A Quest4Goa e a Moonblast xuntan-se para fin de ano na producción de un dos máis espectaculares eventos deste ano que pasa en Portugal: SONIC GATEWAY 2010 con SKAZI como convidados especiais. Skazi, dúo israelí formado por Asher Swissa e B - Bass estarán en Portugal o 31 de Decembro como embaixadores internacionais das vibras psycodélicas de todos os rincóns do mundo. Se temos que falar de recoñecidas estrelas internacionais do Psy Trance, sen lugar a dúbida SKAZI ocuparán un lugar privilexiado, da mao de proxectos como Infected Mushroom, Astrix, Dali, Project, GMS entre outros. Participan das mellores raves no mundo incluindo Xapón, Rusia, USA, Alemaña, Israel ou Brasil e nunca defraudan na súa búsqueda experimental. Mais, ¿que fai de Skazi algo especial, digno de se ir ver e danzar?...
Esta parella, que estando formada previamente na escena local punk e hardcore israelí, combina riffs de guitarra e sonidos de techno hardcore. Son orixinais e muito enerxéticos; si se pode falar de subxéneros no Trance, eles teñen tamén sen dúbida inventado un: o Psycore. Ainda que encaixan naturalmente no estilo Psy, tamén comparten muitos elementos con o Hard House e o Techno. Pero é que ademáis de Skazi, os herdeiros das tolas raves Hologhrafic, teñen pensado nesta ocasión surprender a toda unha xeneración de electrónic@s e trazen en vivo tamén os internacionais: ABOMINATION (Israel/presentación 3º albume), FILTERIA (Suiza/presentación novo albume "Daze of our lives"), OUTER SIGNAL(Israel/presentación novo albume "Fabrik of Space") e AES DANA (Francia), e portugueses MENOG, KHAOS SEKTOR, ALIENN (presentación novo albume "Cosmic Matter") PHOTONIK e muit@s mais. Bótalle un ollo á páxina web de Quest4Goa: www.quest4goa.com. Tamén: www.moonblast.org.
RAVE FIN DE ANO SONIC GATEWAY 2010
Con fogos artificiais e o tradicional doce portugués Bolo de Rei. Fruta de mañá para remontar enerxias.
Donde? ALMEIRIM, FAZENDAS DE ALMEIRIN, HERDADE DA CALHA DO GROU (nesta website: http://www.omium.org/goagil2006.htm, que foi feita para unha rave do 2006 encontraredes unha explicación muito detallada de como chegar a o lugar).
Como chegar? Segue o rastro dos cougumelos
Info: 351 938676705/351 967703249
Prezo: 25€
Hrs: 22H sen hora de terminar estimada.......
E ademais...

Para @s que non poidades esperar ate o 31 de Decembro e sintades a chamada do baile, nesta apetecivel ponte atención a OBLIVION CRUZADERS, outra rave sobre as augas do Douro en PORTO RIO no Porto este luns 7 de decembro. Cos cavaleiros sónicos: KHAOS SEKTOR, LAB E XAMA CIRKUS. Infos: 351 938676705 ou www.quest4goa.com.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza