Este verán na Galiza espérannos coma nunca antes unha gran cantidade de eventos de música electrónica , pero non queremos quedarnos só cos festivais que se vaian a facer na nosa terra, por iso faremos varios artigos falando das festas que nós recomendamos para que gocedes dunhas boas festas durante estes meses de calor.
Comenzando por orden de data:
LVCVS NOX FESTIVAL
Coincidindo das coñecidas festas de ARDE LVCVS en Lugo, -de gran atractivo turístico- onde a cidade se viste de romana durante uns días, ten lugar este festival cunhas raíces techno moi marcadas.
Actuarán artistas da talla de: Cristian Varela, Dj Murphy, Sino Live! aka Technasia & Dosem, Marko Nastic, Darkrow, Nuke, Daisychain, Dj Stay e Dj Edwar. A venta anticipada da entrada é de 15 € e terá lugar sábado 26 de xuño dende as 20:00 no Pazo de Congresos de Lugo.
Máis información:
http://www.galizaelectronica.com/web/novas/eventos/698-horarios-de-lvcvs-nox-festival
http://www.galizaelectronica.com/web/novas/eventos/646-lvcvs-nox-festival
http://www.lvcvsnoxfestival.com/

FRESH WEEKEND
Este Festival esta causando un gran furor nas redes sociais de internet, e non só para público galego ou xente que escoita regularmente música electrónica. Xa que se vai a celebrar no AQUA PARK de Cerceda en A Coruña os días 2 e 3 de xullo cun cartaz que pode competir con calquera outra festival que se faga a centos de km's, ademais o prezo non está nada mal.
Organizado pola axencia Progeve con experiencia neste sector e Producciones LP45, da coñecida sala de festas de Ordes (A Coruña).
Algúns dos artistas do festival son: FRESHKITOS, HENRY SAINZ, FATIMA HAJJI, DAVE CLARKE, REEKO, OXIA, GROBAS, MARC MARZENIT, DJ HELL e unha longa lista que podes consultar con horarios nesta ligazón.
Máis información:
http://www.galizaelectronica.com/web/novas/musica/677-os-galegos-no-fresh-weekend
http://www.galizaelectronica.com/web/novas/eventos/656-fresh-weekend

VIGO TRANSFORMA
Este evento será un dos máis vangardistas, por non dicir o único ou o primeiro que se celebrará na Galiza destas características. A súa programación comeza o día 2 de xullo e remata o 10. Aínda que o día dos concertos que terán lugar no Porto de Vigo serán os días 9 e 10, os anteriores días haberá diferentes eventos por toda a cidade de Vigo. Podedes obter un breve resumo destas actividades nesta ligazón.
Algúns dos grupos do festival -que pasan dende electro-pop ata pop-indie - son: Eladio y Los Seres Queridos, The Morning Benders, Orbital, Devendra Banhart, The XX, Love Of Lesbian, Miike Snow, Os Mutantes, Fanfarlo, Jeff Tweedy.
O venres día 9 e o sábado día 10 custará 25€, o bono para ambos días é de 40€.
Máis información:
http://www.galizaelectronica.com/web/novas/eventos/703-orbital-sera-o-prato-forte-de-vigo-transforma
http://www.vigotransforma.com/galego/
http://www.galizaelectronica.com/web/novas/eventos/691-vigo-transforma
MONEGROS DESERT FESTIVAL
Unha data para calquer amante das raves que un ano máis terá legar no Desierto de Los Monegros en Fraga (Huesca) o sábado 17 de xullo. Como tódolos anos contará cun cartaz de hip-hop e electrónica, estes son algúns dos artistas: La Mala + Buraka Som Sistema (Live) + Richie Hawtin + Jeff Mills + Luciano + Digitalism + Dave Clarke + Ben Sims + CPV + SFDK + Morodo + Adam Beyer + Technasia (Live) + DJ Rush + Oscar Mulero + Umek + Popof (Live) + Cristian Varela + Frank Kvitta + Pet Duo + Boris S (Live) + OBI Vs Lukas + Eto & Gab + Du Art + Mat Weasel vs Harry Potar aka Roms + Guigoo Narkotek + Maissouille + Matthew Jonson + Otto von Schirach + Reso.
Máis información:
http://www.monegrosfestival.com/
http://www.galizaelectronica.com/web/novas/eventos/658-cartel-completo-de-monegros-2010
http://www.galizaelectronica.com/web/novas/eventos/634-cartel-do-monegros-desert-festival-2010

Super Bock Super Rock Festival en Portugal
A coñecida marca de cervexa Super Bock que cada estase a consumir máis na Galiza fará un festival que non ten ningunha envexa ao cartaz do coñecido ROCK IN RIO, que aínda que o nome leve a palabra ROCK, tanto nun coma noutro, hai carpa de electrónica.
O evento terá lugar o 16, 17 e 18 de Julho na Herdade do cabeço da Flauta, na Praia do Meco.
Algúns dos artistas: Shop Boys, Richie Hawtin, Marco Carola, Magda, Magazino e Laurent Garnier
O prezo é de 40€ por día e 70€ o bono completo de 3 dias con acampada incluída.
Máis información:
http://www.galizaelectronica.com/web/novas/eventos/715-super-bock-super-rock-festival-en-portugal
http://www.superbocksuperrock.net/
PROGRAMACIÓN INDUSTRIA @ VILA NOVA DE CERVEIRA (PORTUGAL)
Dos organizadores do NEO POP MUSIC FESTIVAL, antes coñecido como ANTI POP, chegan as festas na sala INDUSTRIA. (Do festival NEO POP falaremos no seguinte especial)
A programación e do mes de xullo.
Artistas como Miguel Rendeiro, Rui Vargas, Nuno Di Rosso, Magazino e Gaiser serán algúns dos artistas.
Maís información:
http://www.industriacerveira.com/
http://www.neopopfestival.com/




Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza