Entrevista a Miss Dune
Escrito por Galizaelectronica   
Luns, 08 Setembro 2008 15:17

¿Cal foi o momento no que decidiches ser DJ?
Ós 17 anos descubrin a música electrónica despois de escoitar a diferentes djs por distintas salas en Galiza, esto fíxome sentir curisiodade polo desenvolvemento destes artistas.

¿Cales foron os djs que máis che influenciaron?
Pois por aqueles anos techno cañero destas salas, Valentino Kanzyani, Imek, Sven Vath, Richie... Pero sobre todo o mitico Laurent Garnier.


Á hora de pinchar, por ser muller, ¿encontras ventaxas ou incovenientes?
Pois un pouco de todo, ó ser unha muller outros dj-s móstranse máis corteses, máis dispostos a axudar, quizais con máis camaradería que con outros homes. Tamén os promotores ou donos das salas ven un aliciente extra no feito de ser muller e a competencia é menor neste sentido porque somos minoría as mulleres como djs frente os homes. Por outro lado, non faltan os homes que nos fan máis difícil o noso traballo, porque atribúen o noso mérito a nosa condición de muller, e dificultan as cousas. En esos intres, temos que esforzarnos o doble e intentar ser o máis profesional posibel para compensar todo isto.

Contanos como foron os teus inicios na sala Octopus....
Ben duros !! Puxéronme a proba seis meses e o listón era alto !! Todo mirábase con lupa, cada data que tiña sabía que tiña que ser a mellor, xa que me xogaba a residencia da zona house.


¿Cal é a festa que máis bos recordos che trae?
Richie Hawtin na octopus, a primeira vez que veu.

¿Como ves a escena da música electrónica en Galiza?
Como ven sendo tradicional os sonidos duros e o ritmo frenético está moi arraigado a nosa terra, en cambio isto é unha barreira para a mestizaxe de novos sons ou correntes musicais.

¿Ves a escena asturiana moi diferente á de Galiza?
En Asturias creo que experimentan unha gran evolución con respecto á música, cada ano que pasa saben adaptarse e introducir novas tendencias, non se estancan.

No teu MySpace xa tes un tema colgado, ¿gustache máis producir ou pinchar?

Gústanme moito as dúas cousas, co pinchar achégaste máis á xente en directo mais caluroso, en cambio producir resulta máis introspectivo, estás ti e a música. As dúas cousas son a caña.


¿Que tal as túas sesións en Espectro Music?
Pois mira, hoxe mismo arranco para ala, é a miña segunda casa, teño unha residencia xa para camiño de 3 anos, a xente quéreme un montón e eu disfruto moito con eles tamén.

¿Cales son os teus proxectos de futuro?
Os meus proxectos son seguir pinchando se é posibel en España e no resto do mundo - jejeje - e comezar a publicar as miñas primeiras procucións.

¿Algo que dicirlle ós lectores de galizaelectronica.com?
Pois que moitas grazas por leer a miña entrevista e por apoiarme nestes anos de carreira musical e unha aperta moi grande pa todos. Un bico.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy