MÁIS COMPOSTELA
Santiago de Compostela ofrece desde hai meses a posibilidade de participar de algunha rave ao aire libre de vez en cando. Xa aproximándonos aos meses de calor non haberá nada como escoltar e bailar músicas electrónicas baixo a luz da lúa e tamén do sol cando a rave se estende ata ben avanzada a mañá. Estivemos con Chus, un dos membros do Colectivo Love and Sound, colectivo que nace para promover as músicas electrónicas na Galiza desde outros puntos de vista.

Nexus aka chus e Love&Sound Emotroniks, quen son? Que relación existe entre os dous? De onde proveñen estes nomes artísticos?
Nexus ocorréuseme por similitude con Xesús e tamén polo significado ou sexa como nexo entre son, artistas etc. Love and Sound Emotroniks, relativo aos sentimentos e as máquinas nace ou mellor dito renóvase na primavera de 2010 dándolle un aire novo a unha iniciativa persoal e colectiva de promover o movemento rave e a cultura de club e electrónica en Galicia.
Como comezou o teu camiño como DJ?
Comecei moi pequeno a manexar vinilos pero como DJ no 1996. A miña primeira actuación en público foi no ano 1998 co colectivo Son, grupo de amigos de Porto do Son, Ribeira, Vigo e Santiago. Pasei por salas do Barbanza e a zona de Santiago durante a explosión techno en Galicia. Locais como o Magueso e o Traveso en Compostela e festivais ao mesmo tempo que as raves. No ano 2004 comezo a colaborar con outro colectivo de Compostela pero non enche as miñas expectativas e decido crear o proxecto Love and Sound Emotroniks en Maio do 2009 no que agora sigo traballando.
Podes definir o teu estilo musical á hora de pinchar en festas? Es dos que se adapta cal psicólogo ao público, ou dos que prefire explorar dentro de si mesmo?
Emotrónico. Gústame ver a reacción do público e intento que todos pasemos un bo rato con música que transmita algo, non música valeira e sen sentimentos.
Que escoitas na casa cando estas só, electrónica?
Moitísima electrónica pero tamén me gusta o jazz, o flamenco, e toda música bailable ou ben tocada en directo. A fusión da electrónica con instrumentos clásicos ou vocais é a miña debilidade.

Dinos que artista influíu a túa carreira como DJ… con que albume te quedarías?
Moitos, por exemplo Ken Ishi como artista e un albume, o Laboratories Mix de Garnier ou calquera de Kraftwerk dos clásicos. Dos novos quédome con Henry Sainz e mil e un mais.
Que crees que se necesita para ser un DJ creativo? estás explorando tamén o mundo da produción?
Feeling. Estou facendo avances co Logic Pro e pronto sacarei algún tema pero o meu é mezclar e estar no escenario. Véxome mais como DJ ou facendo lives que producindo aínda que estou nunha fase de aprendizaxe no eido da produción. Hai que estudar moito.
Gustaríame falar agora do Ravvers Day I e o Ravvers Day II que tiveron lugar en Compostela recentemente. Non é a primeira vez que se celebra unha open air rave en Santiago de Compostela, que teñen de novo estes eventos?
Novas ideas Love and Sound Emotroniks para proporcionar artistas ( galegos ou non ) e continuar o movemento raver en Galicia. Seguimos a facer eventos con continuidade e esperamos que a xente responda polo menos como ata agora ou incluso mellor. Cada vez hai mais cultura musical en Galicia.
Na última rave bótase un pouco de menos a man artística que transforme o espazo para facelo mais acolledor: moito cemento, algunha pintada e sensación de frialdade. Tedes pensado mellorar este aspecto a corto prazo?
Pois si, o son era perfecto pero faltaron algúns efectos de luces e visuais, estou xa colaborando con VJs que actuarán nos futuros eventos.
Que festa das que tes organizado ou nas que tes participado destacarías sobre as demais? en cal te sentiches mais cómodo?
Hai moitas, calquera rave improvisada ou unha noite nun local con bo ambiente e xente disfrutando tanto coma min de un bo son. Por exemplo calquera nunca praia ou ao aire libre.
Es un DJ de club ou un DJ de rave?
De rave e de club.
Despois de conversar un rato contigo paréceme que o Colectivo Love and Sound quere servir de catalizador de diferentes estilos musicais e expresións artísticas. Que tipo de festas quere ofrecer ao público?
Gústame a idea de unir xente de diferentes lugares e distintas disciplinas artísticas, tamén músicos non necesariamente electrónicos.
A expresión das músicas electrónicas na Galiza está intimamente ligada ao club e á discoteca.
Existe algún colectivo a parte de vos que organice open air raves en Galicia?
Hai colectivos por toda Galicia.. eu animo a todos a colaborar.
Existe colaboración en Santiago para este tipo de eventos? Sorprendeume da entrevista contigo que comentases que por exemplo as forzas de seguridade non están interferindo demasiado nas vosas festas, a diferencia de outras comunidades como Cataluña na que incluso existe unha lei específica que regula estas reunións...
As formas son importantes, procurando non molestar a ninguén e que saia todo ben. Non importa si hai que pedir permiso aos concellos, son receptivos e colaboran. Prefiren que esteamos escoltando música que pelexando no bar ou no fútbol. En Galiza non teñen eses problemas.
Para rematar, como te definirías persoalmente?
Emotrónico. Gústame, emocióname o que fago.
Para mais info sobre o colectivo podedes visitar a seguinte páxina: http://loveandsoundemotroniks.tumblr.com/ ou visitar o seu espazo en facebook: http://www.facebook.com/group.php?gid=61101443972
MAIS COMPOSTELA
Santiago de Compostela ofrece desde hai meses a posibilidade de participar de algunha rave ao aire libre de vez en cando. Xa aproximándonos aos meses de calor non haberá nada como escoltar e bailar músicas electrónicas baixo a luz da lúa e tamén do sol cando a rave se estende ata ben avanzada a mañá. Estivemos con Chus, un dos membros do Colectivo Love and Sound, colectivo que nace para promover as músicas electrónicas na Galiza desde outros puntos de vista.
-
Nexus aka chus e Love&Sound Emotroniks, quen son? Que relación existe entre os dous? De onde proveñen estes nomes artísticos? Nexus ocorréuseme por similitude con Xesús e tamén polo significado ou sexa como nexo entre son, artistas etc. Love and Sound Emotroniks, relativo aos sentimentos e as máquinas nace ou mellor dito renóvase na primavera de 2010 dándolle un aire novo a unha iniciativa persoal e colectiva de promover o movemento rave e a cultura de club e electrónica en Galicia.
-
Como comezou o teu camiño como DJ? Fálanos un pouco de ti, da túa traxectoria como DJ, do teu paso por diferentes colectivos… Comecei moi pequeno a manexar vínicos pero como DJ no 1996. A miña primeira actuación en público foi no ano 1998 co colectivo Son, grupo de amigos de Porto do Son, Ribeira, Vigo e Santiago. Pasei por salas do Barbanza e a zona de Santiago durante a explosión techno en Galicia. Locais como o Magueso e o Traveso en Compostela e festivais ao mesmo tempo que as rafes. No ano 2004 comezo a colaborar con outro colectivo de Compostela pero non enche as miñas expectativas e decido crear o proxecto Love and Sound Emotroniks en Maio do 2009 no que agora sigo traballando.
-
Podes definir o teu estilo musical á hora de pinchar en festas? Es dos que se adapta cal psicólogo ao público, ou dos que prefire explorar dentro de si mesmo? En relación a este tema, podes comentarnos un pouquiño si é fácil ou non levar ao público ata algún sitio determinado, si é fácil convencelo? Emotrónico. Gústame ver a reacción do público e intento que todos pasemos un bo rato con música que transmita algo, non música valeira e sen sentimentos.
-
Que escoitas na casa cando estas so? electrónica? Moitísima electrónica pero tamén me gusta o jazz, o flamenco, e toda música bailable ou ben tocada en directo. A fusión da electrónica con instrumentos clásicos ou vocais é a miña debilidade.
-
Dinos que artista influíu a túa carreira como DJ… con que albume te quedarías? Moitos, por exemplo Ken Ishi como artista e un albume, o Laboratories Mix de Garnier ou calquera de Kraftwerk dos clásicos. Dos novos quédome con Henry Sainz e mil e un mais.
-
Que crees que se necesita para ser un DJ creativo? estás explorando tamén o mundo da produción? Feeling. Estou facendo avances co Logic Pro e pronto sacarei algún tema pero o meu é mezclar e estar no escenario. Véxome mais como DJ ou facendo lives que producindo aínda que estou nunha fase de aprendizaxe no eido da produción. Hai que estudar moito.
-
Gustaríame falar agora do Ravvers Day I e o Ravvers Day II que tiveron lugar en Compostela recentemente. Non é a primeira vez que se celebra unha open air rave en Santiago de Compostela, que teñen de novo estes eventos? Estaríamos ante o comezo de unha programación estable de festas rave nesta localidade? Novas ideas Love and Sound Emotroniks para proporcionar artistas ( galegos ou non ) e continuar o movemento raver en Galicia. Seguimos a facer eventos con continuidade e esperamos que a xente responda polo menos como ata agora ou incluso mellor. Cada vez hai mais cultura musical en Galicia.
-
Pero ti agora estás en Ibiza, parou o colectivo de organizar eventos? que novas datas se teñen previstas? Que proxectos de futuro tês?
-
Na última rave bótase un pouco de menos a man artística que transforme o espazo para facelo mais acolledor: moito cemento, algunha pintada e sensación de frialdade. Tedes pensado mellorar este aspecto a corto prazo? Pois si, o son era perfecto pero faltaron algúns efectos de luces e visuais, estou xa colaborando con VJs que actuarán nos futuros eventos.
-
Que festa das que tes organizado ou nas que tes participado destacarías sobre as demais? en cal te sentiches mais cómodo? Hai moitas, calquera rave improvisada ou unha noite nun local con bo ambiente e xente disfrutando tanto coma min de un bo son. Por exemplo calquera nunca praia ou ao aire libre.
-
Es un DJ de club ou un DJ de rave? De rave e de club.
-
Despois de conversar un rato contigo paréceme que o Colectivo Love and Sound quere servir de catalizador de diferentes estilos musicais e expresións artísticas. Que tipo de festas quere ofrecer ao público? Que clase de artistas poden participar nestes eventos? Gústame a idea de unir xente de diferentes lugares e distintas disciplinas artísticas, tamén músicos non necesariamente electrónicos.
-
A expresión das músicas electrónicas na Galiza está intimamente ligada ao club e á discoteca. Existe algún colectivo a parte de vos que organice open air raves en Galicia? De que maneira integrades ser pioneiros na organización de eventos deste tipo? Hai colectivos por toda Galicia.. eu animo a todos a colaborar.
-
Existe colaboración en Santiago para este tipo de eventos? Sorprendeume da entrevista contigo que comentases que por exemplo as forzas de seguridade non están interferindo demasiado nas vosas festas, a diferencia de outras comunidades como Cataluña na que incluso existe unha lei específica que regula estas reunións... As formas son importantes, procurando non molestar a ninguén e que saia todo ben. Non importa si hai que pedir permiso aos concellos, son receptivos e colaboran. Prefiren que esteamos escoltando música que peleando no bar ou no fútbol. En Galiza non teñen eses problemas.
-
Para rematar, ¿como te definirías persoalmente? Emotrónico. Gústame, emocióname o que fago.
-
-
Para mais info sobre o colectivo podedes visitar a seguinte páxina: http://loveandsoundemotroniks.tumblr.com/ ou visitar o seu espazo en facebook: http://www.facebook.com/group.php?gid=61101443972



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza