Teño que recoñecer que non son un gran admirador da música House, quen me coñeza ben sabe que o meu é o psytrance ou trance. Pero era o Nglobe, Nglobe Festival, o maior festival de música house endexamais feito na Galiza, e non só na Galiza, estou por apostar que non hai mellores festivais en toda a península con ese estilo de música que teñan un cartel tan grande, e sobre todo que aposten tanto pola canteira, o cal é moi importante. Aquí vai a miña opinión.......
Un pouco de crónica:
Unha vez chegados ao IFEVI ibamos aparcar o coche na Zona Vip (ou zona de prensa, staff.. o termo vip non me gusta demasiado) pero prefirimos estar co resto dos mortais para ver que se cocia no parking, que para min, un festival sen un bo parking escoitando música e quentando motores non é un festival auténtico, ainda que supoño que hai excepecións. Como aínda era cedo as prazas para aparcar sobraban, así que aparcarmos preto da entrada e esperamos que chegaran o resto dos nosos compañeiros, incluso viñeron uns en Microbus dende Ordes! os cales tamén coñeciamos. O ambiente xa estaba feito.
Entramos dentro do recinto, comentar que a seguridade tanto o trato do persoal foi moi bo, persoalmente para ser a primeira vez que o Nglobe fai un festival e como xalle dixen a Rodri Vegas na Zona Vip cando estaba emitindo para Loca FM, a miña valoración era un 11 sobre 10. En xeral o ambiente, non só da organización foi moi bo. Destacatar tamén o son, cunha calidade moi boa que si te puñas preto dos altofalantes parecía que ibas estoupar, fantástico. A iluminación bastante ben tamén, e o único que me gustaría serían máis megratons.
Non vou seguir escribindo mais xa que isto é unha simple opinión, quen queira info sobre o festival que visite a nosa sección de "Reportaxes".
O único que espero é que para o ano teñamos outro Nglobe Festival, e a pesares de que seríamos unhas 5.000 persoas (a ollo) tería estado ben que foramos 10.000



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza