Dende o ano 2002 vense celebrando no Concello de Salvaterra Do Miño (Pontevedra) o festival de música Dance máis importante da Galiza, no que pasaron artistas como: Gabry Ponte, Dj Sash, Dj Goro, Kika Lewis, Prezioso feat. Marvin, Dj Neal e unha longa lista que imos a repasar.

Un dos feitos de que este festival dentro da programación do verán cultura que organiza o Concello collerá boa fama en todo o País foi pola súa situación xeográfica, situado na beira do rio Miño, o cal separa Salvaterra de Monçao fai que este evento realizado dentro das murallas (recinto amurallado medieval) sexa un dos poucos festivais do mundo que se celebra nun sitio así.
Contando sempre con artistas galegos, do resto da península e internacionais foi tamén moi importante para que se consolidara, a continación imos a citar os artistas que levan vindo o festival dende os seus comezos:
2002: Arranca o festival con: Marcos Magán e David Muiño.
2003: Dj Goro, Marcos Magán, Manu López, Dj Charlie, Edi Fm, Dj Adan. Este ano o festival contou cunhas características bastante boas: lasers, gogos, performances, 24.000w de son e 200.00 w de luz.
2004: Primeiro ano con artistas internacionais: Dj Sash, Dj Souto, Dj Pedro, sendo estes dous últimos de Portugal. Resto de artistas: Dj Charlie, Dj Edi Fm, Marcos Magán.
2005: Como cabeza de cartel Dj Molella dende italia e Kika Lewis dende Portugal. Dende Galiza: Dj Charlie, Dj Edi Fm, Marcos Magán e Dj Bruno.
2006: Cabeza de cartel Prezioso feat Marvin (Italia). Resto de artistas: Dj Charlie 10 (Euskal Herria), Dj Charlie, Dj Edi Fm, Marcos Magán (Galiza)
2007: Cabeza de cartel o artista moi famoso en música dance por aquel entonces Gabry Ponte (Italia). Julios Mc, Dj Rachel, Dj Carlos. Este ano comezaría a primeira edición de "O SON DEEJAY" concurso para poder picar no SON DA MURALLA, sen xurado especializado polo que non contou con boas críticas por parte dos participantes. O campión foi DJ Caroca que participou no Festival. Este ano o Concello usaría un autobus descapotable para anunciar o Son Da Muralla chamando así o seu percorrido polas vilas: "Tour O Son Da Muralla".
2008: Segundo ano de "O SON DEEJAY" que xa contaba cun xurado especializado como Dj Charlie (Dj de Italodance e locutor en LocaFM). O artista internacional deste ano é por segunda vez: Dj Sash, contando unha vez mais con Dj Charlie e novos deejays: Dj Pablo C, Dj Micky, Dj Oscar Alonso (campión son dj 2008).
Alternativa 2008: Como en todo Festival, sempre hai outros eventos alleos, organizados por amigos en pubs o que dan lugar a festas paralelas. O 2008 foi o primeiro ano no que no Pub Vagalume preto do SON DA MURALLA, faise unha sesión Techno-Hardtechno ao longo de toda a noite.
2009: Como cabeza de cartel: Dj Neal, artista internacional: Dj Sanny. Resto de deejays: Marcós Magán, Dj Charlie e os campións do Son Dj, que este ano tivo dous gañadores: Dj Lian’T e Dj Psicomantis.
Alternativa 2009: Como no anterior ano, no pub Vagalume vólvese a facer unha sesión techno-hardtechno pero cunha novidade, engadese outra sesión de electrónica en Live!. Outro local súmase a música electrónica, o pub A Muralla, situado dentro do recinto onde se fai o festival e comezando cunha sesión house e logo co Live! de electrónica que anteriormente estivo no Vagalume e que duraría toda a noite.
Algunhas fotos deste artigo son de www.osondamuralla.com
VÍDEOS:






Meneame
Chuza