Repaso polas catro provincias
Avaliación do usuario: / 4
RuínMellor 
Escrito por MARTIN   
Mércores, 01 Abril 2009 16:34
Para celebrar o  noso primeiro ano de vida, ocurriusenos realizar un pequeno repaso polas catro provincias Galegas, para ver de que estado de saúde goza a electrónica na nosa terra.

Aínda que pode que a provincia da Coruña é a que concentre a maior parte das festas de electrónica en Galiza, hai moitas cousas que mellorar, comezando por mellorar a oferta, nestes tempos nos que a demanda non é tan alta como hai uns anos.
Moitos poden ser os factores que afectaron a este “baixón” en canto asistenza a festas se refire. Seguro que a omnipresente crise ocuparía un lugar destacado entre as causas, pero sen dúbida non sería a única.
O pouco interese pola música de moita xente que, iso si, enche moitas veces salas enteiras, débese a que aquí en Galiza non hai, nin creo houbo nunca, unha cultura electrónica. Se procuráramos un culpábel, atoparíamos seguro dous. Por un lado o pouco ou nulo interese da maioría das salas por chegar a ter unha verdadeira cultura electrónica, e si por facer festas nas que gañar cartos; e por outro lado, todos aqueles que pululan polas discotecas sen importarlles que música está soando. Ése é o verdadeiro cáncro. Poucos son os que se moven pola música, e moitos os que o fan pola festa. Se a isto último unimos o dito anteriormente, de que as salas só se preocupan polos cartos, chegamos fácilmente ao punto no que estamos hoxe en día.
Ese punto viría sendo discotecas cun son moi mellorábel e con carteis repetitivos, onde impera o Techno, e a poder ser “do de tódala vida”, ou sexa Benito, Pepo e Varela. Nomes como Robert Hood, Inigo Kennedy ou Grovskopa son uns completos descoñecidos por estas terras. Xa non falemos de estilos como o House Chicago, o electro (de verdade), o Dub… Mera utopía.
De todos xeitos, non todo é malo. Unha das últimas ledicias para tódolos clubbers galegos foi a apertura da discoteca O´Medulio, en Ferrol. E digo ledicia porque alo menos, un pode ver que as intencións son boas. Polo de pronto contan cun son á altura das circunstancias, e as poucas festas que realizaron, foron carteis interesantes e coherentes (que xa é moito). Ademais non abusan co prezo das consumicións e esas cousas. Todo iso lévame a pensar que non están aquí para facerse millonarios, senón para facer festas de música (boa música e en boas condicións) que non quita que non se poda gañar diñeiro. Neste caso en concreto, eles están facendo a súa parte, agora falla que nós fagamos a nosa, e apoiemos iniciativas como esta.
Zeus tamén programou no último ano algunha festa que se salía do normal, e por incultura da xente (porque non ten outro nome), días como ese a sala está baleira. Falo de carteis tan pouco queimados como Octave One + Oliver Ho.
Existen cidades no mundo nas que podes elixir qué música escoitar ese día, cidades con clubs nos que coidan ata o máis mínimo detalle, nos que as súas programacións axudan a crear unha xeración comprometida coa música, e non coa festa.

Dende logo, esa cidade non é A Coruña, aínda que cabe mencionar algún que outro local cunha auténtica filosofía de clube. Estou falando de TeleFunken (propiedade de Dj Ino), o FanZine (antigo Soda, propiedade de Roi & Pablo Cubeiro) polo que nos seus poucos meses de vida pasaron artistas como Gkhan ou Ivan Smoka ou mesmamente o Superclub, que da man de Dj Cuco e San Román, aínda sen ser un clube propiamente dito, traen invitados difíciles de ver, tales como Samuel L.Session, Ludovic Llorca ou Swayzak.


Resumindo, queda moito camiño por percorrer. O que non queda claro é se por parte das salas, que non fan o que deberan, ou dos clubber´s que non apoian o que deberan.
smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy