Entrevista a Iris
Escrito por Ernesto   
Luns, 08 Setembro 2008 15:14

A que idade comezaches a producir música?

Comecei a facer música no 99. Iso foi cando eu tiña 18 anos. O meu pai mercoume un pc e, en lugar de aprender a manexa-lo Word, púxenme co secuenciador dado que levo escoitando música dende os 4 anos, sobre todo porque a miña nai ven de familia de músicos.


Como é que non se sabe demasiado de ti en Galiza? (polo que vexo non pinchas demasiado aquí)

Non fai demasiado tempo que me adico a pinchar; de feito, considérome máis unha produtora ca unha dj. O que pasa é que fará cousa dun ano descubrín que a mellor forma de promocionarme é dando a cara nos directos. Este foi o motivo que levoume a comprar un equipo dj e a adicar unhas horas a pinchar a miña música.

Estas nalgunha discográfica?

Estiven traballando para Total Wipes, que é un selo dixital italiano moi grande. Tamén publiquei en vinilo fai 2 anos, máis en concreto, na discográfica de Solarstone, Deepblue Records. O disco saiu baixo o sobrenome de D-Air, que era a formación que mantiña co meu antigo socio, tamén produtor. O vinilo chamouse "Abrente" e foi como unha adicatoria a Galiza.
Actualmente estou no selo dixital Ocean Drive Records.

Que usas para producir? ¿e para pinchar?

Para producir utilizo FLStudio que, baixo o meu punto de vista, é o secuenciador máis utilizado polos productores galegos. Pincho cos cdjs Pioneer 800 mk2 e unha mesa tamén de Pioneer DJM-400. Estou moi contenta con este equipo. Responde moi ben a todo o que lle pido.

Tes pensado producir algún estilo diferente?

Por suposto; de feito, agora mesmo xa estou cambiando cara o house e electro dado que é realmente difícil saír adiante unicamente co trance. A miña idea incluso é poder ofrecer sesións de house e de trance tamén.

Onde che gustaría pinchar?

Por pedir, gustaríame pinchar no Sensation White pero como aínda me quedan uns cantos kilometos, confórmome con calquera sitio. Este verán estarei no Fresh Festival de Allariz xunto a Dover e outros dj's de aquí e, posiblemente, en Xullo asista á festa Trance In Motion de Valladolid co fin de pinchar e promocionarme tamén.
Encantaríame pinchar na Manchica, aquí en Ourense ou na Queen de Vigo xa que son discotecas de nome dentro da nosa terra. Tamén gustaríame estar de residente en calquera sitio, club ou o que se prestara; ver disfrutar á xente móveme, ó marxe do local en sí.

A que idade comezaches a escoitar música electrónica?

Levo escoitando música toda a miña vida pero a paixón pola música electrónica comezou na década dos 90 co eurodance; de feito, eu son unha vocalista frustrada, jeje.

Porque te metiches neste mundo?

Digamos que é un vicio que non podo controlar. Producir e pinchar para min é unha necesidade diaria, ó marxe de tódalas desilusións que a música traiga consigo. Canto máis me digo a mi mesma que vou deixa-lo secuenciador, máis horas paso frente a el.


Como cres que está o trance actualmente?

Pois, como xa dixen, o trance está practicamente desaparecendo no noso país. Existen outros estilos como o progressive-house, electro-house... dos que se está influenciando ata o extremo de que xa non imperan as típicas melodías uplifting ou as clásicas orquestras no break intermedio dos temas. O trance agora é, principalmente, bombo e baixos; practicamente o mesmo ocorre co house actual ou co electro. De aí a mestura de estilos... e tamén o lío de moitas tendas e discográficas virtuais para clasifica-lo material que reciben, jeje.

 

Escoita os seus temas en: http://www.myspace.com/irisdeejay


smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon