Alex Silva, máis coñecido como Astroboyz, é outro artista galego asentado fora da nosa terra. A súa música é complexa, rítmica e cargada de formas. Alex, cóntanos como é a súa vida como produtor en Barcelona fálanos dos seus proxectos.

Os teus temas soan moi diferentes entre sí. nótase que hai influencia de varios estilos na túa música. Con que estilo te sentes máis identificado?
Con todos e con ningún en concreto. Moita xente comentoume algo acerca do meu propio estilo. Comecei a compoñer música con 13 anos cando xa levaba un par deles tocando a guitarra e pouco a pouco fixei as miñas propias regras compositivas e o meu criterio a hora de presentar unha obra musical. Sempre gustoume todo tipo de música, e sempre aprendín de cada un dos novos estilos que descubría. E continúo facéndoo, tanto nunha obra sinfónica ou nunha improvisación étnica.
Intentas mandar unha mensaxe ca túa música ou sempre a fas pensando na pista de baile?
No meu caso, tódolos temas teñen algo polo que nacer. É algo polo que dedico tempo e esforzo, na composición en si;co seu nome e concepto. Procuro que cada un deles teña algún elemento sea formal ou sonoro que me suxira ou evoca algún sentimento ou estado de ánimo. Para facer música necesito atopar un motivo melódico ou rítmico interesante para poder pensar no desenrolo deste. Unha vez atopado este, a tema vai sobre rodas. Sen este elemento non comezo sequera a producir.
Persoalmente o tema The Night encántame. Cal é o teu favorito e porqué?
Pois das no cravo porque ese tema non é meu (risas). Xa pasara coa última referencia de Housecafémusic en Beatport; mandei unha mensaxe pero os datos seguen erróneos.
Respondendo á pregunta, creo que o tema que máis cariño lle teño é o titulado “Good to go” por concepto, por ser o primeiro á venda, tras moitos intentos, e porque o tema guste ou non é especial. Aínda que todos teñen a súa pequena e oculta historia. Pero estou atopando novos sonidos e novas formas que predefiniran o futuro son de Astroboyz, atopados no jazz, na orquestra e na world music; pero sempre baseado no principal sentimento de partida, a electrónica de baile.

Actuaches en Galicia, Madrid, Barcelona, Italia… Onde cres que se entendeu mellor a túa música?
Sinceramente, creo que en tódolos lugares onde actuei foi entendido o concepto a expresar. Todas foron datas especiais nas que tanto o público coma eu mesmo o pasamos ben. Este é o obxectivo e cumpriuse. Non é moi diferente o público de fora co de Galicia en canto a resposta, o que si, que as veces canto máis lonxe estas máis tranquilo actúas; ou polo menos a min pásame.
Formas parte do colectivo audiovisual G108 que se adica a varias disciplinas artísticas. Cal é o teu traballo neste colectivo?
Comecei co colectivo audiovisual G108 a finais do verán de 2009 e aínda que cada un de nos é especialista na nosa disciplina procuramos repartirnos a faena tanto de produción como loxística das diferentes exposicións e eventos musicais que organizamos en diferentes clubs da cidade condal. Estamos avanzando a proposta de face-lo noso propio selo discográfico onde tanto nos como os artistas que nos parezan acordes co concepto poidan editar un produto cun sentido previamente calculado. Pero isto está taínda por formarse.
Es un galego afincado en Barcelona. É necesario marchar de Galicia para enriquecerse doutros sons?
Non creo que sexa necesario “emigrar” para enriquecerse de novos sons. É certo que viaxar é aprender, pero na actualidade a cultura é moi accesible para todo o público.
Nas grandes cidades, en tódolos ámbitos, non solo no cultural, existe un concepto de avance superior ó que temos na nosa rexión polo que apóstase económica e socialmente por unha búsqueda cultural de cara ó futuro ou tendencia que o artista este traballando ou desenrolando. Pero isto non quere dicir que non poidas crear un label en Cambre! Pero si que queda limitada a unha relación artista-produtor dixital.
Este ano festéxanse festivais mais alternativos ca outros anos como pode ser o Sonar ou Fresh Weekend, se isto segue así, plantexaríaste volver a vivir en Galicia?
Pois en principio non teño en mente voltar a vivir durante un tempo; pero quen sabe. Algo me dí que nun futuro acabarei por alí polo que de pronto quero aproveitar o que poida ou aguante o vivir noutros lugares. Estou contento aquí en Barcelona. Procuro facerme un burato no mundo da composición musical para a imaxe e como técnico de son; traballando de día e de noite co colectivo e con moitos proxectos na mente.
Temos ganas de escoitar algunha produción nova. Hai plans de futuro como produtor ou vaste adicar máis ó directo?
É certo que este último ano, ademais dunha pequeno parón creativo, dediqueinos a perfeccionar o meu “live set”, e creo que foron ben invertidos. Teño actualmente unha configuración de 14 pistas nas que teño cada son por separado podendo retocar cada un destes en cada momento tendo así total liberdade creativa e emitindo unha sensación moi clara de directo musical.
Como comentaba anteriormente, entre o traballo e os estudios de composición e orquestración na ESMUC (Escola superior de música de Cataluña) e mais de piano, quítame moito tempo para dedicar a Astroboyz. Pero eu considérome creador e sei que dedicarei tempo a produción no estudio dende agora e compoñerei cousas novas que espero que sexan interesantes.
O gran Viktor Flores, Grobas, Cora Novoa, Subsotano, Astroboyz… Sen dúbida temos xente de calidade aquí, eres consciente de que estades a implantar unha nova escena en Galicia?
E non so estes senón que moitos mais que levan o seu tempo facendo a música que creen traspasando as fronteiras galegas e sen perxuízos de estilo. Como por exemplo se me ocurre Ino, Noaipre (A Coruña) Dr Think (Lugo) Mweslee, B-flecha, Diego Iglesias (Pontevedra) e moitos mais artistas que non se recoñecen pero talento lles sobra.
Doume conta disto e de que fora ai unha moi boa imaxe de bo gusto na música electrónica galega e que esta nun nivel referencial elevado. Pero aínda así, vexo mais artista que salas ou selos discograficos autóctonos; como non hai ninguén dedicado a búsqueda de talentos ou apoio ó artista que aposte pola innovación cultural a términos executivos, isto convértese en un problema máis que unha virtude. Por iso máis dun 50% dos artistas que nombras viven fora de Galicia.
Por último, gustaríache dicirlle algo ós lectores de Galizaelectronica.com?
Non serei eu o que diga algo que non se dixera xa; pero gustaríame concluír opinando que a música, electrónica ou non, é un produto artístico, faise co corazón; tristemente moitas veces isto omítese creando un produto vacío e de rápida dixestión. Unha semana, un mes, etc. Cousa que debemos evitar. A boa música escapa de estar encerrada cronoloxicamente ou en modas, (o “Hype”); cando a expresión vai moito mais lonxe que isto consegue a obra un valor engadido de atemporalidade.
Moitas gracias a xente de Galizaelectrónica.com por contares comigo e ós lectores polo voso tempo.
Se queredes saber máis: http://www.myspace.com/astroboyzproductions



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza