Próximamente na escena psy portuguesa
Escrito por Ana   
Luns, 23 Novembro 2009 00:00
Despois deste pequeniño break aquí estamos de novo con ilusión para continuar a nosa viaxe a través dos inexplorados ainda que fructíferos mundos da escena rave portuguesa. Portugal ven sendo desde hai muitos anos peza fundamental na engranaxe do Trance Psicodélico mundial. Mostra ao mundo  o rosto amavel dun escenario no que os tranceiros disfrutan cómodos tanto nos espazos naturais, de expresión "old school" e orientazón espiritual como da cultura do clube, neste caso e neste estilo promovendo a transformazón radical  do clube tradicional no que se privilexiaba o consumo e a conquista sexual. Pero sería inxenuo pretender delimitar ideolóxicamente algo que chamamos Psy Trance, que abarca de por sí infinidade de estilos e diversos movimentos..
 
E vexamos por exemplo proxectos como Sinergia Summer Camp (http://www.sinergia-summercamp.org) no que o movimento Psy Trance é interpretado como un movimento de criazón de conceitos no campo da música, do arte e da cultura así como do ecoloxismo e finalmente englobador de diferentes estilos musicas do mundo da electrónica: unha soa rave techno, trance e progressive para a mesma tripulazón tan diversa. Resulta surprendente reparar, despois de un vrao completiño en open-air festivais, que a oferta para as próximas semanas neste país irmao segue a estar ben á altura, tornando agora a atenzón ao clube e a raves de curta durazón.
 
Ahí vai para tod@s as psy-viaxeir@s un resumo do que poderemos disfrutar nos próximos dias en Portugal:
 
FlyerFreaky Fiction@ Europe
Desde Abril do 2009 o clube lisboeta Europa transforma espacios cada mércores para a escapada psicodélica. Mer 25 Nov 09, 23:30 ate Xov 26 Nov, 4:00:, Djs: SLASH de Swing, SOUTH VISION de Side Wave Records e JUGGLER de Utopia e Crystal Matrix  Rec, sempre en Cais do Sodré, Rua Nova de Carvalho, Nº18 e de valde. Contacto: 00351965255890.
Dream Factory Sextas Feiras Nov@El Sombrero
En Carcavelos, na praia de Carcavelos, Av Marginal o próximo venres 27 Nov de 23:00 a 6:00, LAB de Devil Minds Records (live) e Djs : WICKED de Serious Jockers, MYZO de Fullmoon Culture e ZEROONE de Dream Factory. 5 euriños. Hotline:  912113287/961379596 (lembrade o prefixo de Portugal: +351).
 
 
flyerFree Party
CREATIVEBRAINS, selo criado por dous experimentados amigos de Peniche, Dj Droporia aka Jordao e Dj Myrk aka Mirita organizan esta festa de valde na que teremos como Lives a BLAZIN NOISE (Budha Mantra Rec), HYDRUS (Twisted Mid Rec), IMPACKTO (creativebrains/spacefriends) e VOODOO (Scared Evil Records) e Djs a DROPORIA (Creativbrains/Spacefriends), MYRK (Creativebrains/Spacefriends), VS SKY (Spacefriends/Nextworld) e ALIEN TT (Creativebrains/Spacefriends).O Sábado 28 Nov de 23:30 a 10:00 en Taskareia, Peniche. Info: 917194752/967053736/919807353.
 
 
 
 
 
flyerTeknologic Way
Os misteriosos SAMAVEDA (http://www.myspace.com/samavedarec), propoñen nesta ocasión no barco Gandufe en Porto Rio, umha experiencia única sobre o río Douro, BONG us X-TIGMA, INTRUDER us GANEISHA, BUNKER JACK us ABSOUNDED e para rematar FLUXO us KAFAR a 5 euros de 23:30 a 7:00 da mañá o próximo sábado 28 Nov. Info: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Con Samavedra faremos un exercicio de retrospección á rave Goa, e poderemos participar dunha atmósfera ben calurosa e inspiradora.
 
 
 
smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy