Entrevista Colectivo A Casa da Leiteira
Escrito por Alberto   
Martes, 07 Xuño 2011 15:03

Entrevistamos o colectivo “A casa da leiteira”, que nace no ano 2000 en forma de local da ensaio para un grupo de amigos, onde cada día son máis e con mais inquedanzas artísticas. Atopan na casa da leiteira o lugar perfecto para mostrar todo o que levan dentro, música, fotografía, vídeo, pintura.. Pasa o tempo e tamén a repercusión que este grupo de amigos, cada vez máis grande, consegue ter. Nesta entrevista coñeceremos os seus integrantes, as súas motivacións, en definitiva, contarannos a historia de “A casa da leiteira” dende dentro, incluído a que se debe este nome, e vislumbraremos un pouco do futuro desta gran familia funcionando como colectivo artístico.

En primeiro lugar gustaríanos coñecer a todos os membros de “A casa da Leiteira”, temos entendido que tendes incluso algún gaiteiro no colectivo. Gustaríanos ter unha presentación do colectivo dende dentro. Quen o fundaron, cando e porqué. Cales son ou eran os seus obxectivos e como foi crecendo a familia.
É unha tarefa ardua e imposible de sintetizar neste espazo, xa que o colectivo está formado por un núcleo duro de 15 persoas (a directiva) nas que hai tanto fotógrafos, dj's, vj's, percusinistas, multiistrumentistas, educadoras, deseñadores gráficos, rapeiros (mc's), e perfís diversos. Ademais hai uns 40 asociados que tamén aportan a súa participación.
O comezo do colectivo é algo difuso. Polo ano 2000 empezaron a parar uns rapaces nunha vella casa en Paiosaco (Laracha) (onde só había uns polos, unha bombilla e moita morralla) para dar forma a un proxecto de rock "The Privilege". Esta casa era da avoa dun dos rapaces, que no seu tempo fora Leiteira. A partir de aí empezaron a parar por alí tanto os membros do grupo coma os amigos, amigos de amigos.. e foise creando pouco a pouco un grupo (cada vez máis grande) de xente que paraba alí. Pasouse de ter unha habitación de ensaio, a comezar a restaruar o resto das estancias ata ter varias salas, incluída unha zona ampla que, curiosamente, fora un salón de baile nos anos 50. Todo o que paraba por alí tiña libertade para facer o que lle saíra de dentro, e así quen máis e quen menos comezou, un a pinchar co ordenador, outro a tocar tambores, outro a facer fotos..
Nese momento os actos do colectivo englobaban concertos, festas electrónicas e de todo tipo, e xuntanzas con calquera motivo.
Polo ano 2007 fíxose o primeiro tempo de oficializar este colectivo con unha asociación cultural musical, A CASA DA LEITEIRA, pero non foi ata 2008 cando se institucionalizou. Na acta fundacional están os dous netos da leiteira (Eloi e Lobo) , 4 membros actuais máis do colectivo (Mahoney, Pepe (GriloDJ), Mallo, e dous membros máis que agora non son do colectivo (Xabi e Leilán).
Nese ano as cousas seguiron maiormente sendo de portas para dentro, aínda que xa se organizaban eventos en salas e lugares ó aire libre. Foi no 2008 cando re refundou A CASA DA LEITEIRA, cambiouse o domicilio para Arteixo, debido a que o vello local foi vítima da especulación inmobiliaria, e tamén motivado porque a maioría dos membros residían nesa localidade.
Esta é a etapa do colectivo onde se abren as portas, comézanse a facer proxectos máis claramente de portas para fóra, facer novos socios, colaborar co Concello de Arteixo en proxectos para a xuventude, e ter unha dinámica máis aberta.. organizar máis eventos abertos ó público en xeral.
Os obxectivos non variaron en todo momento. A CASA DA LEITEIRA saíu de forma espontánea. O espiritu sempre foi o de "Faino tí mesmo". Alí paraba xente con inquedanzas, xente á que non lle satisfacía completamente o que a sociedade lle ofrecía e buscaba a súa alternativa. Incontables fins de semana botaban alí aqueles rapaces, sen saír de copas, ocupados coas cousas que máis lles gustaban. Todo o que coñecía aquilo dicia: -"qué ben está isto, qué envexa, quen puidera". A nosa actitude sempre foi de dicirlle á xente que a alternativa pódela facer ti mesmo. Se non che gusta a música que escoitas cando saes, ven aquí e pon a que a tí che gusta. De aí saíu a necesidade de constituír a asociación músico-cultural.

Colectivo A Casa da Leiteira

Segundo temos entendido, aló polo 2007 foi derribado o edificio onde naceu todo. Comentádenos un pouco sobre ese local e o porqué do derribo. Imaxinamos que foi un golpe.
Dende o momento en que entramos naquela vella casa sabíamos que ía ser por tempo limitado. Aínda así alongouse por uns 7 anos. Ao final, debido a temas legais e de herdanzas, nos que non imos entrar aquí, chegouse a unha data de caducidade. Todos eramos máis ou menos conscientes que eramos moi afortunados por ter ese espazo (alí podías tocar tambores ás 5 da mañá ou ter unha rave a todo meter sen molestar a ninguén). Neste caso a resignación é a única opción. Logo fomos un colectivo nómada. Organizabamos eventos en casas de amigos, locais, lugares ó aire libre. Calquera sitio que se prestara aos nosos obxectivos. Foi no Nadal do 2009 cando o concello de Arteixo nos ofreceu un convenio de colaboración para usar unha antiga escola unitaria situada cerca da praia de Barrañán, que é hoxe o local que temos para seguir coa nosa actividade. Tamén foron (e son) moi importantes dous locais autoxestionados por grupos de persoas das cales a maioría ou forman parte do colectivo ou son afíns a el, nos que tiñamos nese tempo de nomadismo, e aínda hoxe seguen sendo piares fundamentais da dinámica do colectivo.

Contádenos, cal foi o mellor evento organizado por “A casa da leiteira”. Aquel do que cada un garda mellor recordo. E se tendes máis de un, adiante.
É difícil escoller, citaremos varios que teñen unha significación especial.
Un fito inesquecible foi un evento que foi algo así como unha Festa Interlocais. Onde se realizaron actividades distintas neses dous locais autoxestionados e o que era a casa da leiteira. (empezando pola cea, exposición fotográfica, e rematando cuns concertos e unhas sesións de electrónica).
As festas de despedida da antiga CASA DA LEITEIRA, no 2007.
Tamén houbo un evento na sala Dublín en Carballo 2008, de carácter electrónico. Acondicionouse a sala, varios dj's e vj's. Xa con artistas invitados, empezando a colaborar con xente da escena.
O primeiro evento programado d´ A CASA DA LEITEIRA no FANZINE a principios do 2009, local de electrónica de referencia en Coruña, que daquela non había moito que comezaba a súa andanza.
No Nadal dese mesmo ano, Frances Lerouge presentou o seu proxecto (ohr-), co que trasladou a concienciación social ao ámbito da noite, tratando de concienciar ao publico da necesidade de doar sangue, a través dun traballo consistente nun live, creado para tal ocasión e acompañado visualmente polo gran Parasit Vj.
Tamén neste ano e neste mesmo local, se presentou a exposición “ Fotolamparas” realizada por Mahoney. Un proxecto no que Frances Lerouge aportaba tamén a súa parte, producindo unha serie de mini-pezas ambientais-musicais que acompañaban as fotografías do autor.
No 2010 presentouse no local de Barrañán o proxecto conxunto de tres dos membros de ACDL( Pepe, Eloi e Mahoney), “A 5a esencia”, que será reversionada o vindeiro 25 de febreiro no Centro Cívico de Arteixo, e da que falaremos máis adiante na entrevista.
Outro proxecto deste 2010 foi a peza audiovisual “dime que me queres…pero logo vaite” , que realizaron conxuntamente Javi Alvedro e Magín Pérez(Frances Lerouge), que se enmarcou dentro da exposición colectiva “le reste du cabaret” que se puido ver na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.
Ademais cada un dos días nos que nos daba, e nos sigue dando a pedrada de coller xerador, amplis, pratos e tambores e nos imos ao monte, á praia ou a calquera sitio facer unha festa/rave.

Colectivo A Casa Da Leiteira

Cales son as propostas, tanto colectivas como persoais para este 2011?
Pois a máis inmediata é en Febreiro onde Pepe, Eloi e Mahoney farán no Auditorio do Centro Cívico de Arteixo a representación de “A 5a Esencia”. Un proxecto no que se aborda, dunha maneira audiovisual, os 4 elementos principais que compoñen a materia e o universo: Terra, Lume Vento e Auga, deixando o Éter coma o quinto elemento ou espazo onde se manifestan e desenvolven os mesmos.
Tamén temos en marcha uns talleres formativos, centrados agora mesmo na fotografía e a percusión, pero ao longo do ano realizaremos outros enmarcados nas novas tecnoloxías, tales como achegar o software libre aos usuarios máis despistados, e algún outro que se centrará máis concretamente na edición de vídeo.
Esperamos consolidar actividades e iniciativas que puxemos a rodar este verán pasado. Unha serie de accións que xiran entorno aos máis pequenos, e nas que tratamos de inculcar uns valores cívicos que en moitos sentidos se están perdendo, tales como o respecto(a un mesmo, aos demais e a natureza) e a convivencia.
Colaboramos tamén no festival reggae do Burgo, no repercusión de Allariz, nas festas patronais de Arteixo, realizamos algunhas accións de concienciación máis directas, como por exemplo o reparto de cinceiros nas praias da zona de Arteixo e nos festivais aos que acudimos... esperamos que este ano poidamos seguir colaborando con esta xente e seguir medrando neste tipo de iniciativas autoxestionadas.

Polo menos algún dos integrantes d' “A casa da leiteira” publica a súa música baixo a licenza Creative Commons, para que non o coñeza, é un sistema de licenzas que permite ó creador da obra reservar algúns dereitos sobre a mesma e conceder outros. Ademais, tamén nos consta que publicades nalgún que outro netlabel. Moita xente que lea isto pensará que traballades gratis ou simplemente por amor á arte. Como se ve este tema dende dentro?
Frances Lerouge: ben, eu persoalmente fago música (á marxe de se ten remuneración económica o non) basicamente por amor á arte; penso que isto, polo menos no meu caso, é o principal motor para sacar de dentro cousas. Isto non significa traballar gratis, pois hai certos traballos, eventos e outros proxectos que teñen un gasto, e ese gasto debería estar cuberto. Á hora de publicar nunhas plataformas ou outras, cun sistema de licenzas de libre distribución ou outras, dicir que penso que pode ser interesante tanto unha maneira de facer as cousas como outra, dependerá a maioría das veces do serio do proxecto.

Como vedes a escena electrónica a día de hoxe? Imos centrarnos primeiro a nivel mundial. Quizais non debera pero o primeiro en contestar a esta pregunta vou ser eu mesmo, o entrevistador, e creo que o chamado mainstream está facendo moito mal á música, pois cada vez é máis complicado asistir a un festival ou club, salvo contados casos, a escoitar algo diferente, algo que se saía do xa escoitado mil veces. E aí é onde propostas como a vosa son de agradecer por moitos. Unha vez soltada a parrafeada, dicide, como vedes a saúde da música electrónica, a nivel Galego incluso?
Frances Lerouge:
O mainstream é un fenómeno que sempre estivo e penso que sempre estará aí, pero non esquezamos que é un ao final quen escolle ir a un macrofestival con artistas "top" ou a un evento plantexado máis humildemente; unha vez máis grazas a internet hoxe en día temos a oportunidade de explorar moito máis aló do primeiro que nos meten polos ollos e as orellas. Dende logo é necesario que haxa ofertas, pero a escusa de quedarse protestando esperando a que os demais fagan as cousas tampouco vale.

Unha pregunta para o/os Vj's do grupo. Como xurdiu este interese pola arte audiovisual e de que maneira encaixa o teu traballo no colectivo?
Javi alvedro
O audiovisual apareceu como unha vía de expresión máis, e a medida que o colectivo foi tomando forma converteuse nunha ferramenta documental tremenda. Poder tirar de arquivo e ver a evolución que estamos a levar dun xeito tan gráfico(ben sexa a través do vídeo,así como da fotografía) dá un plus de obxectividade moi importante.
Tan importante é facer cousas, como ter a capacidade de análise adecuado para ver tanto os acertos coma os erros.
A nivel artístico creo que o vídeo ofrece unhas posibilidades moi amplas,e hoxe en día coas facilidades de filmación e edición que existen a nivel usuario, permite narrar, e presentar ao público dun xeito persoalísimo aquilo que un mesmo ve na súa cabeza.
Ademais dentro da electrónica, máis concretamente, creo que os produtores/dj´s irán acompañando os seus traballos dunha parte visual que redondee a “mensaxe” dos seus proxectos.

Mahoney
Pois todo comezou dunha maneira moi progresiva. Primeiro xurdiu a miña inquedanza polo mundo da fotografía haberá uns 10 anos, xa que conseguín un traballo de fotógrafo de rebote sen saber de fotografía. Comezoume a interesar o mundo da imaxe, audiovisual,a posibilidade das instalacións... foi cando decidín pasarme ás montaxes de vídeo. Comecei nisto haberá uns 6 anos, precisamente en ACDL. Alí era onde practicaba cos loops que ía facendo e de paso amenizábanse actos musicais que alí se facían. Era un mundo novo por explorar e pareceume das ferramentas máis apropiadas para expresar todos os puntos de vista persoais que me xorden a partir dunha realidade común para todos. Unha volta de rosca máis que a fotografía, a cal non teño nin moito menos abandonada. Ademais o meu traballo coma técnico de son levoume a ver as múltiples posibilidades de interacción e integración de audio e vídeo.

http://www.acasadaleiteira.org/
En breves publicaremos a entrevista completa

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (2)Add Comment
0
respond
escrito por SonyaMunoz35, June 29, 2011
If you're in not good state and have got no money to get out from that, you would need to receive the mortgage loans. Just because that should help you definitely. I get bank loan every single year and feel fine because of that.
0
respond
escrito por loan, October 14, 2011
Set your own life more simple take the home loans and everything you want.

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe

busy