Entrevista a Toni Alvarez
Escrito por Galizaelectronica   
Luns, 08 Setembro 2008 15:13

Como te empezaches a interesar polo mundo do Techno?

Buuufff...Que grandes recordos...

Pois creo que todos ou a gran maioría dos djs, cando comecei a saír pola noite cos amigos, sempre me chamou un pouco máis a atención que a eles o rollito party, máis que nada cando coñecín Eclipe e Oxido, os dous locais pioneiros en Vigo e diría en Galiza da música techno.
Despois, pouco a pouco comecei a asistir a festivais e ver a grandes djs internacionais, pero sen dúbida algunha, o que me marcou e me deixou fascinado, tanto como para pillarme un equipo e comezar a pincha foi o ver a Dave Clarke e Ben Sims, como facían as mesturas, como a xente saltaba con eles e máis ca nada, o seu senso musical e a súa enorme técnica foi o que fixo que comezara pinchar.

Cal é o teu mellor recordo das veces que actuaches fora de Galiza?

Pois non é un recordo moi afastado, a verdade.
É un recordo de fai 3 semaniñas, na sala Mattrix de Badaxoz.
O son desa sala gustoume moitísimo, a súa cabina, o seu ambiente, etc . Pero máis ca nada, o público, que se entregou totalmente no meu set e iso encantoume, sei que gusto moitísimo, e iso é dificilísimo compartindo o cartel con artistas como Marco Beiley, J.leyend,Dave Zoom,Robert X e algún máis. Ademais, Badaxoz e a súa movida nocturna gustoume moitísimo, non é como aquí, alí a xente sae moi cedo, as rúas sempre están cheas, os pais pasean cos nenos mentres a peña sae a pasalo ben, estivo xenial.

Aí atrás tiveches un parón dun tempo sen pinchar, notas que o ambiente Techno en Galiza cambiou?

Si que o noto.
Estiven sen pinchar case 4 anos, e a escena está moi deteriorada con respecto a antes.
Sae menos xente, as festas non chaman tanto a atención, a peña sempre está pola noite con malos rollos, pelexas, etc en vez de saír a gozar da música, por non falar das rivalidades entre comarcas e festas.
Realmente o vexo todo demasiado cambiado e é unha pena, porque creo que o que se debería facer é apoiarnos uns aos outros, saír, pasalo ben, gozar do son dos djs… Ademais os garitos comerciais aprovéitanse moito da crise que a economía está pasando , e das diferenzas sexuais de ambos xéneros, con entradas gratuítas para chicas, copas gratuítas para chicas… e onde van chicas, xa se sabe, tamén van chicos.

Cales son os teus futuros traballos como produtor?

Pos na produción sairá agora o meu primeiro disco, aínda está quentiño, é un tema de techno bastante contundente no estilo que Chris Liebing tiña fai 5 ou 6 anos, pero algo menos escuro, máis bailón, agardo que vos guste xa que ten moi boas críticas e que máis apoio podería ter que o que o mellor dj techno do mundo (Cristian Varela) mo pedise para pinchar antes de sacalo ao mercado.
Sairá nuns días no selo Kalamazoo, con outro corte de Webha ,un de Manu Martin e un de Ruben Mrtinez.


Prefires producir ou ser DJ?

Sen dúbida o ser dj,polo contacto directo co público, pero producir gústame moito, gústame poder reflexar o meu estilo en cada tema, e para iso non hai mellor forma de facelo que o poder facer a túa propia música, e se despois gusta á xente, moito mellor..

Que estilos de musica electrónica podemos escoitar nas túas sesións?

Sempre techno, techno e techno. Non son o típico dj que por ter máis datas na axenda se pasa ao house. Son fiel ás miñas raíces totalmente, e fiel ao techno, que é o que me da a vida. Os meus sets son bastantes versátiles, gústanme moito artistas como Dave Clarke,LFO,Ben Sims,Chemical Brothers ,Planetary Asault Sistems,Nizcer Ebb ETC....non fago sesións escuras, nin sesións hard techno, nin sesións tribais, gústame fluír todos os estilos, cada un en cada momento que vexa oportuno, e ir experimentando os cambios de cada un, como fixen antes un dos djs que máis me influenciaron é Dave Clarke, e ese é o rollito que máis intento conseguir.

O Technological era un festival de Techno moi importante en Vigo, como recordas esa festa?

Si señor, teño moitos recordos desa festa, por como o pasei, porque nunca estiveran en Vigo artistas como James,Kazu Kimura,Christian wunsch,Francesco Farfa etc...pero máis que nada porque foi o primeiro festival no que puiden compartir cartel con moitos deles nunha das súas edicións.

Sabemos que vas a sacar un selo, cóntanos algo sobre iso.

O selo é algo que agardo que prospere bastante, aínda que non etasmos no mellor momento para editar discos, a verdade.
Non solo se tratará dun selo de música techno, se non que abarcará todas as vertentes da música electrónica dende o hip hop, drum and bass, experimental, techno, minimal, breack beat, house até o máis duro techno.
Detrás deste selo non  solo estou eu, hai varias persoas no desenrolo, entre elas Jacobo e Axo do grupo de hiphop Veintitrés, que sacarán o seu primeiro cd neste selo.
O que máis destacará deste selo é que apoiaremos a produtores locais, e sacaremos as súas producións con artistas de renome que estamos comezando a fichar para as primeiras referencias, das cales saberedes máis cousiñas dentro de pouco.

De que  trata o proxecto de New Face?

O proxecto new faces quizais sexa do máis relevante agora mesmo na escena do techno galego.
Trata de promocionar novos talentos da comarca e promocionar a xoves promesas que nunca tiveron oportunidade de experimentar a sensación de subir a un escenario e compartir cabina con grandes estrelas. Para elo, en cada festa que technoexperience realice a partir de xuño e despois dun proceso de selección, iremos metendo a todos aqueles novos djs que se acerquen ás nosas festas a deixarnos a gravación dalgún set, coa intención de colaborar con todos os xoves discjockeys da comarca posible e evitar que o techno galego quede estancado por non ter unha sala onde pinchar, aparte de que sen dúbida, sacaremos adiante a moitas novas promesas da música, xa que en Galiza hai mogollón de xente boa que ninguén coñece que está aí dándoo todo.

O único requisito que temos é que nos deixen un set duns 30 minutos na sala Breogain de Vigo nalgunha das nosas festas, co seu nome, correo electrónico e número de teléfono. Despois notificaremos a todos os seleccionador a súa data e horarios de actuación, pero recordo que iso non é un concurso, e pouco a pouco iremos metendo a todos aqueles que teñan algo que facer detrás dos pratos.


En Vigo realizas festas na sala Breogain, cóntanos un pouco como é.

Na sala Breogain é un pracer realizar programacións de festas electrónicas, realmente é un pracer.
A sala Breogain naceu co obxectivo de axudar e formar musicalmente aos artistas residentes no campo do directo e ademais dinamizar o mercado local cunha programación de eventos musicais de calidade.
Como non podía ser de outra forma, e sendo Areamaster historicamente un dos máis destacados estudos en canto a condicións acústicas, na sala coidouse este aspecto de forma moi especial, contando con Philip Newell para realizar o deseño. O resultado é una sala que soa perfecta, coma un estudio de gravación.
A Sala Breogain, goza dun aforo de 600 persoas, tecnoloxía de son surround 5.1, 18.000 watios de son, 120.000 de luz e un escenario de 30 metros cadrados. É toda unha sala na que actuar é unha auténtica pasada.
A sala está concibida non unicamente como unha sala de concertos, se non coma un punto de encontro onde os artistas poden relaxarse e coñecer a outros artistas, creando así unha comunidade musical de intercambio de ideas e experiencias. Por iso nos gusta tanto programar nela e os artistas que a pisaron teñen moi bos comentarios e ganar de volver. Por algo será…

Algo que dicirlle aos lectores de Galizaelectronica.com?

Si claro, que moitísimas felicidades polo voso proxecto, xa que toda  iniciativa é pouca neste mundo de envexas, malas faladurías e malos rolos no que realmente o necesario é apoiarnos uns aos outros e no que pasa todo o contrario. Agardo que a vosa páxina funcione o mellor posibles, xa que vos si que estades no bo camiño, apoiando a djs, promotores, clubs, eventos…
Moitísimas felicidades e moita prosperidade co voso gran proxecto Galizaelectronica.com

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon