Boom Festival 2010, aplazada a venta anticipada de tickets
Escrito por Ana   
Xoves, 26 Novembro 2009 00:00

Main Dance Floor

Estamos á espera de confirmar nos próximos días a data de saída de venta de tickets para o Boom Festival 2010. As datas previstas inicialmente tiveron que ser aplazadas por causas externas a organizazón relacionadas con o sistema de pagos que facilita a sua adquisizón a través de internet. Só 26.000 entradas se porán á venta para esta nova edizón do Boom Festival para evitar así pasadas aglomerazóns e a saturazón da infraestructura do festival. Nos primeiros días do Boom 2008, 5000 persoas esperaban impacientes en Lisboa a confirmazón de tickets para asistir a este aclamado festival e referente en todo o mundo do Psy Trance. Muitas máis o fazían ás portas do recinto en Idanha a Nova, no Parque Natural do Tejo Internacional, fermosísimo espazo natural donde o festival se expresa desde o 2002. A maioria destas persoas quedaron decepcionadas sen poder asistir e muitos deles a pesar de ter viaxado durante horas ou de se ter desplazado desde mui lonxe...

 

Finalmente @s psy-viaxeir@s que sí puideron asistir sofriron incomodidades relacionadas con a provisión de auga potavel e outras facilidades así que a organizazón do Boom Festival 2010 quere garantir que o próximo festival se realice nunhas condizóns óptimas, sen grandes aglomerazóns e con unha infraestructura capaz de afrontar con éxito as necesidades de tantos miles de persoas. Para esto, propón a venta anticipada e reduce o número de tickets disponiveis a 26.000. Mantente psico-informad@ en http://www.galizaelectronica.com/web/ sobre a esperada data de saída ademáis da programazón e non perdas o teu lugar nesta apaixoante e internacional experiencia psicodélica:

BOOM FESTIVAL 2010, LAGO DE IDANHA A NOVA. DO 18 AO 26 AGOSTO DO 2010. O flyer do Festival será publicado nos próximos dias e será un flyer interactivo donde terás a oportunidade de acceder directamente a través del á informazón relacionada con o festival e seus participantes. Algúns d@s prestidixitadores musicas xá confirmad@s: SYSTEM 7, ABSOLUM, LUCAS, ACE VENTURA, PERFECT STRANGER, EARTHLING ou REV..

Datas de venta de tickets inicialmente previstas e que sofriron modificazón:

1ª Fase: 2 Novembro-15 Decembro (6000 tickets exclusivamente online-120€) APLAZADA

2ª Fase: 16 Decembro-14 Marzo (10000 tickets, incluidos Boom Ambassador Tickets-150€)

3ª Fase: 15 Marzo-26 Xuño (10000 tickets, incluidos Boom Ambassador Tickets-175€)

Outra posibilidade emocionante de viver esta aventura desde outra óptica é participando na organizazón do evento. O Boom Festival quer ser un organismo vivo integrador de diferentes sensibilidades artísticas, musicais e culturais e oferece a posibilidade a quen o desexe de traballar como persoal voluntario ou contratado. ¿ Que sabes ou gostas de fazer? ¿Queres expresarte e non sabes como ou donde? ¿ Sabes cociñar, bailar, cantar, pintar, modelar, coser, criar, cultivar...? A páxina oficial do festival invita a encher solicitudes desde xá!: www.boomfestival.org/boom2010/ (páxina redactada en inglés CON TRADUCTOR INCORPORADO).

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy