HOUSEARTH RECORDS: House de calidade dende Galiza
Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 
Escrito por Housearth   
Mércores, 01 Abril 2009 12:25

Din que polas noites nunha discoteca, as ideas non soen ser boas. Esta é unha desas ideas, que non sabemos se é boa ou non, pero que naceu tra-la cabina dun dj chea de flashes, e da cal sentímonos moi orgullosos.
Fai seis meses, cando se creou este selo galego era todo ilusión; agora segue sendo ilusión, traballo, humildade,…, e máis traballo. En Vigo xurdiu o proxecto, e ésta é a cidade dende a cal Housearth Records mostra ó mundo a súa particular visión acerca da música house.
A filosofía sempre foi unha decidida aposta polo house de calidade, sen atender nin a estilos nin a nomes, e simplemente valorando a música como tal.  Dende o comezo, apostamos por productores que nunca lanzaran ningún traballo, e sobre todo, decidimos apoiar ós productores galegos (Fabián Vázquez –alma máter e manager de Housearth Records-; Jimmy Rodríguez; Óscar López; José María Bará,… e moitos máis valores galegos cos que contaremos en próximos EPs).

Seis meses pódense resumir en cifras (6 EP’s, 33 tracks lanzados,…) e en letras (varios top en moitos charts, apoios dunha gran cantidade de djs e radioshows nacionais e internacionais,…). Dende aquí, tamén rendemos tributo a cidades coma Barcelona, Vigo, Granada, Madrid, París e Sevilla, que dan nome ós nosos EP’s.

O camiño acaba de comezar, e cada día é un novo reto, que o afrontamos con novos traballos. Moi pronto, verán a luz os novos EP’s, así coma novos servizos na nosa páxina web (www.housearthrecords.com), na cal se te rexistras na área VIP terás dereito a información e descargas exclusivas. Tamén podes visitarnos no noso myspace (www.myspace.com/housearthrecords).
Ademáis, os nosos tracks pódelos mercar en junodowload, beatsdigital, dancerecords, djtunes e dancerecords. E se es productor, podes enviarnos os teus traballos a www.housearth.es.
Finalmente, só nos queda agradecer a toda esa xente que nos leva prestando a súa axuda: A&R’s, djs, productores, locutores, e en especial, a Galizaelectronica polo seu apoio incondicional. Moitas grazas a todos, e lembrade que Housearth Records é a porta do house de calidade dende Galiza para o mundo.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy