Pínchalle Galego!
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Escrito por Ernesto   
Domingo, 17 Maio 2009 08:29

Non fai moito había unha campaña de promoción do galego co lema "Fálalle Galego". Dende galizaelectronica aproveitamos o Día Das Letras Galegas para conmemorar e reinvindicar o uso do galego nos distintos ámbitos sociais, entre eles o musical.

Que Galiza pode estar na cima da música con identidade propia non é un soño. Foi unha realidade alá polos anos 80 do século XX, o cal demostra que a nosa terra pode apaixonar tanto a propios coma a foráneos. Daquelas o eixe Vigo - Madrid (cando aínda non había a autoestrada das Rías Baixas) foi unha vía musical innovadora e alternativa á escea dominante.

Restos daqueles tempos gloriosos aínda quedan na cidade olívica, como o actual Vademecum (daquelas chamado Ruralex) ou o Manco na rúa Lepanto, que conserva o seu nome e ten na persoa de Fernando Collazo, o seu DJ residente, un dos máximos exponentes daqueles tempos, e o mellor, dos actuais.

Aínda que a música non coñece de idiomas (tan bo pode ser un tema en inglés coma en castelán ou en galego), o feito é que o predominio do inglés no terreo da electrónica é sinxelamente abrumador. Non resulta fácil atopar temas electrónicos fóra do idioma "mundial." Fai anos non soamente o inglés dominaba a electrónica, senon tamén o pop e en xeral toda a música a nivel internacional. Con desenvolvemento do movemento latino e grazas a artistas que empezaron a despuntar cantando en castelán, o inglés perdeu ese dominio case absoluto... ata chagar a existir incluso uns Grammy latinos. 

Se é certo que resulta difícil atopar temas con letra en galego no ámbito electrónico, non podemos dicir o mesmo dos artistas e DJ's. Non hai máis que darse unha volta polo myspace e ir seguindo o fío dos amigos dalgún DJ que conozcades pa decatarse de que faltar, non faltan. Así pois, despois de todo, a situación non é tan mala como a primeira vista puidera parecer. Nas súas mans, e nas do resto dos artistas está en parte a clave da expansión do idioma nun ámbito que a primeira vista parece non "casar". Unha boa mostra de que si pode casar é que o que se escribe nesta web é galego made in Galiza, e ¡oh! falamos de música electrónica... así que tan incompatibles non deben ser ;-)

En canto á movida citada arriba, aquí se pode ler un bo artigo sobre o tema, aparte da entrada propia que ten na wikipedia.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy