O salario dos DJ´s
Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 
Escrito por Lorena Iglesias   
Martes, 08 Xuño 2010 14:38

Fai unha semana lin un artigo sobre o peche de Fabric nunha páxina clubbing Europea que me fixo reflexionar, o artigo cuestionaba se é a propia escena a que está condenando ó peche dos seus clubes, ou realmente os hábitos dos clubbers e calquer outro factor externo pode  influír en todo isto. Nestes últimos meses non paran de sucederse novas como o peche de clubes e cancelación de festivais. Analizando a situación dos locais, artistas e público, podemos sacar algunhas conclusións.

O primeiro e máis importante, é a figura do DJ. Hoxe en día, contratar un artista internacional con xa un caché recoñecido non baixa dos 6.000 € (esta cifra elévase cando falamos de festival). DJ´s como Carl Cox, Jeff Mills ou Richie Hawtin poden chagar a cobrar uns 20.000 € (ou máis) por sesión, dependendo de certos factores como: horas para actuar, tipo de festa, localización do evento, axencia que o contrata… Clubes como Fabric, programan todos os fines de semana, con DJ´s que veñen cobrando unhas grandes cantidades astronómicas simplemente por pertencer os selos de moda, e é que ágora podes pasar de cobrar 200 € de actuación á cantidades das que fallábamos antes só por publicar en sellos coma M_nus e Cadenza, nestes momentos na cresta da ola. Por outra parte, Fabric, non pode permitirse o luxo de deixar de contratar certos artistas porque senón deixaría de considerarse un dos templos electrónicos.

Chegamos a un momento no que os dj´s están de moda, en calquer inauguración de tenda de roupa poderás ver a algún, os festivais están a orde do día, cun bo ordenador e una controlador MIDI faise máis accesíbel a entrada de nova xente neste mundo e os grandes DJ´s que sempre che aseguran unha boa asistencia de público non baixan dos 10.000 €. Son estas unhas cifras excesivas ou están ben xustificadas? Supoño que é como os xogadores de fútbol, cobran cifras astronómicas por darlle patadas a un balón pero futbolistas como Cristiano Ronaldo e Messi asegúranche un mínimo de goles e partidos disputados onde amortizas os seus salarios. Podemos dicir iso dos DJ´s? Non é a primeira vez que imos a un festival e vemos como o DJ cabeza de cartel e o que máis cobra, que se trae o Live preparado da casa, molestándose en só darlle ó play e agarrando a copa ca outra man, cantos deles non están en condicións psíquicas e físicas para pinchar e fáltanlles ó respeito o seu público? Coma dicía antes, os futbolistas se non cumpren os seus obxectivos pouco a pouco se lles baila o salario, pola contra os DJ´s, facendo sesións sen chispa pero cunha bo axencia que os mova, poden vivir toda a súa vida cun bo caché e vivindo de rendas de temas que fixeron fai décadas.

Os demais factores tamén son importantes, os alugueres dos locais están chegando a cifras altísimas e o público cada vez tende a pagar menos pola cultura e ocio nocturno. Aquí en Galicia temos claros exemplos: Un local con aforo de 500 persoas, ten que pagar un aluguer de 1.500 €, poñendo entradas a 25 ou 20 €… non lle chega para pagar os seus gastos cando queden traer a dj´s de referencias internacionais. Ollo, que tamén se poden faces boas festas con dj´s que cobran cifras normais, que che aseguran un mínimo de público e con moi boa calidade musical e técnica.

Quería facer una reflexión disto, porque sempre escoito por aí que a electrónica morre en Galicia porque a xente xa non vai ás festas, pero cando organizan unha... sáelles rentábel pagar todos eses cartos por moita xente que acuda? Non será que a figura do dj tamén ten que colaborar e baixar as súas pretensión económicas? Cada un é dono dos seus actos, e se hai DJ´s que cobran eses cartos e fan ben o seu traballo, non hai que cuestionarlles nada, o problema ven cando eses cabezas de cartel traen os Lives preparados da casa e a sesión xa cargada no Ableton...

O DJ está de moda, pero os clubes están en decadencia.

Lorena Iglesias

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (1)Add Comment
0
...
escrito por jose luis, June 09, 2010
Moi bo artigo. Sen dúbida algo non funciona, pode ser polos salarios excesivos dos dj's ou polas poucas ganas de pagar por asistir a grandes eventos. Penso que a solución sera facer grandes festas clandestinas, como se facia nos primeiros anos da musica electronica, onde o dj non sexa coñecido, pero si que pinche unha boa musica.smilies/cool.gif

Un saudo, e felicidades pola páxina!!

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy