!
¿Como ves a música dance en Galiza?
Se te refires á “música de baile” en xeral, seguimos por detrás do resto de España, e por suposto, de Europa. Moita xente (outra non, por suposto) non se molesta en coñecer cousas novas, confórmase con bailar o que soa na tele ou na radio, e iso non é suficiente. Se falamos de italodance, temos sorte de vivir en Galicia, posto que, con Cataluña, son as únicas comunidades nas que segue soando, e o que é máis importante, gustando (pese a quen lle pese).
¿Cres que se fan suficientes festivais de música dance en Galiza?
É difícil contestar esta pregunta porque é mellor calidade que cantidade. O mellor festival de Galicia en canto a montaxe, xente e cartel soe ser “O son da muralla” en Salvaterra do Miño (Pontevedra), que está creando adeptos ano tras ano. Cada vez se ten máis en conta aos DJs, e se lles “incorpora” ás festas “tradicionais”, pero creo que iso non é suficiente.
¿Que foi do megamix?
Gran pregunta! A verdade é que me declaro un fan incondicional do Megamix, e é unha pena que desaparecera. Coñezo a un dos mestres dese “millón de misturas” como é Toni Peret, e el mesmo me dixo que a xente hoxe xa non valora como debería un megamix. Ademais, hoxe a industria discográfica non está nos seus mellores momentos, e é máis fácil editar un disco con 20 cancións, que invertir o tempo en facer un megamix que pasará desapercibido. Unha pena.
¿Con que deejay gustaríache compartir cabina?
Sen dúbida, e é un dos poucos que me faltan, con Gigi D’Agostino. Sería algo “persoal”, xa que tamén me declaro fan deste gran produtor e DJ, aínda que con personalidade algo “reservada”.
¿Pensas que pasou a idade de ouro do Italodance?
Como todo, a música móvese por modas. Agora o que todo o mundo apoia, o “cool” é o house, así como nos 90 e principios dos 2000 era o italodance. Confío en que volva, sobre todo porque cada fin de semana vexo a moita xente desfrutando do “Italian style”.
¿Tes algún novo proxecto en mente?
Sí, claro. Sempre estou pensando cousas novas, aínda que o máis inmediato é cambiar o formato do meu programa de radio en Loca FM “Italian style”, e tamén algo relacionado coa produción (propia).
¿Hai suficiente inversión por parte da industria musical no mundo da música Dance ?
Cada vez máis, aínda que non é suficiente. Hoxe en día hai DJs que están considerados (merecidamente ou non) como calquera cantante de rock, ou como calquera grupo de moda, pero os que poñen a pasta aínda non o ven “viable” (en Galicia) .
¿Onde se vive con mais intensidade o dance en Galiza?
Pregunta difícil… porque xa pinchei nas catro provincias, e en todas bailan dance, aínda que se tivera que quedarme con unha, quedaríame coa Coruña, e en Lesothum, discoteca onde son residente.
¿Que opinas das descargas de música por internet?
É fácil: ILEGAIS NON, legais si.
¿Onde podemos encontrar máis información túa, e saber onde vas a pinchar?
Pois en Loca FM cada día, especialmente os sábados de 16 a 18h no “Italian style”, o meu programa “persoal” onde so falo de italodance. Ademais, actualizo case a diario a miña páxina web www.djcharlie.es , ou no myspace www.myspace.com/djcharlieitalian
¿Algo que dicirlle aos lectores de Galizaelectronica.com?
Seguide apoiando ao dance, ao house, ao trance, ao progressive, a todo tipo de música que sexa do seu agrado, porque será a única maneira de que siga existindo.
Por suposto, darvos as grazas por seguir bailando, e por seguir apoiando o italodance. Abrazos a todos.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza