Internet e a música electrónica.
A día de hoxe internet é unha ferramenta fundamental na nosa vida cotiá, mercamos infinidade de cousas, facemos papeleos do banco, cursos, quitamos toda clase de información… pero… no referente ó ámbito da música electrónica, ¿cómo afectou Internet
Certo é que a primeira vista supuxo un grande avance xa que podemos estar en todo momento informados das novidades musicais que saen, das actuacións de tódolos nosos artistas favoritos, eventos, selos discográficos, podemos descargar infinidade de sesions e lives dos artistas que máis nos gustan etc.
Pero tamén é certo que desde fai algúns anos a escena electrónica sufriu unha gran decadencia, fai uns 8 ou 9 anos era habitual ir a fin de semana a calquera clube e que estivese cheo de xente, xente que acudía a ver o dj residente que estaba alí cada finde, xente que tiña ganas de que chegase o finde para poder escoitar ese estilo musical que tanto lle gustaba, e que só escoitaba no clube e nunhas poucas cintas e cds que tiña na casa.
Hoxe en día por norma xeral os clubes están baleiros a non ser que actúen grandes dj´s de renome ou sexan clubes céntricos ca sua clientela habitual.
Eu penso que internet puido influir nisto, grazas a internet podemos descargar tódalas sesions que queremos dos nosos artistas favoritos, temos o alcance da man tódalas novivades que queremos…
Só temos que ver que fai anos moitos dj´s cubrían as galletas de moitos vinilos que crían temazos e os cales querian ter en exclusiva, hoxe en dia eso xa ninguén o fai, sería unha tontería xa que ó dia seguinte acudirías a internet e con pouco que buscases xa terías a referencia do disco e xa o poderías estar pinchando o finde seguinte.
Todo isto creo que influíu moito en que se perdera esa maxia por ir cada fin de semana ó clube a escoitar esa música que só escoitabas os venres e os sábados pola noite, hoxe en dia escoitala cando queres.
Por: Adrián http://www.myspace.com/djadriper



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza