A historia da Love Parade remóntase ao 1989 en Berlín(1), onde tivo lugar a súa primeira edición con tan só 150 persoas que foi celebrada como unha manifestación a favor da Paz e do entendemento internacional a través da música uns meses despois de que o muro de Berlín fose derribado. Loxicamente cada ano o evento foi a maiores, chegando a asombrosa cifra de 1.600.000 persoas.
Celebrouse en diferentes países, e rapidamente obtivo un recoñecemento mundial moi grande, pois era unha unión cultura, entre persoas de todas as idades e razas, co único obxectivo de pasalo ben. Non cobraban entrada, pois nunca se fixo nun recinto pechado até este ano o cal foi un problema económico(2). A pesar diso o evento seguiuse celebrando varios anos.
Eu nunca tiven a sorte de viaxar até onde queira que fixeran esa unión cultura, pero dende que foi posíbel ver o evento en directo a través da súa páxina web o fixen.
Actuación e Moby na edición do 2008
1.400.000 asistentes nunha cidade de medio millón de habitantes
Esta era a primeira vez que o evento se facía nun recinto pechado, posto que conseguir un recinto para máis de millón de persoas cunhas características técnicas e de seguridade para tanta xente era imposíbel. Hai que ter en conta que na Love Parade diferentes discotecas/clubs teñen o seu propio "camión" onde van persoas e deejays e van facendo o recorrido do evento e nesta edición non se puideron mover pola cantidade de xente que foi.
A cidade escollida foi Duisburgo, que non supera o medio millón de persoas(3), e a festa acudiron máis dun millón de persoas, nun recinto fechado cun único acceso, un túnel.
Como é posíbel, que tendo en conta as anteriores edicións, que superan case sempre o medio millón de persoas cando se fai en Alemaña ou noutros puntos de Europa só houbera unha entrada, e o maior de todo, como é posíbel que o Goberno e as Autoridades Locais competentes autorizaran, a realizar un evento que é ben sabido que supera a povoación de Duisburgo, permitilo nin recinto fechado, cunha única entrada?
A traxedia
Os motivos anteriormente explicados, son suficientes para que un accidente, por pequeno que sexa, nun lugar con tanta xente se produza unha catástrofe.
Segundo información de diferentes medios de prensa, como non se podía entrar no recinto, un grupo de persoas intentaron pasar por unha escaleira de emerxencia que se viu abaixo, producindo varios mortos e unha histeria colectiva, na que falecerían 18 persoas entre elas dúas rapazas españolas que se atopaban de Erasmus(4) e centos de feridos.
O fin da Love Parade
O creador Matthias Roeingh, dixo que a Love Parade nunca máis se volvería a celebrar despois do acontecido, e votou a culpa aos organizadores do evento(5).
Mala organización nos festivais
O de Love Parade non é un caso illado, onde hai acontecementos con tanta xente, por desgraza, algunha vez pasan estas cousas. Moitas veces os organizadores do festival, por falta de tempo, ou por motivos económicos non lle prestan demasiada atención a preparar as medidas de seguridade oportunas para evitar, ou polo menos, intentar ter os medios necesarios en caso de que se produza un accidente.
Recordo cando tivo lugar en na Catedral de Tui un pequeno-festival chamado "TuyTu" que tivo bastante xente unhas 300-400, pois as rúas pequenas de Tui non permitían máis persoas. O escenario do deejay estaba xusto diante da catedral, polo que a xente só tiña dúas entradas/saídas, que pasaban paralelamente polo evento e onde a Guardia Civil ou Policia Local, non logro recordar, non tiveron mellor idea de aparcar o coche no medio dunha entrada, de forma que o acceso era bastante complexo pois non podías pasar ben. Que pasaría se nese momento pasara algo, e axente só puidera correr nunha dirección posto que os axentes bloqueaban unha saída?





Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza