Ecofeminismo con Vandana Shiva no Boom
Escrito por Ana   
Domingo, 27 Xuño 2010 09:25

VSA mañá do 16 de agosto de 1997, unhas 3.000 persoas se xuntaban nunha rave á que chamaron Boom Festival, organizada por God Mood. Fundada por Diogo Ruivo e Pedro Cavallo, God Mood e o Boom Festival foron visións e ilusións compartidas por estes dous mozos e os seus coñecidos mais cercanos. Apoiados por decenas de artistas descoñecidos comezaron a construír unha plataforma colaborativa para crear e desenrolar novas ideas procedentes de xente experimentada en diferentes traxectorias artísticas.

Ler máis...
 
Boom Festival 2010: última fase para adquisición de tickets
Escrito por Ana   
Luns, 12 Abril 2010 00:00

ticket 2010O Boom Festival estará limitado a 26.000 persoas este ano para evitar grandes aglomeracións, feito que a organización considera positivo para potenciar a empatía entre as persoas e favorecer un ambiente máis familiar. A última fase para adquirir tickets acaba de comezar e termina no mes de Xuño. Para os que pensedes en asistir este ano ao festival ésta é a última oportunidade para adquirir tickets online ou a través dos embaixadores delegados*. A organización pretende vender a totalidade de tickets vía online ou a través dos embaixadores que representan cada país no mundo: só no caso de que os 26.000 tickets non sexan vendidos antes do mes de Xullo, os restantes serán postos a disposición en taquilla. Ademais non existe este ano a modalidade de ticket diario, os que queiran asistir 3, 4 ou 5 días, en lugar dos 8, deberán abonar a totalidade do importe. Fontes consultadas por Galizaelectrónica explicábannos que estas limitacións, que poden por en perigo a economía de moitos, son un intento por parte dos organizadores para potenciar a familiaridade entre os asistentes á rave e evitar que persoas alleas á filosofía desta, veñan para só unha ou dúas noites, desestabilizando así a coherencia da unidade que tentan potenciar.

Ler máis...
 
GMS e KIN&THE FOUR ELEMENTS: a próxima gran rave!
Escrito por Ana   
Xoves, 28 Xaneiro 2010 02:22

A praia fluvial da Azambuja recebeu o ano pasado a máis de 2200 tranceros na II Edición de KIN &THE FOUR ELEMENTS, open air rave anual organizada pola promotora portuguesa PSYART. A KIN &THE FOUR ELEMENTS III Edición espera duplicar aforo este ano con promesas de mellor calidade e maior diversidade musical así como o convencimento de poder garantizar  un ambiente repleto de boas vibracións trás o anunciado cartel internacional de luxo con xigantes do trance psy e progresivo como GMS, MASTER MARGHERITE, HYDRA, SPIN, ALTERNATIVE CONTROL, ELEKTRA, KHOPAT, HYBRIS, AZAX SYDROM, ZEN BABOON, MYRAH, PENA, AMBIONS INDAGES, M&MS ANESTETIC, CREATIVE EXPERIENCE e DJ HIGH entre outros.

Ler máis...
 
Boom Festival 2010: tickets á venta xá!
Escrito por Ana   
Domingo, 06 Decembro 2009 00:00

Xa están á venta os primeiros 6.000 tickets online para o Boom Festival 2010. Sairon finalmente as datas definitivas para a súa distribuizón e aquí vos presentamos un resumo. Máis detalles sobre o festival na nosa web en Portugal Rave.

Ler máis...
 
Portugal Sonic Gateway 2010: Festa fin de ano con Skazi ao vivo!
Escrito por Ana   
Sábado, 05 Decembro 2009 00:00

SkaziA Quest4Goa e a Moonblast xuntan-se para fin de ano na producción de un dos máis espectaculares eventos deste ano que pasa en Portugal: SONIC GATEWAY 2010 con SKAZI como convidados especiais. Skazi, dúo israelí formado por Asher Swissa e B - Bass estarán en Portugal o 31 de Decembro como embaixadores internacionais das vibras psycodélicas de todos os rincóns do mundo. Se temos que falar de recoñecidas estrelas internacionais do Psy Trance, sen lugar a dúbida SKAZI ocuparán un lugar privilexiado, da mao de proxectos como Infected Mushroom, Astrix, Dali, Project, GMS entre outros. Participan das mellores raves no mundo incluindo Xapón, Rusia, USA, Alemaña, Israel ou Brasil e nunca defraudan na súa búsqueda experimental. Mais, ¿que fai de Skazi algo especial, digno de se ir ver e danzar?...

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 2