Hoxe, 25 de Novembro, é o día internacional da luita contra a violencia de xénero. Escoulleuse este día para conmemorar o asasinato das irmás Mirabal, tres activistas políticas que foron asasinadas á mans da policía segreda na República Dominicana. As cifras de violencia de xénero van baixando ano tras ano pero aínda non é suficiente, temos que seguir traballando por un mundo con plena igualdade para todas as persoas.
Dende aquí queremos poñer o noso pequeno gran de area repasando as importantes mulleres dj´s que podemos atopar no panorama internacional e na nosa terra, para que non se diga que as cabinas son só cousa de homes.
Misstress Barbara:
Seguramente a mais coñecida por todos. Comezou a súa andadura na música sendo batería dun grupo de Heavy-Metal, estudando comunicacións iníciase
na música electrónica interesándose polo house. As súas primeiras actuacións teñen lugar en Toronto e Montreal, cidade na que actualmente riside. Influenciada pola música latina e o jazz, compuxo pezas musicais para diferentes películas.
En 1999 crea o seu propio selo discográfico chamado Relentless Music, mais tarde pasarase a chamar Iturnem. Nestes momentos é cando comeza a ser coñecida por todo o mundo polas súas sesións Techno, no 2004 comeza a interesarse polo house mais deep e ritmos moito mais lentos.
Participou en varios I Love Techno e pechou durante varios anos seguidos o festival de Monegros, facéndose un oco nos corazóns dos amantes dos sons mais duros.
Magda:
Xente como Dan Bell e Claude Young apoiárona, axudárona a sair adiante como DJ e en 1996 o promotor System dalle a súa primeira oportunidade e únese ó colectivo Women on Wax. Ó pouco tempo dáse a coñecer nos clubes de Detroit. 
Case a finais do 2000 decanta os seus sets polos sons minimal, iso fai que Richie Hawtin a convide á festa de fin de ano en Epok o que suporía o comezo da súa nova etapa.
Hawtin e Magda convértense en bos amigos e deciden irse a Berlín, onde se convirtirán ó minimal mais puro e experimental con Minus. É membro do proxecto Stop Restore xunto a Marc Houle e Troy Pierce. Publica as súas produccións no selo de Richie Hawtin (Minus) e é membro do show Contakt.
Nos últimos tempos fíxose aínda mais popular por estas polémicas declaracións: "O minimal-techno é mainstream. A escea está saturada, utilízase demasiado a mesma fórmula, os DJs pinchan todo o mesmo".
Ellen Allien:
A comezos dos noventa iníciase como DJ e consigues as residencias de Bunker, Tresor e E-Werk, ó mesmo tempo ten un show na radio Kiss FM berlinesa
. Colaborou con djs de sons experimentais como Apparat co que ten unha boa relación. Os seus sets son caracterizados por sons techno, electro, minimal e experimental.
Na creación dos seus temas canta ela mesma en varios idiomas, tamén se preocupa dos seus videoclips intentando que cada un sexa arte dixital. O seu traballo mais elaborado e polo que se consolidou mundialmente foi Orchestra Of Bubbles con Apparat en 2006. Con ganas de facer cousas novas crea un subselo chamado Memo Musik.
Actualmente sigue residindo en Berlín e está mais centrada na súa faceta como productora cá de DJ.
Miss Kittin:
Con 22 anos comezou a pinchar en Francia, Moscú e Chicago con Mike Dearborn. Logo coñeceu en Marsella o seu actual gran amigo DJ Hell que s
e interesou por ela e quixo que grabara para o seu selo DJ Gigoló, ela presentoulle o seu tema con The Hacker e os dous sacaron á venda First Album que contiña temas como Frank Sinatra que se convirtiu nun himno do panorama electroclash.
Consolidouse como artista co seu album Miss Kittin on the road cun techno moi experimental, mais tarde deleitaríanos co seu directo en Sonar que foi sacado á venda e que contiña mais temas novos da súa propia colleita.
Actualmente está de xira con The Hacker presentando o seu novo album en conxunto: Two on Tour no que presentarán un directo cas súas novidades, influenciados por un techno minimalista con baixos e melodías electro que ó fin e o cabo é polo que se caracterizan.
A nivel nacional tamén temos un alto nivel de artistas féminas. Hai un colectivo que se adica a reunir a todas as mulleres dj´s españolas a través de myspace para conseguir datas ou simplemente para que uns se coñezan a outras http://www.myspace.com/spaindjanes
Outras mulleres que podemos atopar son:
DJ Lucca http://www.lucca.cz/
DJ Kammy http://www.myspace.com/djkammy
Fatima Hajji http://www.djfatimahajji.com/
Cora Novoa http://www.galizaelectronica.com/web/seccions/entrevistas/249-entrevista-a-cora-novoa
DJ Eme http://www.galizaelectronica.com/web/seccions/entrevistas/215-entrevista-a-eme
Miss Dune http://www.galizaelectronica.com/web/seccions/entrevistas/58-entrevista-a-miss-dune
Iris http://www.galizaelectronica.com/web/seccions/entrevistas/56-entrevista-a-iris



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza