|
Escrito por Alberto
|
|
Martes, 08 Novembro 2011 23:58 |
|
A semana pasada, cando ía pola rúa, tiven o pracer? de atoparme con varios cartaces que anunciaban unha nova faceta dun coñecido parasito dos programas de televisión que tanto abondan en España. Kiko Rivera, actuaba como Deejay en Discoteca Queen, concretamente o venres 4 de novembro. Obviamente non escribín o artigo antes para non darlle publicidade, non vaia a ser que algún incauto despois de ler este artigo lle picase a curiosidade.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Alberto
|
|
Luns, 17 Outubro 2011 17:23 |
|
Lonxe quedaron aqueles anos onde Tiësto era sinónimo de trance, un estilo que grazas a el fíxose moi coñecido, e sen dúbida algunha, artistas como Armin Van Buuren hoxe en día -tal vez- non terían a relevancia que teñen de non ser por esa persoa, que un día foi o número dun do mundo en diferentes topa. Lonxe quedaron temas como Forever Today, Just Be, UR ou Adagio For String. Lonxe quedou o tempo, no que Tiësto sería o primeiro deejay en actuar nas Olimpiadas de Atenas no 2004.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Lorena Iglesias
|
|
Xoves, 13 Outubro 2011 12:17 |
|

Hai uns días DJ Sneak nunha entrevista dixo textualmente: “A música electrónica evolucionou, pero non da mellor maneira. Lembro que os mellores produtores de música utilizaban os estudios e cada peza de traballo que fixeron foi creada para deixar no tempo o mellor que podían facer. Agora calquera idiota cree que un ordenador o pode convertir en DJ ou produtor.”
As palabras de DJ Sneak non quedaron aí e seguiu criticando a escena sen piedade:
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Lorena Iglesias
|
|
Martes, 27 Setembro 2011 12:15 |
|

Ás veces descubres a artistas por casualidades, investigando... e neste caso foi pola recomendación dun amigo que escoita R&B. Eu, moi desconfiada díxenlle, seguro que non ten que ver con o tipo de electrónica que me gusta pero reiterouse en que tiña que escoitala. Efectivamente, acertou de pleno, púxenme a ver en youtube un par de videos de Katy B e cativoume por completo, unha rapaza a medio camiño entre a electrónica underground e o mainstream, pero sabendo levar os elementos con coherencia.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Lorena Iglesias
|
|
Martes, 23 Agosto 2011 15:29 |
|

Este Luns todos os medios de comunicación facíanse eco da desgracia ocorrida en Xetafe, o falecemento de 2 mozos de 18 anos por indixesta de drogas ó asistir a unha rave. Como era de esperar, as cruzadas contra estes eventos comezaron xa por parte da prensa, poñendo un punto de sensacionalismo e alarmismo sobre a parte da sociedade que non está familiarizada cas raves. Se cadra, con un pouco máis de coñecemento por parte dos medios poderíamos erradicar estas traxedias.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 6 |