Entrevista a Cristina García da organización de Vigo Transforma
Escrito por Alberto   
Martes, 06 Xullo 2010 13:44

Entrevistamos a Cristina García de esmerArte, os organizadores xunto a  Music2Day de Vigo Transforma, o festival que terá lugar no porto de Vigo os días 9 e 10 de xullo aínda que as actividades paralelas xa comezaron o día 2 deste mes.

Vigo Transforma

De onde veu a idea de facer un festival tan vangardista, que ademais de música pop-rock indie  tamén conte con artistas de electrónica, obradoiros e demais actividades?

Vigo Transforma é un proxecto que leva xerándose tres anos tras percibir que en Vigo había un enorme oco que encher.

Vigo foi, xa nos 80, a gran sorpresa nacional ao converterse, xunto a Madrid, en capital de "A Movida". A pesar pois do potencial da cidade, e de contar cunha avultada programación cultural, non se celebrara aínda un festival internacional multidisciplinar como o é Vigo Transforma. A intención é poñer á cidade no mapa de festivais internacionais.


Que son os Vasos Comunicantes?

Son unha serie de instalacións artísticas comisariadas polo artista galego Isaac Cordal. O obxectivo dos Vasos Comunicantes é abrir Vigo Transforma a toda a cidade, coa intención de facer partícipes desta idea, tanto os habitantes de Vigo coma todos os que nos visiten nesas datas. Contamos para iso con artistas tanto galegos coma internacionais: Giles Walker, Memo Akten, Gavin Morris, Nacho Muñoz... en distintas localizacións como Porta do Sol, Casa das Artes ou Instituto Camões. Son instalacións, performances, talleres e arte urbana, tanto para nenos como para maiores.


Que esperades desta primeira edición?
Esperamos que a xente se involucre no proxecto e se identifique con el, pero sobre todo, que o pasen ben e o gocen.


Colaborades ca organización Universo Vivo, podes explicarnos de que vai?

Un acontecemento cultural e social como Vigo Transforma non se limita á realización dun festival musical ao uso. O concepto "Transforma" implica a posta en marcha de iniciativas de alcance social baseadas na sostibilidade ambiental e na difusión de conceptos de responsabilidade ambiental. Desta forma, poñeranse en funcionamento unha serie de medidas destinadas a minimizar o impacto ambiental producido polo festival en colaboración coa organización Universo Vivo: medición de emisiones de CO2, cartelería en papel reciclado, merchandising ecolóxico ou a campaña "Movilízate": apoio á campaña relacionada coa recuperación do coltán (móbiles, material informático) e de fondos para axudar a África, entre outras accións.

+información:

http://www.esmerarte.com/web/

http://www.vigotransforma.com

http://www.galizaelectronica.com/web/novas/eventos/703-orbital-sera-o-prato-forte-de-vigo-transforma

http://www.galizaelectronica.com/web/novas/eventos/691-vigo-transforma

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (1)Add Comment
0
answer
escrito por Merle20Vang, January 21, 2011
Have no a lot of cash to buy a building? Do not worry, just because that's possible to take the mortgage loans to resolve such problems. Thus take a short term loan to buy everything you require.

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy