Entrevista a Jesus Del Campo, uns dos pioneiros na música techno en Galiza.
Cando comezaches a pinchar techno en Galiza aínda non era moi popular.¿Que diferencia ves dende entón ata agora na escena do techno?
Cando comecei a pinchar techno en Galicia, non é que non fora popular, se non que nin tan sequera se escoitaba nada de techno, por iso custoume tanto traballo introducilo en clubes e que os donos confiasen nos meus gustos, ideas ou espectativas.
A diferenza é obvia, antes non había discotecas de música electrónica, polo que si había xente con estes gustos tampouco tiñan oportunidade de concentrase ou amosarse e gozar de ese estilo, e agora grazas a esa loita, o techno e o resto de estilos de música electrónica aqui en Galicia, xa forma parte dun estilo mais da música, houbo e hai moitos mais clubes, e por suposto xente que a sigue e lle gusta grazas a ese paso e evolución dende que comecei con elo naquel tempo, que se mal non recordo foi sobre o ano 90 cando xa comezaba a meter de forma moi sutil :), algunha cousa deste estilo nas miñas sesións en discotecas onde pinchaba estilos de música disco, xa que se non fose sutilmente, era bastante difícil. Algúns dos primeiros clubes foron Boe en Vigo, Vanitas en Nigrán, Atmosfera 0, Zoo en Sanxenxo onde estiven 3 anos e logo xa o salto ó que sería o boom, a oportunidade principal e pódese dicir que o resultado da constancia, OXIDO.
¿Que foi para ti Oxido?
Creo que a resposta a esta pregunta, é mais ben xeral e non persoal, xa que despois do vivido, sentido, escoitado e falado coa xente que tivo a oportunidade de vivilo, creo que os sentimentos, a opinión e o recordo é común entre as miles de persoas entre as que por suposto me incluio, pisaron ese chamado, "Templo da música".
Oxido foi realmente a primeira aposta total para eu demostrar todo polo que loitei, foi un club creado, adicado, e volcado cara o meu traballo como Dj de techno, e unicamente para ver se realmente as miñas intencións e ideas eran acertadas. Creo que o feito de ser a primeira discoteca en Galicia adicada ó techno, que traballou durante 5 anos con miles de persoas que viñan de toda Galicia, Portugal e resto de España, creo que resume só un pouco a gran importancia y repercusión que tivo en toda Galicia, xa que algúns centos de seguidores que creei anteriormente a esa etapa, convertíronse case instantaneamente en miles e a creación de novos clubes, afters, Dj's etc polo resto da rexión galega, sen esquecer os novos camiños que abriu na miña carreira.
Aínda a dia de hoxe, despois de todos estes anos, non hai noite sexa onde sexa, que non se achegue alguén a falarme de Oxido de forma incrible, e iso é unha satisfacción realmente bestial.
Os adxectivos para describir Oxido en xeral, serán sempre poucos, pero eu déixovos 3:
- Inesquecible
- Único
- Irrepetible
¿Habrá un novo technolandia este ano?
Sí claro, é un festival que se leva facendo 10 anos en Portugal, xuntando a miles de persoas e é case un icono da música techno no país veciño. Eu tiven o pracer de ser o encargado de seleccionar e mesturar 4 cds que foron os oficiais do festival e que podedes escoitar no aparato de música da miña web.
Cada vez son máis os deejays que cambian o seu estilo de sempre, polo minimal, ou elektro.... ¿Pensaches algunha vez en pinchar outro estilo?
NON, nunca se me pasou nin pola imaxinación a pesar de que a nivel profesional, agora mesmo teñas mais oportunidades para expandir mais zonas o teu traballo como Dj, xa que en Europa e incluso Estados Unidos hai moita mais oferta de clubes de minimal que calquera outro estilo, pero eu sigo cos meus estilos de techno e eventualmente house, porque son os estilos que realmente me enchen. Son unha persoa que me considero que sinto moito o que fago, miña música e o contacto co público, e para iso é indispensabel que o teu estilo ou a túa música te faga sentir, asi que por sorte ou por desgraza, non atopei esas sensacións noutros estilos que non sexan estes dous.
Non é por facer publicidade, pero.. ¿Cal é a mesa que prefires?
Non teño nigunha preferida, pero o que mais utilizo nos sitios onde traballo e que estou a gusto con elas, son a Pioneer 800 y la Allen&Heath.
¿Como se vive o techno en Portugal?
Vívese intensamente como creo que en calquera sitio onde a xente vai a disfrutar, cambiou un pouco o ambiente nestes anos como ocorreu noutros sitios, pero a xente que sae, séguese entregando totalmente, e disfrutando do que vai a escoitar. A verdade xa pasaron 13 anos dende a primeira vez que pinchei alí, e sego traballando practicamente todas as semanas e co mesmo recibimento e entrega da xente ó igual que en España así que todo o que poida dicir, por suposto que é excelente en tódolos aspectos e de tódolos sitios e clubes ós que vou.
¿Como introduces o house nas túas sesións techno?
Normalmente non o introduzo en calquera sesión de techno porque seria moi complicado, o que si fixen e fago en ocasións se o evento ou festa o require, é facer sesións un pouco mais largas para comezar con house e ir subindo ata o techno. Comecei a facelo en Portugal fai varios anos en Rock´s en O Porto con sesións de varias horas ou por exemplo en Pacha de Portugal, tiña unhas noites que se chamaban "HOUSE TO TECHNO" e é o que facía ó largo de 4 ou 5 horas. Agora normalmente a parte diso, hai eventos nos que ó principio hai sesións de house e logo entro eu, asi que para non facer un cambio radical de estilo na pista , fago coma se fose unha transición progresiva.
E a parte desas situacións, tamén teño sesións unicamente de house como fago por exemplo dende fai varios anos nun club de Vigo que se chama "EL MANCO".
¿Cres que a industria da música esta a pasar por un bo momento?
É unha pregunta bastante complicada porque a industria abarca varios puntos. Se te refires á aparición de novas tecnoloxías e formatos referentes ó mercado, creo que tivo un grandisimo baixón e agora grazas ás normativas sobre a piratería nas propias cabinas, creo que as editoras están intentando recuperase ca venta en formatos que sen unha factura, considerase ilegal.
Se te refires á industria a nivel movemento xeneralizado da música electrónica que respecta a Djs, eventos, producións etc, non o vexo mal, o único que vexo que cambiou bastante, é a cantidade de xente que saía fai anos e a que sae agora que é moito menor, pero iso creo que xa é un motivo económico axudado as veces de unha saturación de eventos nas zonas e algúns pequenos puntos mais que fan un conxunto motivos que provocan eses cambios.
¿Onde podemos atopar máis información túa, e saber onde vas a pinchar?
Tedes a miña páxina web onde atoparedes Bio, datas, álbums de fotos de festas nas que estou, vídeos,sesións, un chat para falar comigo directamente ou con outras persoas que se conectan, meu email, un foro, prensa, Links etc. www.jesusdelcampo.com
E a parte teño un myspace: www.myspace.com/jesusdelcampo
E un hi5: http://jesusdelcampo.hi5.com
¿Algo que dicirlle aos lectores de galizaelectronica.com?
Para os que seguiron o meu traballo, moitisimas grazas por acompañarme nestes 19 anos como Dj profesional, espero que gozarades e que sigades gozando disto como aínda o seguirei facendo eu cada noite.
Para todos en xeral, que non esquezades que isto é unha cultura da que se debe gozar ó máximo e defender, e non levar as críticas, as opinións ou comentarios a promotores, clubes, produtores, organizadores, Djs e público, como algo persoal, porque desa forma só se demostra unha gran ironía, e é que a propia xente que debería defender todo o relacionado con este mundo, é a mesma que a afunde con ese comportamento e determinadas críticas.
E a "GALIZAELECTRONICA" felicidades por esta iniciativa porque nunca son poucas. Foi un placer ser partícipe do principio da vosa aposta, e vos agradezo que contarades comigo. Espero que teñades un gran éxito.
Unha aperta para eles e un bico para elas.
Jesús del Campo



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza