Entrevista a Xesus Valle, membro de O.M.E.G.A
Escrito por Galizaelectronica   
Mércores, 26 Maio 2010 17:58

Quedan un par de semanas para ó Sónar Galiza, dende Galizaelectronica.com queremos amosar a parte máis experimental deste festival. Para iso entrevistamos a Xesus Valle, membro de  O.M.E.GA (Orquestra de Música Espontánea de Galicia) que actuará no SónarComplex. Con Xesús descubrimos novos sons, experiencias e coñecementos.

Xesus Valle

A túa musica podería definirse como experimental. Como a clasificarías ti?
O Experimental é una actitude mais ca un estilo. E algo moi amplo, onde caben moitas propostas diferentes, sempre ca idea de afastarse do comercial, tratando de sorprenderse a un mesmo. Tes libertade total para crear.

Cando saes a grabar polo medio rural, cal é o procedemento que soes utilizar para inspirarte?
Escoitar o que tes arredor, non só é importante cando vas gravar un pequeno son ou un espazo natural. É necesario ter paciencia, sexa rexistrando sons ou facendo calquera outra cousa que che apaixoe. Independentemente de que esté nun medio natural ou urbano, escoito o máis atentamente que podo, e acaban por aparecer cousas interesantes que van parar á grabadora.

Xesus Valle


Que papel ten a música electrónica no teu traballo?
Se miro atrás e escoito calquera dos albumes anteriores, "Come early Go late" (2003), "Organic Feedback" (2005) ou mesmo as últimas gravacións ca O.M.E.GA, decátome da importancia que ten a electrónica no meu discurso. Pero hai un importante traballo acústico detrás. Moito do material que utilizo para as miñas composicións e que manipulo na computadora, provén de rexistros sonoros gravados previamente.

Un dos festivas experimentais máis coñecidos é o Imaxinasons, que outros eventos de estas características hai? Cal é o teu favorito?
O festival de Jazz de Vigo Imaxinasons está aberto á improvisación, demostrouno en diferentes ocasións, pero non o considero un foro experimental. En Galicia, Sucédense eventos moi interesantes en Vigo, Santiago ou A Coruña. Estes encontros deberíanse repetir dun xeito contínuo durante todo o ano, e non ser só citas puntuais.
A esencia de todo isto, xurdiu da man de colectivos como SinsalAudio.org ou
Alg-a.org co seu visionario Netlabel. O Centro de Novas Tecnoloxias do Pico Sacro  e a Sala Nasa en Santiago por citar só algúns nomes, interconectáronos a todos os que temos un interese común pola experimentación neste pais.


Estás traballando ca orquestra de música espontánea de Galicia (O.M.E.GA), cóntanos un pouco en qué consiste e cal é a túa función dentro deste proxecto.
Os vinte músicos que formamos a Orquestra, estamos atentos a calquera indicación do director e por medio dun sistema de sinais convido previamente, transformamos en son eses xestos concretos, relativos ao ritmo, instrumento, tempo, etc.
Director e intérpretes creamos son en tempo real. Á orquestra aporto Electrónica Dixital e todo tipo de espazos e sucesos sonoros.
http://www.myspace.com/omegalicia

Este Verán actuarás no Sónar ca citada orquestra, tes ilusión por actuar nun festival tan importante?
A Orquestra de Música espontánea de Galicia leva tres anos xunta, ensaiando regularmente. Neste tempo, tocamos nalgúns Festivais e en escenarios moi especiais como o do Traumzeit-Festival en Alemaña, nunha antiga e Xigantesca Fábrica da segunda Gerra Mundial. En Lugo tocamos nun Antigo Hangar e tamén actuamos na Illa de San Simón. Sen ilusión non podes estar metido nestas cousas, todo isto chega porque lle trasmites algo aos demais. Realmente non vas a ningures sen ilusión.

Fai un tempo fixeron un experimento que consistía en poñer uns sensores na cabeza duna persoa, e mediante un monitor, interpretar qué imaxe se proxecta no cerebro no momento en que o tímpano percibe un son. Cres que nun futuro os sons sempre deben ir ligados ás imaxes ou visuais?
Ciencia, Arte e Tecnoloxía traballan xuntos dende hai moito tempo, e fanse cousas incribles. Dedícome ao son, aínda que me interesan outras disciplinas. Traballei brevemente con video e fotografía e non descarto volver facelo en calquer momento. Pero sinceramente, o son é algo moi potente, que non necesita de nada mais para existir.

Tes todos os teus traballos publicados baixo licencias libres de netlabel. Defendes o intercambio libre de cultura ou aínda non tiveches a oportunidade de publicar nalgún selo con Copyright?
Para min o mais importante é compartir o que fago, e que outros o compartan libremente tamén. Para isto, nada mellor que publicar nun Netlabel baixo licenzas Creative Commons. En Galicia Alg-a netlabel, leva seis anos compilando o día a día da escena Experimental de dentro e fora de Galicia. Hoxe é un Netlabel recoñecido internacionalmente. Publicar meu traballo na rede é a millor promoción que pode ter.

En que proxectos estás traballando agora e onde podemos atoparte se queremos vivir unha nova experiencia?
Presentaremos a O.M.E.GA no Festival Sonar 2010 en ExpoCoruña, tamén estarei no Festival ExperiemtaClub na Casa Encendida de Madrid en Outubro,  presentarei unha Acción sonora na Porta do Sol de Vigo en Xullo dentro do Festival VigoTransforma.
Pode ser unha boa forma de escoltar o que fago. Tamén Podes baixar agora mesmo meu último traballo de http://www.alg-label.com/Noites-Enteiras

Algo que dicirlle ós lectores de Galizaelectronica.com?
Só agrader a oportunidade de dar a coñecer meu traballo nesta Revista, nótase que faise con paixón. Espero non ter aburrido a ninguén, saudos a todos e todas,
e vémonos cando queirades.       
http://www.myspace.com/xesusvalle

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy