Entrevistamos a Pablo Méndez creador de Pablo Méndez Compañía de Espectáculos que actúa non só a nivel galego se non tamén a nivel internacional realizando diferentes números de actuacións no mundo da noite.

Comenzaches con bailes rexionais e danza e agora adicaste o espectáculo no mundo da noite...
Pois eu son das Neves..un povo que hai entre Ponteareas, Salvaterra e Arbo..vivín alí toda a miña infancia ate os 18 anos...dende pequeniño miña nai levábame xa con 5 anos a bailar co grupo rexional que había alí que se chamaba “o chan dos casteliños...” despois disto o que no povo había era a banda de música e coma case tódolos rapaces do meu povo que é Rubios e de As Neves. Estiben tamén na banda de música tocando o saxofón...o cal me levou con tan só 14 anos entrar nunha orquestra, nas que estiven 7 anos tocando o saxo e bailando...pódese dicir que non lembro a primeira vez que me subín a un escenario..se non que forma parte da miña vida dende sempre...
Cando decides dar ese paso e montar Pablo Mendez Compañia de Espectáculos?
Ese paso xorde co paso do tempo...por circunstancias, non houbo un día no que decidise montar unha compañía..se non que despois de unhas cantas voltas a vida..nun momento dela..comecei a traballar de gogo en discotecas... polo ano 97+/- e empecei a maquillarme para ir a bailar os locais que me chamaban, e decateime que canto mais "maqueaba" os meus vestiarios mais choios me saían e mais empresarios me chamaban..entón pouco a pouco fun elaborando mais e mais todos aquelas vestimentas que levaba... alas,rabos de lagarto, cuspía fogo etc...etc... e funme facendo "sen querer" coñecido no mundo nocturno! ate o día de hoxe.
Foron duros os comezos?
Non... realmente sempre foi e segue sendo apaixonante..sempre gocei e me gustou facer isto... crear personaxes, decorar espazos..intentar dalgunha maneira sorprender as persoas que teño diante de min no momento que estou a facer o meu traballo... a miña paixón.... o meu mundo... evidentemente teño anécdotas de malos momentos, pero por circunstancias de sitios onde actuei aínda que os bos momentos superan con creces os malos... pero dende sempre pódese dicir que o pasei pipa... tanto creando como actuando como compartindo momentos coa xente que pasou pola miña compañía..todos eles grandes artistas e grandes persoas..coas que gocei "de lo lindo".
Estiveches no orgullo gay en Viena...
Si... foi unha viaxe espectacular... eh, un dos lugares mais bonitos nos que traballei e sobre todo un dos mais grandes..había 25 metros de altura, imaxina! Aí teño unha anécdota eh, e que facía tanta calor... que unha das artistas estaba pendura a uns 10 metros e levábamos moitas horas ensaiando e probando todo... que se mareou e desmaiouse pendurada! Aínda que todo foi un susto polar calor e as horas de traballo. Sempre recordarei eses momentos nese lugar!
Cando estivemos en Viena tamén aloxáronos no carto contiguo ao de Dj Tiësto... alucinei cando coincidimos saíndo no pasillo...el tocaba nunha festa que había ese día noutro lugar de Viena..
Que música hai nos vosos espectáculos?
A música pódese ver nos vídeos de Youtube no canal pablomendez29.
Sempre son variantes de musica electrónica, misturada con bases house, bandas sonoras de películas etc. Normalmente creadas para o propio espectáculo aínda que é evidentemente cando actuamos nun festival...ou discoteca que hai un set dun dj..actuamos coa musica que el esta a tocar!
De onde sae tanta creatividade?
A creatividade e froito da dedicación exclusiva a este choio..o estar o día enteiro..e a semana enteira ,o mes enteiro, e anos, e anos ...só pensas na maneira de superar o espectáculo creado con anterioridade..esa penso eu que e a clave..o intento de superación a un mesmo..aínda que teño que recoñecer que non todo o mérito é meu... as persoas que me rodean aportaron grandes doses de creatividade e de axuda a creación de todos os espectáculos non tivera sido o mesmo sen elas.
Como preparades as coreografías?
Depende de como sexa o evento... normalmente o cliente encarga un traballo cunha temética ou cun contido específico ou simplemente algo que xa esta montado e viu nalgún vídeo, foto, etc e entón para cada traballo os artistas que participan aportan as súas disciplinas e coñecementos e cun pouco de coordinación e atrezzo conseguimos o resultado final, cada evento e espacio é diferente e ten unhas características concretas, non e o mesmo unha discoteca, que un teatro que o salón dun hotel que unha praza, etc sempre son preparadas no lugar onde se van a realizar horas previas o desenvolvemento do choio!
Como é posíbel que nun evento de 4.000 ou 5.000 persoas onde todo o mundo estea saltando sen parar, cando saídes vos quedan pasmados, inmóbiles, sen sacar a vista do voso espectáculo, como logrades iso?
Bueno gracias polo alago... (risas)... pero bueno, digamos que esa é a finalidade do noso choio, se o público non se parase nunca a ver para nos, non haberíamos traballado en tantos e tantos sitios e non sería o que é hoxe en día a compañía, ese é o fin de todo o esforzo que pomos en cada graniño de fío, de horas de esforzo físico e mental, de montaxe, preparación...de todo o que hai detrás de cada un de todos os que compoñemos a compañía cando isto sucede digamos que a nosa vida alcanza un verdadeiro climax! digamos que aparte que é un negocio co que vivimos evidentemente, non facemos isto só por amor o arte se non como medio de vida. Cando estas nun escenario e ves as caras dos espectadores mirándote e sorrindo, ou simplemente perplexos ou levantando o móbil para levar esa imaxe para a casa... ese momento eu non son capaz de describilo con palabras e penso que todas as persoas que se dedican o mundo do arte escénico e o viven, pásalles exactamente o mesmo ca min!
Se alguén quere formar parte da compañía de Pablo Méndez, que lle aconsellarías?
Pois por suposto que se poña en contacto comigo, ou que envíe as sinais da súa traxectoria no mundo do espectáculo, digamos que os compoñentes do equipo están formados en diversas disciplinas de circo, teatro e danza! Esas serían os requisitos mínimos. ;)
Acabas de montar un club en Vigo chamado PRIVEE VIP CLUB, que nos podes contar del?
Pois que este é un novo proxecto co que arranco e co que espero ter a mesma aceptación que tiven con outros que arranquei anteriormente, e nada , que ánimo a todo o mundo que veña a coñecelo por que nel hai posto moito amor, moita dedicación e moito espectáculo. Hai un staff impresionante de moi bo roio e cun ambiente moi propio para aquel que queira gozar unha noite máxica en Vigo!!
Podedes enterarvos de todo no grupo de Facebook Privee Vip Club ou en www.priveevigo.com
FOTOS: Jen d'Arri



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza