Falamos con Dj Nuke, director artístico do LVCVS NOX Festival que terá lugar en Lugo o sábado 26 de xuño no Pazo de Congresos con artistas da talle de: Cristian Varela, Dj Murphy, Sino Live! aka Technasia & Dosem, Marko Nastic, Darkrow, Nuke, Daisychain, Dj Stay y Dj Edwar

O fin de semana que ten lugar o festival, é o mesmo que na cidade de Lugo se viste da antiga Roma para festexar a súa festa local. É coincidencia ou a esencia do festival é ese pequeno viaxe ao pasado?
Bueno, este festival ten moito traballo detrás del e nada é casual. Intentouse buscar integrar o festival dentro do Arde Lucus para compartir ese mesmo espírito.
Lugo é a provincia galega onde menos electrónica estáse programando. Non vos da algo de medo iso?
Non, en primeiro lugar porque ao coincidir co fin de semana de Arde Lucus a cidade multiplica a súa povoación, e iso é un gran apoio. En segundo lugar, a pesar de todo, en Lugo hai moito público de electrónica. E por último, este festival non se ciñe tanto a Lugo, senón a un espectro xeográfico moito máis amplo.
Que esperades da primeira edición do festival? Se sae todo ben, podería haber unha segunda edición?
Por suposto. Lvcvs Nox Festival é unha aposta a longo prazo, e esperamos que se fagan moitas edicións.
O cartel é un soño para os amantes do hardtechno. Cal é a vosa razón pola que elixístedes que este sea o estilo que predomine no festival?
Non somos un “macrofestival” ao uso, con moitas razóns diferentes. Nosa gran aposta é desmarcarnos do restos de festivais, tanto polo especial da nosa ambientación como polo estilo. Cremos firmemente que a combinación de artistas que se ha reunido é a que máis fará gozar aos asistentes.
Chámanos a atención que Marko Nastic vai facer unha sesión remember. Custouvos moito contratalo para que actuará nese concepto ou vedes ganas por parte do artista para voltar as súas raíces?
A verdade é que tanto pola parte de Marko como pola parte do seu management houbo moi boa predisposición desde o primeiro momento, e iso é de agradecer. É unha forma de convertir a Marko Nastic nun dos grandes protagonistas do festival, pero incluso eu diría máis: persoalmente, creo que é unha das actuacións máis interesantes do verán festivaleIro, polo exclusivo e irrepetíbel que é este set.
Este verán en Galiza hai unha gran cantidade de festivais, a economía non acompaña e hai moita xente que só poderá elixir asistir a un. Que lle diriades a esa xente indecisa para que elixa o voso festival?
En primeiro lugar, hai que ter en conta que Lvcvs Nox Festival custa tan só 15€ en venta anticipada. É un prezo realmente competitivo para o espectacular da oferta. Ademais estamos falando dun festival diferente. A música é moi importante, pero non é o centro ao redor do cal xira toda a proposta. A gran protagonista é a propia cidade de Lugo, a súa xente e todo o ambiente de Arde Lvcvs. É unha gran festa e Lvcvs Nox supón unha forma diferente de vivir esta festa para os amantes da electrónica.
Sabemos que o cartel aínda non esta pechado. Podedes darnos algunha pista de cales van a ser as novas incorporacións?
Bueno, vos podo adiantar que o cartel que queda por desvelar é 100% nacional e con especial protagonismo para os artistas galegos. Dende fai moitos anos tanto o público como os artistas galegos véñense queixando de que, a pesar de que hai moitos amantes de techno en toda Galiza, hai pouca oferta e poucos lugares en que os djs da terra poidan demostrar a súa valía. Nós queremos que a xente tome este festival como seu, xa que queremos que sexa unha das sinais de identidade do Lvcvs Nox. Só lamento que algúns nomes se nos haxan quedado no tinteiro... pero nin o horario nin o presuposto son infinitos!!
Algo que dicirlle aos lectores de Galizaelectronica.com?
Pois quero agradecerlle que por adiantado o gran apoio recibido, xa que a escena galega estase a implicarse connosco dende o comezo. E en xeral quero convidar a todos os visitantes da web a pasarse o próximo 26 de xuño polo Pazo de Congresos de Lugo, xa que faremos todo o posíbel para que se vaian para a súa casa cun sorriso de orella a orella.
+INFO:



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza