Un ano de Frecuencia de Baile
Avaliación do usuario: / 4
RuínMellor 
Escrito por Alberto   
Xoves, 15 Outubro 2009 15:15

Hoxe temos pracer de entrevistar a Jose Antonio, creador do programa Frecuencia de Baile na radio de Ordes. Este programa non é outra cousa que o resultado dun xoven que leva moitos anos argallando proxectos pola rede para fomentar a música electrónica, como o blog Zoom Electronico, que ademais tiña unha sección sobre o seu blog na Loca FM en Compostela,   e que falaremos nesta entrevista sobre iso, ademais de ser o creador do foro de fans Scooter en castelán.

Jose Antonio

Como nace a idea de crear un programa de música electrónica?

Xa fai algun tempo que me empecei a interesar moito mais por este tipo de música e a verdade e que sempre quixen formar, dun ou outro xeito dela. Primeiro foi a época de Dj, despois unha radio por internet que funcionou bastante ben, logo veu unha web sobre noticias de música electrónica similar a esta pero en castelan a continuación, eu que sempre fun aficionado os medios de comunicación e sobre todo a radio, gracias a Miguel Fons, colaboraba no seu programa de Loca Santiago ca sección de noticias da web. Por último e despois de varios intentos no mesmo medio, planteeille a idea de Frecuencia de Baile a Pablo Quinteiro, o daquela novo director de Radio Ordes, e parece que lle gustou incluir un programa deste estilo e adicado a xente mais nova da comarca na sua parrilla. En principio nace como un programa de música de baile para a xente xovén e tamén como un paraxe donde poder propulsar a música feita na nosa terra da cal estou moi orgulloso de poñer xa que temos moi bos productores e djs en Galicia.

Canta xente forma o programa?

Como presentador e conductor estou eu pero tamén tivemos e temos colaboracións de todos os estilos. Tivemos na primeira época do progra a Marc Pastco que facia a sección Bucle donde repasaba as últimas novidades de música alternativa, sempre de libre descarga, mais tarde gustou a idea e ahora converteuse nun programa de unha hora. Tivemos tamén a Miguel Fons e mais do mesmo, dunha sección de novidades pasa a esta temporada a ter un programa propio chamado Paradisc Radioshow, dende Xaén e todos os meses, Dj Freaker traenos un mixtape de 20 min. cargado de novidades. Actualmente colaboran no programa Zana Dj con algun que outro tema do recordo, Christian Soniko cos sonidos mais progresivos e Paula, unha rapaza cun gusto increible polos bos temas, a sua sección chamase Musikaina.

O sábado pasado fixestes un ano, e pasaron artistas como: Dj Botz, Marc Pastco creador do netlabel Mouchonl, Dj Son1c, Eme Dj... Podemos dicir que temos Frecuencia de Baile para moitos anos?

Esperemos!, a verdade e que estou moi contento ca acollida que estamos tendo. Programa a programa vou aprendendo algo novo e quizais é nas entrevistas donde abosorvo mais coñecementos. Ademais dos galegos que xa menciona a pregunta, estou moi orgulloso de falar no programa en varias veces con Darkrow , tamén de xuntar nunha mesma conversa os ex-compoñentes de Soniko db, falar con dj Mou, entrevistar a Milutxo, estar o tanto da nova fornada de djs e productores e poder conversar con eles etc. Xa no ambito nacional supuxo un gran honor poder entrevistar a un dos grandes como é Chimo Bayo, sen duda unha gran persoa e tamén un gran persoaxe que sabe moi ben o que quere a pesar da imaxen que lle colgaron. Tamén foi un parcer poder ter a unha persoa da talla de Dj Chus o telefono.

Cres que a escena da música electrónica esta crecendo na Galiza?

Depende de que parte da electrónica esteamos a falar. Vexo que na parte house e dance están saindo moitos productores novos que van e estan a dar moito que falar, como di un amigo meu, naceron con un pc debaixo do brazo. Por citar a uns cantos temos a Hugo Leivas, Miguel Valbuena, Miguel Fons, Alberto Garcia, Dani Veiga, Oscar Lopez, Luis Vazquez, Marcos Peón, Dj Piñas e Manu GZ, e moitisimos mais que non collen nesta entrevista. Pola parte do espectador, vexo que o público sempre andan demandando determinados artistas ou determinadas festas pero o final o que enchen as pistas son os mesmos persoaxes-productos de sempre . Pola parte mais electronica sempre houbo moi bo público neste recuncho da península e penso que tamén moita mais cultura musical que noutros sub-estilos xa non fixandose tanto no "producto" senon na calidade de quen actua.


Eu non sei ti, pero... noto en falta os megamixs...

Sen duda os que xa temos unha idade botamolos de menos, si. Sei que hai xente que ainda se adica a facelos, pero a verdade e que os que saen nos recopilatorios xa non teñen a mesma gracia nen a mesma xenialidade que os que se facian antes, por exemplo os do Dream Team.

Sabemos que fixeches outro proxecto chamado Zoom Electrónico, que nos podes contar del?

No seu tempo, desto xa fai tres anos, foi un proxecto empezado por un grupo de amigos que notabamos en falta unha web donde nos informasen non solo da electrónica mais pura, do cal xa  habia moitas webs, senon de todos os estilos e tamén das máquinas e sofware que fose saindo. Pois así naceu Zoom Electrónico, un blog donde se publicaron moitisimas noticias, boas e malas, dentro deste extenso estilo que se chama música electrónica, falouse de house, dance, techno, festivais, maquinas, premios, da ruta, novidades... Tamén fixemos un apartado específico para os videos musicais dende os mais recentes ata os remember, este apartado ainda sigue vivo e chámase Clip Electrónico. Pouco a pouco foron aparecendo outros proxectos e foise abandoando pero gardo moi bo recordo del xa que igual que Frecuencia de Baile, so me deu alegrias. Ademais o blog xa non tiña o lugar que ocupaba xa que actualmente e afortunadamente existen moitas webs similares donde poder informarnos, unha das miñas favoritas como non, é Galiza Electrónica, e non é por peloteo ;)

Alguns plans de futuro que nos poidas contar ?

Pois o mais inmediato é a incorporación de Oscar Lopez  como colaborador no programa. Tamén andan moitas cousas en mente relacionadas xa non con Frecuencia de Baile, seno con toda a programación electrónica de Radio Ordes pero eso xa irá sabendose pouco a pouco. Pero un plan nunca falla cada semana, cada sábado a partir das 21h ter o programa en antena e tamén na web (frecuenciadebaile.com)

 

Podedes escoitar os programas dende a páxina web:  frecuenciadebaile.com

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy