Unha última festa de Oxido sería posible?
Avaliación do usuario: / 12
RuínMellor 
Escrito por Alberto   
Xoves, 17 Decembro 2009 16:02

Falamos con Jesus Del Campo uns dos deejays galegos con maior recoñecemento internacional na música Techno sobre o grupo de Facebook que fixeron fans del para facer unha última festa de "Oxido" unha discoteca en Galiza onde estaba el de residente e marcou un antes e un despois en todos os que viviron esa época.

Que opinas sobre o grupo que fixeron no Facebook para que se volva a
facer unha última festa de Oxido ?

Obviamente é sempre un orgullo que a xente valore o teu traballo, pero ainda o é máis cando iso perdura despois de tantos anos, e che fan ver que fuches responsable de que esa xente siga recordando, comentado e desfrutando de aqueles momentos que lles fixeches vivir. Así que só teño palabras de agradecemento hacia eles por crear ese grupo e de todos os comentarios que o acompañan cada día. Moitas grazas dende aquí!!

Oxido

Sería posible realizar tal evento ?

Eu creo que si, pero tamén manteño que tal e como dixen sempre a xente que me comentaba, pedido ou proposto, só estaría disposto a facer ese evento, no caso de que as condicións técnicas, club, produción etc foran perfectas para iso, xa que si tan importante foi Oxido para todos nós, son dos que pensa que todo o que teña que ver con iso, tamén debería ser importante.

Oxido

Que foi para ti Oxido ?

Para min Oxido foi a etapa máis importante da miña carrera profesional, polo entrañable, intensa, inolvidable e irrepetible que foi dende principio a fin, por ser "a cuna" da cultura da música electrónica en Galicia e ante todo, polo grandísimo recordo que quedou en cada unha das miles de persoas que pasaron algunha vez por alí durante 5 anos, tanto de Galicia como de diversos lugares de España e Portugal. Creo que a mellor proba de iso, é a paixón que transmite a xente cando fala de Oxido, despois de tantos anos e vaia onde vaia cada fin de semana.

Oxido


Algunha anecdota de Oxido que nos poidas contar... ?

Anecdotas en 5 anos e en unha etapa intensa, houbo moitas para cada un dos que o vivimos, por iso prefiro que cada persoa se quede cas suas xunto co resto de grandes recordos. 

 

http://www.jesusdelcampo.com/

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon