Entrevista a Falsalarma (Especial Monegros 08)
Escrito por Galizaelectronica   
Luns, 08 Setembro 2008 15:15

¿Para a xente que está iniciandose no rap, decídenos, como surxiu Falsa Alarma?

 Nun principio eramos o meu irmán “El Santo” e eu, comezamos facer música e co tempo nos demos conta de que necesitabamos unha base instrumental. Coñeciamos a DJ Neas, fixemos boas migas e comezamos a traballar xuntos.

 ¿Como cres que evolucionáchedes dende o primeiro disco?

Moitísimo, un evoluciona na vida e na música e se nota en todos os aspectos. A diferencia entre as letras do primeiro disco e as do último nótase. A medida que un vai madurando na vida tamén vai madurando nas letras e en todos os aspectos da nosa música..


¿Que persoas vos influenciaron máis na musica?

Persoalmente, gústame moito a música de finais dos 70 en EEUU. Escoito habitualmente rap de Nova York, xa que esta cidade foi o berce deste estilo, tamén inclínome polo rap das costas Oeste e Este.

 

¿Como credes que esta a escena rap en España?

Para mi moi ben, en comparación con anos atrás. Hai unha grande variedade de estilos desenrolándose en España dentro do Rap, existen xa grupos consolidados con gran traxectoria. Antes so escoitaban 4 persoas pero a día de hoxe non fai falla ser rapeiro para escoitar este estilo con cuxas letras pódese sentir identificado calquera.

 

¿Que nos ofrece o novo disco, Ley de Vida?

Moita madurez, tanto musicalmente como nas letras. É un disco moi espontáneo en comparación cos anteriores xa que seguimos un esquema e neste quixemos ser máis liberais. Este disco está marcado pola improvisación e por iso disfrutamos máis á hora de gravalo.


¿Como vos vai coa nova xira?


Por agora ofrecimos poucos concertos, comezando agora cos festivais. De momento a xente respondeu moi ben e o disco funciona, estivemos durante 6 semanas en lista Five o cal é algo que nos fai estar orgullosos do que facemos.


¿Como surxe a colaboración con Morodo?

Coñeciamos de antes, pero coincidimos un bolo en Chile e comezamos a facer boas migas, surxiu supernatural. Pasaron uns meses, empezamos a gravar o disco e tanto a Morodo como a nos, apetecíanos facer algo xuntos así que nos lanzamos.


¿Que opinades sobre a descarga de música en internet?

É complicado, afecta a todo o mundo, as industrias discográficas están cada vez peor e se elas van mal os artistas tamén. Eu persoalmente emprego internet para baixarme música e comprobar se me gusta, se é así, a compro. En España é un hábito o colecionismo de nada e somos conscientes disto, de feito, sacamos o noso último disco máis barato para que sexa máis asequibel.


¿Que significa para vos poder actuar en Monegros?

Moitísimo, é entrar en un festival de música electrónica. Que se inclúan grupos de rap implica que xa existe máis demanda no mercado. Poder estar no festival é un orgullo. Nos sentimos moi cómodos actuando xa que nos ofrecen as instalacións perfectas para realizar o noso.


¿Tedes algo preparado especialmente para esta actuación?

 

Si, cando soen ser festivais, gústanos aportar un pouco máis. Vamos disfrutar o doble coa actuación e queremos que a xente o faga con nos. Faremos un remember de temas coñecidos do grupo que xa funcionou noutros festivais.


¿Planes de futuro?

 

É cedo para adiantar os nosos plans de futuro, por agora estamos gravando no estudo Falsa Alarma Records.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon